Blogia
vgomez

DOCENCIA

BANDEIRAS DO MUNDO LII

Esta é bandeira de Iraq (República de Iraq/جمهورية العراق), é un país de Asia Occidental. Ten una poboación que rolda os 38 millóns de habitantes, sendo a súa capital Bagdad. O idioma oficial é o árabe e o kurdo.

A bandeira consiste de tres bandas horizontais iguais en cor vermello a superior, branca a intermedia e negra a inferior. No centro da banda branca atópase unha inscrición en caligrafía cúfica da frase Allahu Akbar, que significa "Alá é grande". O vermello representa a valentía, o branco a xenerosidade, o negro a vitoria, e o verde é a cor tradicional do Islam.

FONTE: gal.wikipedia.org e simbologiadelmundo.com

BANDEIRAS DO MUNDO LI

Esta é bandeira de Hungría (Magyarország), un país, sen litoral, de Europa Central. Ten una poboación que rolda os 10 millóns de habitantes, sendo a súa capital Budapest. O idioma oficial é o húngaro.

A bandeira está dividida en tres franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor vermella, branco e verde. A cor vermella indica forza, fe o branco, e o verde o máis antigo para a esperanza.

FONTE: gal.wikipedia.org e simbologiadelmundo.com

BANDEIRAS DO MUNDO L

Esta é a bandeira Xeorxia (საქართველო), un país situado no límite entre Asia e Europa localizado na costa do mar Negro, ao sur do Cáucaso, que se independizou da Unión Soviética, tras ser a República Socialista Soviética de Xeorxia. Conta cunha poboación que rolda os 4 millóns de habitantes, sendo a súa capital Tiflis. O idioma oficial é xeorxiano.

A bandeira é cor branca cunha cruz vermella na súa parte central que a divide en cuadrantes e con catro pequenas cruces vermellas por cada cuadrante. A cor branca simboliza a sabedoría, a limpeza, a inocencia (pureza) A cor vermella simboliza a valentía, o valor, o amor e a xustiza. A Cruz rectangular representada na bandeira as catro pequenas cruces nas esquinas no fondo de prata (branco) son o símbolo cristián, que representa Xesucristo o Salvador e os catro evanxelistas, respectivamente.

FONTE: gal.wikipedia.org e ecured.cu

BANDEIRAS DO MUNDO XLIX

Esta é a bandeira de O Salvador (República do Salvador) o país máis pequeno e máis densamente poboado de América Central, ubicado no litoral do océano Pacífico. Conta cunha poboación que rolda os 6,5 millóns de habitantes, sendo a súa capital San Salvador. O seu idioma oficial é o español.

A bandeira consiste en tres franxas horizontais iguais, azuis as extremas, representando os dous océanos que bañan Centroamérica: o Atlántico e o Pacífico; e branca a central, representando a paz. No centro atópase o escudo nacional.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XLVIII

Esta é a bandeira de Camerún (República de Camerún/République du Cameroun), un país da África central. Conta cunha poboación que rolda os 22 millóns de habitantes, sendo a súa capital Yuandé. Os idiomas oficiais son o francés e o inglés.

A bandeira está formada por tres franxas verticais de distintas cores, sendo verde a máis próxima á hasta, vermella a central e amarela as máis afastada da hasta, cunha estrela amarela na franxa central. A franxa central vermella representa a unidade e a estrela é coñecida como a "estrela da unidade". A franxa amarela simboliza o sol e a sabana do norte do país, mentres que a franxa verde representa ás selvas do sur de Camerún.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XLVII

Esta é a bandeira de Barbados, un dos trece países que forman a América Insular, Antillas ou Illas do Caribe. Conta cunha poboación que rolda os 282.000 habitantes, sendo a súa capital Bridgetown. O idioma oficial é o inglés.

A bandeira consiste nunha tricolor de dúas bandas verticais azul mariño separadas por unha dourada no medio. A banda dourada ten un tridente negro, que simboliza a independencia de Barbados do Reino Unido, e cada punta do tridente representa a cada un dos puntos da democracia (o Goberno de, por e para o pobo). As bandas azuis simbolizan ao Océano Atlántico e ao azul do ceo, e a dourada á area das praias barbadenses.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XLVI

Esta é a bandeira de Alemaña (República Federal de Alemaña/ Bundesrepublik Deutschland), un país centroeuropeo e membro da UE. Conta cunha poboación que rolda os 83 millóns de habitantes, sendo a súa capital Berlín. O seu idoma oficial é o alemán.

A bandeira consta de tres franxas horizontais de igual tamaño en cores negro, vermello e dourado. As cores foron tomadas orixinalmente dos uniformes que usaban os soldados alemáns nos tempos das guerras napoleónicas do século XVIII, que se caracterizaban por ser un traxe negro, con botóns dourados e decoracións vermellas.

FONTE: gal.wikipedia.org e dusseldorf-lleva-umlaut.com

BANDEIRAS DO MUNDO XLV

Esta é a bandeira de Cimbabue (República de Cimbabue/Republic of Zimbabwe), un país ao sur de África que anteriormente chamábase Rodesia. Conta cunha poboación que rolda os 16 millóns de habitantes, sendo a súa capital Harare. Os idiomas oficiais son o inglés e o shona.

A bandeira está formada por sete franxas horizontais, coas cores verde, amarelo, vermello e negro cun triángulo branco que contén unha estrela vermella de 5 puntas cun paxaro de Cimbabue. O Paxaro de Cimbabue, simboliza a historia do país, está representado como unha estatua, dado que se atopou así nas ruínas do Gran Cimbabue. A estrela vermella a loita revolucionaria, o triángulo branco a paz, e as franxas de cores: o verde, a agricultura e as áreas rurais do país; o marelo, a riqueza mineral de Cimbabue; o vermello, o sangue derramado nas guerras pola liberación e o negro, o patrimonio das etnias nativas africanas.

FONTE: gañ.wikipedia.org