
Libro en formato dixital / Imaxe: educacionyculturaaz.comcom
Un mundo feliz / Imaxe: fragmentosdeliteratura.blogspot.com.es
A contestación correcta á pregunta do día anterior é UN MUNDO FELIZ. Aldous Huxley publicouno en 1932. A novela anticipa o desenvolvemento en tecnoloxía reprodutiva, cultivos humanos e hipnopedia que, combinadas, cambian radicalmente a sociedade. O mundo aquí descrito podería ser unha utopía, aínda que irónica e ambigua: a humanidade é desenfadada, saudable e avanzada tecnoloxicamente. A guerra e a pobreza foron erradicadas, e todos son permanentemente felices. Con todo, a ironía é que todas estas cousas alcanzáronse tras eliminar moitas outras: a familia, a diversidade cultural, a arte, o avance da ciencia, a literatura, a relixión e a filosofía.
Foi traducido ao galego por Anxo Romero e publicado por Edicións Xerais en decembro de 1996.
E así remato esta serie con motivo do DÍA DO LIBRO, que eu prolonguei toda a semana.
Ata unha nova serie de propostas sobre outro tema!

Libro en formato dixital / Imaxe: educacionyculturaaz.comcom
A contestación correcta á pregunta do día anterior é A SOMBRA DO VENTO. Carlos Ruiz Zafón publicou este libro en 2001. É o primeiro libro da saga do Cemiterio dos libros esquecidos, catro novelas interconectadas e ambientadas nunha Barcelona misteriosa e gótica que vai desde a era da revolución industrial ata os anos posteriores á guerra civil española.
E imos coa proposta de hoxe:

Libros de cremento persoal e espiritual / Imaxe: ununiversomejor.com
A contestación correcta á pregunta do día anterior é READY PLAYER ONE. Ernest Cline (1972) publicou este libro o 16 de agosto de 2011. Unha novela de ciencia ficción da que se realizou unha adaptación para o cinema dirixida por Steven Spielberg a cal se estreou mundialmente o pasado mes de marzo.
E imos coa proposta de hoxe:
Libro inspirador / Imaxe: okdiario.com
A contestación correcta á pregunta do día anterior é A OUTRA BOLENA. Philippa Gregory publicou este libro en 2001. Novela histórica baseada na vida da aristócrata do século XVI, en particular sobre as irmás Ana e María Bolena, e o rei Enrique VIII.
E imos coa proposta de hoxe:
Amor polos libros / Imaxe: nedik.com
A contestación correcta á pregunta do día anterior é ORGULLO E PREXUIZO. Jane Austen (1775-1917) publicou este libro o 28 de xaneiro de 1813.
E imos coa proposta de hoxe:

A nave lectora / Imaxe: clasesmultimedia.com
A contestación correcta á pregunta do día anterior é FOISE CO VENTO. Gone with the Wind, novela escrita por Margaret Mitchell (1900-1949), publicado el 10 de xuño de 1936.
E imos coa proposta de hoxe:
Día do libro / Imaxe: ospitinosmariapita.blogspot.com.es
Plesiosaurio / Imaxe: wikipedia
A resposta á pregunta do día anterior é PLESIOSAURIO. Os plesiosaurios son un grupo de réptiles sauropterigios que apareceron no Triásico e desapareceron gradualmente desde o Cretácico tardío. Estes animais tiñan catro aletas para desprazarse mellor pola auga e tiñan un pescozo longo e flexible. Tamén os había que tiñan o pescozo curto e unha grande mandíbula.
Con esta pregunta remato esta sección que o único que pretendeu foi recordar e pescudar.
Pronto volverei cunha nova materia de proposta.