Blogia
vgomez

DOCENCIA

BANDEIRAS DO MUNDO XXXVII

Esta é a bandeira de Nauru (República de Nauru/Ripublik Naoero ), un estado de Micronesia, situado no océano Pacífico central, que comprende unha soa illa xusto ao sur do ecuador. Conta cunha poboación que rolda os 11.000 habitantes e a súa capital é Yaren. Os idiomas oficiais son o nauruano e o inglés.

A bandeira é azul cunha delgada banda amarela que a divide horizontalmente en dúas partes iguais e que simboliza o Ecuador. Unha estrela grande de doce puntas do lado inferior esquerdo simboliza as doce tribos orixinais de Nauru. A posición da estrela simboliza a posición xeográfica da illa con respecto ao Ecuador, 42 quilómetros ao sur deste, e a súa cor, o branco, representa o fosfato, fonte de riqueza da illa.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XXXVI

Esta é a bandeira de Madagascar (República de Madagascar/Repoblikan’i Madagasikara), unha illa e nación no océano Índico, afastada da costa sueste de África, separada pola canle de Mozambique. Conta cunha poboación, estimada, de 18 millóns de habitantes, sendo a súa capital Antananarivo. Os idiomas oficiais son o malgache e o francés.

A bandeira consta de dúas franxas horizontais do mesmo tamaño, a superior vermella e inferior verde, e unha vertical no lado do hasta de cor branca. As cores representan a historia de Madagascar, o seu desexo de independencia e as súas clases tradicionais. O vermello e o branco eran as cores do Reino de Merina, que sucumbiu ante Francia en 1896. Eran empregados na bandeira da última monarca de Merina, a raíña Ranavalona III. Poden indicar as orixes étnicas do pobo malgaxe no Sueste Asiático. O verde era a cor dos Hova, a clase predominante de campesiños plebeos, que desempeñou un importante papel na axitación contra Francia e no movemento de independencia.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XXXV

Esta é a bandeira de Lesoto (Reino de Lesoto/Muso oa Lesotho), un estado situado no sur de África e encravado dentro de Suráfrica, membro da mancomunidade de nacións británica, este país era coñecido antes como Basutolandia. Conta cunha poboación que rolda os 2 millóns de habitantes e a súa capital é Naseru. Os idiomas oficiais son o sesoto e inglés.

A bandeira está composta por tres franxas horizontais de cor azul, branca e verde cun chapeu tradicional da etnia basotho en cor negro situado no centro. O azul simboliza a chuvia fertilizante, o branco a paz e o verde a prosperidade. O negro do chapeu simboliza a unidade da nación.

FONTE: gal.wikipedia.org e comprar-banderas.com

BANDEIRAS DO MUNDO XXXIV

 

Esta é a bandeira de Kenya (República de Kenya/Jamhuri Ya Kenya), un país da África Oriental. Conta cunha poboación que rolda os os 46 millóns de habitantes, sendo a súa capital Nairobi. Os idiomas oficiais son o suajili e o inglés.

A bandeira consta de tres franxas, de igual tamaño, coas cores negra, vermella a negra. Dous ribetes, de cor branca, separan as franxas anteriores. No centro un escudo e dúas lanzas. As cores simbolizan a maioría étnica de Kenya (negro), o sangue derramado durante a loita pola liberdade (vermello), e a riqueza natural (verde). Os ribetes brancos simbolizan a paz e a unidade. O escudo tradicional Masái (negro, vermello, branco) e as dúas lanzas simbolizan a defensa da liberdade.

FONTE: gal.wikipedia.org e significados.com

BANDEIRAS DO MUNDO XXXIII

Esta é a bandeira de Xapón (Estado do Xapón/日本国), un país insular situado no Extremo Oriente asiático. Conta cunha poboación que rolda os 126 millóns de habitantes, sendo a súa capital Toquio. O idioma oficial é o xaponés.

A bandeira está constituída por un círculo vermello no medio dun fondo rectangular branco. O disco vermello no medio da bandeira representa á deusa do sol Amaterasu, fundadora de Xapón e antepasada dos emperadores do devandito país. De feito, o primeiro emperador de Xapón coñecido como Jimmu é considerado o fillo do sol. A cor branca da bandeira simboliza a honestidade, a integridade e a pureza do pobo xaponés.

FONTE: gal.wikipedia.org e significados.com

BANDEIRAS DO MUNDO XXXII

Esta é a bandeira de Indonesia (República de Indonesia/Republik Indonesia), un extenso país insular do sueste asiático. Conta cunha poboación que rolda os 240 millóns de habitantes e a súa capital é Iacarta. O idioma oficial é o indonesio.

A bandeira está composta por dúas franxas de iguais dimensións, sendo a superior de cor vermella, que significa valor, e a inferior branco.  significa valor. El color blanco significa pureza, que significa pureza.

FONTE: gal.wikipedia.org e sitographics.com

BANDEIRAS DO MUNDO XXXI

 

Esta é a bandeira de Honduras (República de Honduras), un país de América Central. Conta cunha poboación que rolda os 9 millóns de habitantes, sendo a súa capital Teguacigalpa. O idioma oficial é o español.

A bandeira consta de tres franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor azul (azul  turquesa) as exteriores e branca a central. No centro, dentro da franxa branca, figuran cinco estrellas azuis (turquesa) que simbolizan aos cinco países que formaron a antiga federación centroamericana e o ideal da unión de Centroamérica. As franxas azuis simbolizan o ceo hondureño, os xenerosos ideais e o amor fraternal que os une do mesmo xeito que a xustiza, a lealdade, a fraternidade, a fortaleza, a dozura, o valor, o océano Atlántico e o océano Pacífico que bañan as costas do leste e o oeste do país, respectivamente, do mesmo xeito que as de Centroamérica. A franxa branca simboliza a meta onde deben dirixirse as boas accións do patriotismo nacional, a pureza, a integridade, a fe, a obediencia, a paz, a firmeza, a vixilancia, a bondade e a nación.

FONTE: wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XXX

Esta é a bandeira de Gambia (República de Gambia/Republic of the Gambia), un país da África occidental. Conta cunha poboación que rolda os 1,9 millóns de habitantes, sendo a súa capital Banjul. O idioma oficial é o inglés, convivindo co mandingo, fula, wólof, jola e soninké.​

A bandeira consiste en tres barras horizontais de cor vermella, azul e verde. As cores están separadas por franxas brancas. O vermello na parte superior simboliza o sol e a sabana. No centro, a color azul representa o río Gambia que cruza a nación. O verde simboliza a terra e os bosques. As franxas brancas representan a paz.

FONTE: gal.wikipedia.org