Blogia
vgomez

DOCENCIA

BANDEIRAS DO MUNDO XXIX

 

Esta é a bandeira de Finlandia (República de Finlandia/Suomen Tasavalta), un país membro da Unión Europea desde e situado ao nordés de Europa. Conta cunha poboación que rolda os 5,5 millóns de habitantes, sendo a súa capital Helsinqui. Os idiomas oficiais son o finés e o sueco.

A bandeira componse dunha cruz azul sobre un fondo branco. A cor azul simboliza os lagos e o ceo; e a cor branca representa a neve e o ceo das noites de verán.

FONTE: wikipedia.org e biginfinland.com

BANDEIRAS DO MUNDO XXVIII

Esta é a bandeira de Exipto (República Árabe de Exipto/جمهورية مصر العربية), un país situado no nordeste de África e na península do Sinaí no continente de Asia. A súa poboación rolda os 99 millóns de habitantes e a capital é O Cairo. O idioma oficial é o árabe e o árabe exipcio.

A bandeira é tricolor consistente en tres franxas horizontais do mesmo tamaño: vermella, branca, a intermedia, e negra. Tamén conta no centro o emblema nacional, a Aguia de Saladino, no que está escrita a lenda en árabe: جمهورية مصر العربية (Gumhūriyyat Miṣr al-ʿArabiyyah, República Árabe de Exipto). A cor vermella alude á historia do país, o branco representa a Revolución de 1952 que permitiu a deposición incruenta do rei Farouk I e que acabou coa definitiva proclamación da República tras derrocar a Fuad II ao ano seguinte. A cor negra simboliza a final da opresión que exerceu o colonialismo británico sobre o pobo exipcio.

FONTE: gl.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XXVII

 

Esta é a bandeira de Dominica (Mancomunidade de Dominica/Commonwealth of Dominica), unha illa e país do Mar Caribe. Non debe ser confundida coa República Dominicana, outro país caribeño. Conta cunha poboación que rolda os 75.000 habitantes, sendo a súa capital Roseau. O idioma oficial é o inglés.

A bandeira é un pano verde con tres bandas unidas en forma dunha cruz de San Jorge (amarelo, negro e branco de esquerda a dereita na barra vertical e de arriba abaixo na horizontal). No centro, unha circunferencia vermella cun papagaio sobre unha rama, rodeado por dez estrelas verdes. O verde simboliza a vexetación, o amarelo, ós indíxenas, o branco, á auga, e o negro, á terra. As dez estrelas rodean a un papagaio sisserou (Amazona imperialis), nativo da illa, representan as dez parroquias que hai nela.

FONTE: es.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XXVI

 

Esta é a bandeira de Camboxa (Reino de Camboxa/ព្រះរាជាណាចក្រកម្ពុជា), un país asiático situado en Indochina. Conta cunha poboación que rolda os 16 millóns de habitantes, sendo a súa capital Nom Pen. O idioma oficial é o khmer.

A bandeira está formada por tres franxas horizontais sendo a central, de cor vermella, o dobre de ancha que as outras dúas de cor azul. No centro da franxa vermella sitúase unha representación en cor branca da entrada principal ao templo de Angkor Wat con tres torres. As franxas azuis representan a dignidade, a raia vermella representa á nación, e a cor branca refírese á forza da relixión.

FONTE: gl.wikipedia.org e banderas-mundo.es

BANDEIRAS DO MUNDO XXV

 

Esta é a bandeira de Bangladés (República Popular de Bangladés/গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশ), un estado da Asia Meridional, localizado no fértil delta do Ganxes. Conta cunha poboación que rolda os 170.000 habitantes, sendo a súa capital Daca. O idioma oficial é o bengalí.

A bandeira consta dun campo verde que representa a abundancia das terras do país e dun círculo vermello desfasado do medio de tal xeito que ao ondear a bandeira apareza centrado, e que representa o sol sobre Bengala e o sangue dos heroes da independencia.

FONTE: gl.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XXIV

 

Esta é a bandeira de Albania Albania ( República de Albania/Republika e Shqipërisë), un país mediterráneo do sueste de Europa. Conta cunha poboación que rolda os 3 millóns de habitantes e a súa capital é Tirana. O idioma oficial é o albanés.

A bandeira é un pano vermello cunha aguia bicéfala negra no centro. A cor vermella simboliza valentía, forza e valor. O nome de Albania en albanés significa literalmente «Terra das aguias», e os albaneses chámanse a si mesmos «fillos das aguias». O feito de que o aguia sexa negra relaciónase coa determinación dos heroes nacionais e a derrota do inimigo.

FONTE: gl.wikipedia.org e lifeder.com

BANDEIRAS DO MUNDO XXIII

 

Esta é a bandeira de Zambia (República de Zambia/Republic of Zambia), un país sen saída ao mar ubicado no centro-sur do continente africano. A súa poboación rolda os 16 millóns de habitantes, sendo a capital Lusaka. O idioma oficial é o inglés.

A bandeira é un pano de fondo verde con tres franxas verticais na zona fondo-dereita coas cores vermella, negra e laranxa. Sobre elas atópase unha aguia. A cor verde simboliza a agricultura, a cor vermella simboliza a loita pola liberdade, a cor negra simboliza as persoas de Zambia, e a cor laranxa os recursos naturais e riqueza mineral. O aguia representa a habilidade das persoas para alzarse por encima dos problemas da nación.

FONTE: es.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XXII

 

Esta é a bandeira de Iemen (República do Iemen/الجمهوريّة اليمنية), un país árabe que ocupa o extremo suroeste da Península da Arabia. Ten unha poboación que rolda os 29 millóns de habitantes e a súa capital é Saná. O idioma oficial é o árabe.

A bandeira é un pano que consta de tres franxas coas cores: vermello, branco e negro. O vermello representa o sangue dos mártires e a unidade; o branco para un futuro brillante; negro para o escuro pasado.

FONTE: gal.wikipedia.org