Blogia
vgomez

DOCENCIA

BANDEIRAS DO MUNDO LXIV

Esta é a bandeira de Djibuti (República de Djibuti/جيبوتي Jībūtī), un país situado no Corno de África. Conta cunha poboación que rolda os 850.000 de habitantes, sendo a súa capital Djibuti. Os idiomas oficiais son o árabe e o francés.

A bandeira está formada por dúas franxas horizontais de igual anchura, sendo azul a superior e verde a inferior, cun triángulo isósceles de cor branca no lado do hasta cunha estrela vermella de cinco puntas no seu centro. As cores poden ser interpretados como a terra (verde), o ceo e o mar (azul), e a paz (branco) coa estrela vermella representando a unidade.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XLIII

Esta é a bandeira de Venezuela (República Bolivariana de Venezuela), un país situado na parte setentrional de América do Sur, constituído por unha banda continental e por un gran número de illas pequenas e illotes no mar Caribe. Conta cunha poboación que rolda os 28 millóns de habitantes, sendo a súa capital Caracas. O idioma oficial é o español.

A bandeira está formada polas cores amarelo, azul e vermello, en franxas iguais e horizontais e, no medio do azul, oito estrelas brancas de cinco puntas, colocadas en arco. O amarelo representa a nobreza, magnanimidad, poder, amor, soberanía, esplendor e constancia. O azul representa a xustiza, perseveranza e lealdade. O vermello representa a grandeza, fortaleza, honra, valentía e intrepidez. As estrelas: representan as provincias de Caracas, Cumaná, Barcelona, Barinas, Guayana, Margarita, Mérida e Trujillo.

FONTE: wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XLII

Esta é a bandeira de Uganda (República de Uganda/RepuJamhuri ya Uganda), un país situado na África oriental. Conta cunha poboación estimada que rolda os 43 millóns de habitantes, sendo a súa capital Kampala. Os idiomas oficiais son o suahili e o inglés.

A bandeira consta de seis franxas horizontais alternadas de negro, amarelo e vermello, cun disco branco central no que se encontra un grou. As tres cores son representativas das xentes de África (negro), o sol africano (amarelo) e a irmandade africana (o vermello sendo a cor do sangue, que conecta aos africanos). O grou que aparece no centro é a avenacional, de nome científico Grus grus.

FONTE: gal.wikipedia.org e en.wikipedia.org

A SUMA SEGUNDO O MÉTODO ABN

 

As matemáticas dividiron tradicionalmente á sociedade en dous bandos: aqueles a os que lles resultan máis fáciles as «letras» e os que, en cambio, decántanse por «os números». Unha materia tan complexa e específica como as matemáticas foron sempre o cabalo de batalla dos profesores, pero sobre todo, dos alumnos.

Foi a necesidade de facelas máis motivadoras, fáciles e conectadas cos nenos o que levou a Jaime Martínez Montero (Inspector de Educación desde 1977. Foi Profesor Asociado da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Cádiz. Mestre e doutor en Filosofía e Ciencias da Educación) a impulsar un novo método. Trátase do método ABN, isto é, aberto e baseado en números (non en cifras), contraposto aos clásicos algoritmos pechados de toda a vida. Unha nova forma de ensinar que permite aos alumnos operar comprendendo o que están a facer, chegar ao cálculo mental de forma sinxela e natural e aumentar a súa capacidade de resolución de problemas.

Aqui tes a suma mediante iste método.

BANDEIRAS DO MUNDO XLI

Esta é a bandeira de Tanzania (República Unida de Tanzania/Jamhuri ya Muungano wa Tanzania), un país da África Oriental. Conta cunha poboación que rolda os 50 millóns de habitantes, sendo a súa capital Dodoma. O idioma oficial e o suahili e inglés.

A bandeira está dividida diagonalmente por unha banda negra con reberetes amarelos. O triángulo superior é verde e o triángulo inferior, azul. O verde representa a vexetación presente no país, o amarelo representa os ricos depósitos minerais existentes no país, o negro representa a cor da pel dos tanzanos e o azul representa os numerosos lagos e ríos, así como ao Océano Índico.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNXO XXXX

Esta é a bandeira da Federación de San Cristovo e Neves/Federation of Saint Christopher and Nevis, un país do Caribe, formado por estas dúas illas. Conta cunha poboación que rolda os 55.000 habitantes, sendo a súa capital Basseterre. O dioma oficial é o inglés.

A bandeira está dividida en dúas metades por unha banda situada na súa diagonal ascendente (dende o lado do mastro). Ten as cores do panafricanismo: a metade superior é de cor verde, a inferior é vermella e a banda é de cor negra con bordos amarelos. No interior da banda figuran dúas estrelas brancas de cinco puntas que están desprazadas cara os bordos. A cor verde representa a fertilidade da terra, o vermello a loita contra o colonialismo, o negro simboliza os vencellos con África e o amarelo a luz do sol.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XXXIX

Esta é a bandeira da República Centroafricana/Ködörösêse tî Bêafrîka), un país sen litoral ubicado na África central. Conta cunha poboación que rolda os 4,5 millóns de habitantes, sendo a súa capital Bangui. Os idiomas oficias son o sango e o francés.

A bandeira consta de catro franxas horizontais de cores: azul, branco verde e amarelo. Verticalmente e centrada, unha franxa vermella atraveas as anteriores. Sobre a primeira franxa (azul), na parte esquerda, hai unha estrela amarela de 5 puntas. A cor vermella simboliza o sangue do pobo centroafricano, que foi derramada para darlle a independencia e que verquiron para defender o seu país, a cor azul representa o ceo e a liberdade, a cor branca representa a paz e a dignidade, a cor verde representa a esperanza e a fe, a cor amarela representa a tolerancia e a estrela amarela da independencia simboliza un futuro brillante.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XXXVIII

Esta é a bandeira de Paquistán (República Islámica de Paquistán/اسلامی جمہوریۂ پاكستان), un estado de Asia Meridional. Conta cunha poboación que supera os 200 millóns de habitantes, sendo a súa capital Islamabad. Os idiomas oficiais son o urdu e o inglés.

A bandeira consiste nun campo verde escuro, representando a maioría musulmá do país, cunha faixa branca no lado do mastro, representando as minorías relixiosas. No centro, hai unha lúa crecente branca, representando progreso, e unha estrela de cinco puntas, representando luz e coñecemento.

FONTE: gal.wikipedia.org