BANDEIRAS DO MUNDO LX
Esta é a bandeira de San Marino (Serenísima República de San Marino/Serenissima Repubblica di San Marino), unha república situada nos Apeninos, encravada no interior de Italia, e sen saída ao mar. Conta cunha poboación que rolda os 33.000 habitantes, sendo a súa capital San Marino. O seu idioma oficiai é o italiano.
A bandeira está composta por dúas franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor branco a superior e azul claro a inferior. Representan tanto o ceo como as montañas, concretamente, as neves das montañas do monte máis alto de San Mariño, o monte Titano, a 726 metros de altura. A bandeira incorpora o Escudo Nacional no centro, no que figuran tres torres (as Tres Torres de San Marino) sobre tres picos, rodeados por unha póla de loureiro e outra de aciñeira rematado cunha coroa pechada como símbolo da súa soberanía. Na parte inferior do escudo figura, nunha cinta branca, o lema nacional: LIBERTAS.
FONTE: gal.wikipedia.org e banderasdelmundo.net
0 comentarios