Blogia
vgomez

DOCENCIA

BANDEIRAS DO MUNDO LXIV

Esta é a bandeira de Andorra (Principado de Andorra/Principat d’Andorra), un estado sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia. A súa poboación rolda os 88.000 habitantes, sendo a súa capital Andorra la Vella. O seu idioma oficial é o catalán. A súa soberanía está compartida entre o Presidente da República Francesa e o Bispo de Urgell.

A bandeira está composta por tres franxas verticais de cores azul, amarela e vermella. No centro sitúase o escudo de Andorra. Pode considerarse como unha fusión entre as bandeiras de España (franxas amarela e vermella) e Francia (franxas azul e vermella), países que actúan de protectores do Principado. A franxa azul representa o ceo de Andorra. Este sería testemuña do esforzo e traballo da súa poboación para lograr obter a súa liberdade e independencia. A cor amarela ou dourada representa as riquezas. Tamén os recursos naturais valiosos que se poden conseguir dentro do territorio do principado. A franxa vermella representa o sangue andorrano derramada pola consolidación do seu país. Ademais, fai referencia á participación dos andorranos en conflitos dos seus vecinos.

FONTE:gal.wikipedia.org e lifeder.com

BANDEIRAS DO MUNDO LXIII

Esta é a bandeira de Vietnam (República Socialista de Vietnam/Cộng hòa Xã hội chủ nghĩa Việt Nam), o país máis oriental da Península de Indochina, no sueste asiático. Conta cunha poboación que rolda os 92 millóns de habitantes, sendo a súa capital Hanoi. O idioma oficial é o vietnamita.

A bandeira contén unha estrela amarela de cinco puntas sobre fondo de cor vermella, símbolo do socialismo. O fondo vermello simboliza a revolución e o sangue. A estrela amarela de cinco puntas representa a unidade dos obreiros, campesiños, intelectuais, novos e soldados na construción do socialismo.

FONTE: gal.wikipedia.org e ecured.cu

BANDEIRAS DO MUNDO LXII

Esta é a bandeira de Uruguai (República Oriental del Uruguay), un país de América do Sur, situado na parte oriental do Cono Sur. Conta cunha poboación que rolda os 63 millóns de habitantes, sendo a súa capital Montevideo. O idioma oficial é o español.

A bandeira caracterízase polo Sol e as súas franxas cor branco e azul celeste. A cor branca simboliza a gloria, a alegría, o perdón, a inocencia e o amor. A cor azul emprégase para representar o espazo e o ceo inmaculado. Tamén se refire á meditación, á especulación filosófica que se pon ao servizo da Nación e a patria a través dos pensamentos claros e de profundo amor. A cor dourada do Sol simboliza a nobreza, riqueza, poder, magnanimidade, luz, constancia, fe, sabedoría e pureza.

FONTE: gal.wikipedia.org e significados.com

BANDEIRAS DO MUNDO LXI

Esta é a bandeira de Trindade e Tobago (República de Trinidade e Tobago/Republic of Trinidad and Tobago), un estado situado no sur do mar Caribe, sobre a plataforma continental da costa oriental de Venezuela. Consiste en dúas illas principais, illa Trinidad e Tobago, ademais de 21 illas máis pequenas. A maior e máis poboada é Trinidade, mentres que a illa de Tobago é moito menor en tamaño e poboación.  Conta cunha poboación que rolda o 1,4 millóns habitantes, sendo a súa capital Porto España/Port of Spain. O seu idioma oficiai é o inglés.

A bandeira é de cor vermella cunha banda que a cruza en diagonal de cor negra con bordos brancos. A cor vermella simboliza a xenerosidade do pobo e a luz do sol, o branco representa a igualdade e o mar, e o negro a tenacidade e a vocación de unidade do país.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO LX

Esta é a bandeira de San Marino (Serenísima República de San Marino/Serenissima Repubblica di San Marino), unha república situada nos Apeninos, encravada no interior de Italia, e sen saída ao mar. Conta cunha poboación que rolda os 33.000 habitantes, sendo a súa capital San Marino. O seu idioma oficiai é o italiano.

A bandeira está composta por dúas franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor branco a superior e azul claro a inferior.  Representan tanto o ceo como as montañas, concretamente, as neves das montañas do monte máis alto de San Mariño, o monte Titano, a 726 metros de altura. A bandeira incorpora o Escudo Nacional no centro, no que figuran tres torres (as Tres Torres de San Marino) sobre tres picos, rodeados por unha póla de loureiro e outra de aciñeira rematado cunha coroa pechada como símbolo da súa soberanía. Na parte inferior do escudo figura, nunha cinta branca, o lema nacional: LIBERTAS.

FONTE: gal.wikipedia.org e banderasdelmundo.net

BANDEIRAS DO MUNDO LIX

Esta é a bandeira de Chequia (República Checa/Česká republika), un país de centro de Europa, sen litoral. Conta cunha poboación que rolda os 10 millóns de habitantes, sendo a súa capital Praga. Os seus idiomas oficiais son o checo e o eslovaco.

A bandeira está formada por dúas franxas horizontais de igual anchura, sendo de cor branca a superior e de cor vermella a inferior, cun triángulo isóscele de cor azul que se espalla até a metade ao longo do rectángulo, cuxa base coincide co bordo da hasta da bandeira. Foi herdada de Checoslovaquia logo da disolución da unión do país coa actual Eslovaquia. A bandeira simboliza a unidade nacional, que foi moi importante para o país cuxa identidade foi probada tantas veces durante o século pasado.

FONTE: gal.wikipedia.org e banderas-mundo.es

A DIVISIÓN, SEGUNDO O MÉTODO ABN

 

Seguimos coñecendo o método ABN (Método do Algoritmo Basado en Números) nas matemáticas, unha nova forma de ensinar que permite aos alumnos operar comprendendo o que están a facer, chegar ao cálculo mental de forma sinxela e natural e aumentar a súa capacidade de resolución de problemas. O seu autor é Jaime Martínez Montero, mestre e doutor en Filosofía e Ciencias da Educación.

Xa vimos a suma, a resta e a multiplicaión. Hoxe tócalle á DIVISIÓN.

BANDEIRAS DO MUNDO LVIII

Esta é a bandeira de Palau (República de Palaus/Beluu er a Belau), un estado do arquipélago das illas Carolinas, no Océano Pacífico occidental, comprendendo 26 illas e 300 illotes. A súa poboación rolda os 20 millóns de habitantes, sendo a súa capital é Ngerulmud. Os idiomas oficiais son o palauano, ingles e xaponés, convivindo co angaur, tobiano e sonsorol.

A bandeira ten moito parecido coa bandeira xaponesa e non é coincidencia, xa que este país impulsou tanto económica como tecnolóxicamente a Palau. O círculo amarelo representa a Lúa, símbolo de unidade, mentres que o fondo azul representa a independencia.

FONTE: gal.wikipedia.org