Blogia
vgomez

DOCENCIA

A MULTIPLICACIÓN, SEGUNDO O MÉTODO ABN

 

Hai días, falamos do método ABN (Método do Algoritmo Basado en Números) nas matemáticas, unha nova forma de ensinar que permite aos alumnos operar comprendendo o que están a facer, chegar ao cálculo mental de forma sinxela e natural e aumentar a súa capacidade de resolución de problemas. O seu autor é Jaime Martínez Montero, mestre e doutor en Filosofía e Ciencias da Educación.

Xa vimos a suma, a resta, a sumirresta e hoxe farémolo coa MULTIPLICACIÓN.

BANDEIRAS DO MUNDO LVII

Esta é a bandeira de Nepal (República Federal Democrática de Nepal/संघीय लोकतान्त्रिक गणतन्त्र नेपाल), un país sen saída ao mar de Asia meridional. A súa poboación rolda os 28 millóns de habitantes, sendo a súa capital é Katmandú O idioma oficial é o nepalés.

A bandeira, única dun estado soberano que non ten forma cuadrangular, é unha combinación simplificada de dous pendóns sinxelos. A súa cor vermella escarlata é a cor dos rododendros, a flor nacional do país. O vermello é tamén o signo da vitoria na guerra. O azul representa á paz.

FONTE: gal.wikipedia.org e datosmacro.expansion.com

SUMIRRESTAS, SEGUNDO O MÉTODO ABN

 

Seguimos coñecendo o método ABN (Método do Algoritmo Basado en Números) nas matemáticas, unha nova forma de ensinar que permite aos alumnos operar comprendendo o que están a facer, chegar ao cálculo mental de forma sinxela e natural e aumentar a súa capacidade de resolución de problemas. O seu autor é Jaime Martínez Montero, mestre e doutor en Filosofía e Ciencias da Educación.

Xa vimos a suma e a resta. Hoxe a SUMIRRESTA.

BANDEIRAS DO MUNDO LVI

Esta é a bandeira de Malasia (Malaysia), un país do sueste asiático, constituído pola península Malaia e máis pola Malaisia oriental, no norte de Borneo. A súa poboación rolda os 32 millóns de habitantes, sendo a súa capital é Kuala Lumpur. O idioma oficial é o malaio.

A bandeira, cun deseño é moi semellante á bandeira dos Estados Unidos, conta con franxas horizontais do mesmo tamaño de cor vermella e branco e un cuadrante de cor azul no cantón. As franxas vermellas e brancas suman catorce e simbolizan o trece estados federados malaios e a federación malaia. No cantón aparecen un crecente (lúa crecente), un símbolo islámico, e unha estrela de catorce puntas que representa, como as franxas, os estados malaios e a federación que forman. Tanto o crecente como a estrela son de cor amarela, símbolo da monarquía de Malasia.

FONTE: gal.wikipedia.org e datosmacro.expansion.com

BANDEIRAS DO MUNDO LV

Esta é a bandeira de Letonia (República de Letonia/Latvijas Republika), un país da Europa do norte localizado na rexión báltica e mebro da UE. Conta cunha poboación que rolda os 2 millóns de habitantes, sendo a súa capital Riga. O dioma oficial é o letón.

A bandeira está composta por tres franxas, a superior e a inferior son de cor granate e a central, branca. O granate simboliza o sangue derramado durante a loita pola independencia e a liña branca representa a xustiza, a verdade e a honra.

FONTE: gal.wikipedia.org e simbologiadelmundo.com

A RESTA, SEGUNDO O MÉTODO ABN

 

Hai uns días, falamos do método ABN (Método del Algoritmo Basado en Números) nas matemáticas, unha nova forma de ensinar que permite aos alumnos operar comprendendo o que están a facer, chegar ao cálculo mental de forma sinxela e natural e aumentar a súa capacidade de resolución de problemas.

Se daquela falamos da suma, hoxe farémolo da RESTA.

BANDEIRAS DO MUNDO LIV

Esta é a bandeira de Kirguizistán (República Kirguisa/Кыргыз Республикасы/Kırgız Respublikası), un país montañoso de Asia central, sen saída ao mar, que formou parte da extinta URSS. Conta cunha poboación que rolda os 5 millóns de habitantes, sendo a súa capital Biskek. Os diomas oficiais son o kirguís e o ruso.

A bandeira é un pano vermello no que aparece representado, na súa parte central, o sol coa súa superficie rasgada por seis trazos da mesma cor que o fondo da bandeira. O sol amarelo representa a Timür Leng, un famoso guerreiro de Asia Central que formou un imperio no século XIV. As seis liñas vermellas que rachan o sol representan a seis cofrarías que apoiaron a este guerreiro. O fondo vermello (que representa o valor e a coraxe) é unha homenaxe a Atila, rei dos hunos, pobo que tivo a súa orixe no que hoxe é Kirguizistán.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO LIII

Esta é bandeira de Xordania (Reino Haxemita de Xordania/المملكة الأردنّيّة الهاشميّة), chamado Transxordania ata 1950, un país de Asia localizado na rexión do Oriente Medio. Ten una poboación que rolda os 10 millóns de habitantes, sendo a súa capital Amán. O idioma oficial é árabe.

A bandeira consiste en tres franxas horizontais do mesmo tamaño (negro, branco e verde), unidas cun triángulo vermello situado no bordo máis próximo ao mastro. As colores das franxas horizontais simbolizan o Califato Abbasí, o Califato da Dinastía dos Omeias e o Califato Fatimí. O triángulo vermello representa a dinastía Haxemí que reina no país e tamén figurou na bandeira da rebelión árabe. No interior do triángulo rubio está situada unha estrela branca de sete puntas que é a única diferenza que distingue a bandeira de Xordania da que foi usada durante a rebelión. A estrela ten un dobre significado: as sete puntas simbolizan os sete versos da primeira sura do Corán e tamén é un elemento que fai alusión á unidade dos pobos árabes.

FONTE: gal.wikipedia.org