Blogia
vgomez

DOCENCIA

CHEGA O OUTONO

La Aemet ha anunciado este jueves la previsión del tiempo para este otoño en Mallorca.
Chega o outono / Imaxe: Pixabay/ultimahora.es

 

O outono 2018 comezou hoxe, 23 de setembro, ás 3 horas e 54 minutos hora oficial peninsular.

Esta estación durará 89 días e 20 horas, rematando o 21 de decembro co comezo do inverno.

Os inicios das estacións defínense como aqueles instantes nos que a Terra se atopa nunha  determinada  posición na súa órbita  ao redor do Sol. No caso do outono, esta posición é desde a que o centro do Sol, visto desde a Terra, cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao sur. Cando isto sucede, a duración do día e a noite practicamente coinciden, e a esta circunstancia chámaselle
tamén equinoccio de outono.

O inicio do outono é a época do ano en que a lonxitude do día acúrtase máis rapidamente. Ás latitudes da península, o Sol sae polas mañás máis dun minuto máis tarde que o día anterior, e pola tarde ponse máis dun minuto antes. Por iso, ao comezo do outono, o tempo en que o Sol está por encima do horizonte redúcese en case tres minutos cada día.

LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS

Antón Fraguas, á esquerda nunha imaxe de 1925 e nos últimos anos da súa vida / Imaxes cortesía do Museo do Pobo Galego e o Consello da Cultura Galega/academia.gal

Antón Fraguas protagonizará o Día das Letras Galegas de 2019. Así o acordou o Pleno da Real Academia Galega na sesión ordinaria celebrada na sede da institución, na rúa Tabernas da Coruña.

Membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos (SEG) na mocidade, historiador, etnógrafo, director e presidente do Museo do Pobo Galego, profesor depurado polo franquismo e querido polo alumnado, narrador oral excepcional e intelectual cunha popularidade pouco común, Antón Fraguas Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999) dedicou a vida ao estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. Cos seus traballos e conferencias contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento, unha idea cuxa reivindicación segue a ser necesaria.

Quen foi Antón Fraguas?

A biografía de Antón Fraguas é un percorrido por boa parte da historia galega do século XX. Entrou en contacto desde moi novo co galeguismo, cando estudou bacharelato en Pontevedra, unha etapa decisiva no rumbo que seguiría.

Alí empezou a xermolar, como alumno no Instituto Xeneral e Técnico, o seu interese pola cultura galega da man de docentes como Antón Losada Diéguez, Castelao e Ramón Sobrino Buhigas. Foi, de feito, un dos fundadores, en 1923, da Sociedade de Lingua, nada co obxectivo de defender o galego e de elaborar un dicionario. 

Xa na etapa universitaria en Santiago ingresou, en 1924, nas Irmandades da Fala e colaborou co SEG, do que logo sería membro numerario. Nesta institución inaugurou en Galicia, baixo a dirección de Ramón Otero Pedrayo, os estudos de xeografía histórica e abordou outros temas sobre a súa terra.

Nestes tempos de mocidade publicou con asiduidade en Nós A Nosa Terra. Comezaba unha obra, ampla e curiosa, con numerosos libros e artigos de revistas, ademais de incontables anacos de xornais nos que Galicia era o seu motivo esencial.

A súa obra literaria

Antón Fraguas escribiu sobre xeografía, cunha proposta de comarcalización da que aínda se pode seguir tirando proveito; cultivou a historia, deixando biografías de personaxes ilustres como Murguía ou Castelao e a que foi a súa tese de doutoramento, sobre o Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela; e fixo tamén achegas á arqueoloxía.

Pero o campo no que quizais máis destacou foi o do estudo da cultura campesiña, e en especial da súa parte espiritual. Festas, crenzas, romarías, cantigas, usos e costurmes, dicires etc. aparecen nos seus ensaios e conferencias que eran, en palabras do profesor Eiras Roel, non só amenos relatos, senón unha manifestación temperá e adiantada para Galicia do que hoxe se deu en chamar a historia das mentalidades.

Tras exercer como profesor auxiliar de Xeografía e Historia na USC, en 1933 incorporouse como docente ao instituto da Estrada, posto do que foi separado ao comezar a guerra civil. Por este motivo tivo que dedicarse ao ensino privado, que exerceu nunha academia propia, a Menéndez Pelayo, aberta en 1938 na rúa Algalia de Abaixo de Santiago. A partir de 1942, unha vez revisado o seu expediente de depuración, compatibilizou a dirección desta escola coa docencia na Facultade de Filosofía e Letras, que reclamara os seus servizos, ata que en 1950 gañou unha praza de catedrático de instituto. Ensinou primeiro no Masculino de Lugo e en 1959 acadou o traslado ao daquela Feminino Rosalía de Castro de Santiago, onde compaxinou o ensino medio co universitario ata a súa xubilación forzosa en 1975.

Compaxinou a docencia coa investigación en contacto con distintas institucións como o Instituto Padre Sarmiento ou a Real Academia Galega, na que ingresou en 1956 co discurso Coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade. En 1963 foi nomeado director do Museo Municipal de Santiago en Bonaval e en 1976 participou na creación do Museo do Pobo Galego, do que foi director e presidente. Foi tamén, xa na Autonomía, coordinador da sección de antropoloxía cultural do Consello da Cultura Galega. Desde estas palestras organizou e colaborou en congresos e xuntanzas científicas que serviron de foro de discusión e de posta ao día do universo da etnografía galega.

Recibiu, entre outras distincións, o Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, a Medalla ao Mérito Cidadán e Cultural do Concello de Santiago, o Premio de Investigación e o Premio das Letras e das Artes da Xunta de Galicia, ou o nomeamento de cronista xeral de Galicia.

FONTE: academia.gal

HOXE AFELIO

HOXE AFELIO

Órbita da Terra / Imaxe: bbc.com

A Terra atravesará hoxe venres, 6 de xullo, o seu punto máis afastado do Sol na súa órbita deste ano 2018, un fito astronómico que se coñece como afelio e que ten lugar cada ano entre o 2 e o 7 de xullo.

O momento exacto de maior separación producirase á 18:47 hora peninsular española, cando a Terra e o Sol atoparanse a 152.095.566 quilómetros entre si. O motivo é que a órbita da Terra é elíptica, non circular. Por iso, hoxe estamos a uns 5 millóns de km máis lonxe do sol que dentro de seis meses, en xaneiro, cando se produza o  perihelio, a maior aproximación á nosa estrela.

Esta é unha demostración de que non é a distancia ao Sol a que causa as estacións, senón a inclinación do eixo terrestre. É verán no hemisferio norte porque a parte norte da Terra está inclinada cara ao Sol. Mentres tanto, é inverno no hemisferio sur porque a parte sur está inclinada máis lonxe do Sol.

ADIVIÑA O PAÍS (FIN)


Provincias de Castela-León / Imaxe: cuantos.org

A solución á pregunta do día anterior é CASTELA-LEÓN. Conta con 94.226 quilómetros cadrados de superficie. A seguinte é Andalucía, con 87 600 quilómetros cadrados e a terceira Castela-A Mancha, con 79 500 quilómetros cadrados de extensión.

E con esto rematamos esta proposta esperando que servise para recordar e aumentar os nosos coñecementos no mellor dos casos.

Ata outra nova proposta!

FONTE: muy interesante.es/arte-cultura

ADIVIÑA O PAÍS XII

A solución á pregunta do día anterior é SEYCHELLES . Esta  colorida bandeira pertence ás Seychelles ou República das Seychelles, un grupo de 115 illas situadas no océano Índico, ao nordés de Madagascar, cunha superficie total de 455 quilómetros cadrados. De todas as illas, tan só 33 están habitadas.

E imos coa pregunta de hoxe!

  
p12
 

12. A comunidade autónoma española con maior superficie é?

- Castela-A Mancha

- Castela-León

- Andalucia

- Galicia

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muy interesante.es/arte-cultura

ADIVIÑA O PAÍS XI

A solución á pregunta do día anterior é BOLIVIA . Conta co salgar ou depósito de sal máis longo do mundo (Uyuni): máis de 10.500 metros cadrados que atraen cada ano a miles de turistas. Existen polo menos 11 capas de sal cuxa salmoira está composta de  litio,  potasio,  boro e  magnesio.  Uyuni é tamén a maior reserva de  litio do mundo.

E imos coa pregunta de hoxe!

 
p11
 

11. A que país pertence esta bandeira?

- Mauritania

- Viertanam

- Laos

- Seychelles

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muy interesante.es/arte-cultura

ADIVIÑA O PAÍS X

A solución á pregunta do día anterior é LONDRES, REINO UNIDO . Jack o  Destripador foi un asasino en serie (un inmigrante polaco chamado Aaron  Kosminski segundo as análises de ADN) que cometeu varios crimes a finais do século  XIX, no distrito de  Whitechapel, en Londres, Reino Unido.

E imos coa pregunta de hoxe!

p10
 
 

10. Esta imaxe pertence ao país máis plano da Terra. Sabes cal é?

- Bolivia

- Xapón

- Letonia

- Ruanda

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muy interesante.es/arte-cultura

ADIVIÑA O PAÍS IX

A solución á pregunta do día anterior é MADAGARCAR EN ÁFRICA . Tartarugas,  lémures,  camaleóns, morcegos, iguanas... unha gran variedade de especies  endémicas poden localizarse neste tesouro da biodiversidade, Madagascar. O  camaleón pantera (Furcifer pardalis), protagonista da foto, pode alcadar os 55 cm de longo incluíndo a cola (os exemplares machos) e 35  cm as femias.

E imos coa pregunta de hoxe!

 
p9
 

 

9. Por estas rúas andou o asasino en serie Jack o  Destripador. Estamos en..

- Nova York, Estados Unidos

- Edimburgo, Escocia

- Washington, Estados Unidos

- Londres, Reino Unido

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muy interesante.es/arte-cultura