Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE OS DINOSAUROS XIII

Los plesiosaurios
Imaxe motivo da pregunta / taringa.net

 

A resposta á pregunta do día anterior é CRÁTER DE CHICXULUB, PENÍNSULA DE IUCATÁN, MÉXICO. O cráter de Chicxulub é un antigo cráter de impacto cuxo centro aproximado está situado ao noroeste da península de Iucatán, en México.​ Este centro atópase preto da poboación de Chicxulub, á que o cráter debe o seu nome. O cráter mide máis de 180 km de diámetro, formando unha das zonas de impacto máis grandes do mundo; estímase que o meteorito que formou o cráter medía polo menos 10 km de diámetro. Foi descuberto por Antonio Camargo Zanoguera e Glen Penfield,​ geofísicos que traballaban en Iucatán para a empresa paraestatal de Petróleos Mexicanos en busca de xacementos de petróleo a finais da década de 1970. 

E imos coa pregunta de hoxe...

  

13. Como se chama este animal que, con frecuencia, se identificou como "dinosauro marino"?

- Ictiousaurio

- Tiburon rex

- Plesiosaurio

- Pteradonon

  

Maná a solución.

FONTE: muyinteresante.es / dinosaurios.info e wikipedia

CANTO SABES SOBRE OS DINOSAUROS XII

 
  
A impresión dun artista sobre como se podería ver o cráter  pouco despois de que un meteorito caese / Imaxe: nytimes.com

A resposta á pregunta do día anterior é UN GRAN METEORITO IMPACTOU SOBRE O PLANETA. Hai uns 65 millóns de anos, un meteorito estrelouse contra o noso planeta, o que desencadeou a extinción que arrasou cos dinosauros na Terra. Chocou cunha enerxía equivalente a 100 millóns de bombas atómicas e deixou unha cicatriz de 180 quilómetros de ancho. Estímase que o meteorito que formou o cráter medía polo menos dez quilómetros de diámetro.

  

E imos coa pregunta de hoxe...

  

12. Como se chama o cráter onde se supón que caeu o meteorito e onde se atopa situado?

- Cráter da Terra de Wilkes, Antártida

- Cráter Barringer, Arizona , EEUU

- Cráter de Chicxulub, Península de Iucatán, México

- Cráter Popigai, Siberia, Rusia

  

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: muyinteresante.es / dinosaurios.info e wikipedia

CANTO SABES SOBRE OS DINOSAUROS XI

 

¿Cuál es la teoría más aceptada sobre cómo se extinguieron?

Desaparición dinosauros / Imaxe: viralizalo.com

 

A resposta á pregunta do día anterior é COMPSOGNATHUS. Durante décadas, o Compsognathus foi famoso por ser o dinosauro máis pequeno coñecido; os especímenes colleitados miden ao redor dun metro de lonxitude. Con todo, dinosauros posteriormente descubertos, como Caenagnathasia, Microraptor e Parvicursor, foron mesmo máis pequenos. Estímase que Compsognathus pesaba preto de 3 quilogramos. O Compsognathus foi un animal pequeno e bípedo con longas patas traseiras e unha cola alongada, que utilizaba para manter o equilibrio durante a locomoción. Os membros dianteiros eran máis pequenos que os traseiros e estaban provistos de tres dedos equipados con garras sólidas adaptadas para capturar presas. O seu delicado cranio era estreito e longo, cun fuciño puntiagudo. O cranio tiña 5 pares de fenestras, aberturas craniais, sendo as máis longas as órbitas oculares, onde se atopan os ollos no animal vivo. Os ollos eran grandes en proporción ao resto do cranio.

  

E imos coa pregunta de hoxe...

  

11. Cal é a teoría máis aceptada pola que se extinguiron os dinosauros?      

- Un gran meteorito impactou sobre o planeta

- Deus extinguiunos

- A activación dun gran número de volcáns por todo o globo terrestre

- Unha gran glaciación

 

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: muyinteresante.es / dinosaurios.info e wikipedia

CANTO SABES SOBRE OS DINOSAUROS X


compsognathus.jpg
O dinossauro máis pequeno / Imaxe: mrogers.wikispaces.com

A resposta á pregunta do día ante rior é DREADNOUGHTUS SCHRANI. Era un titanosaurio que viviu hai aproximadamente 77 millóns de anos e medía 26 metros de longo e pesaba máis de 60 toneladas (máis que o Tyranosaurus rex). A súa cola medía case 9 metros, tiña o pescozo longo e o seu estómago era probablemente do tamaño dun cabalo. Os seus restos fósiles foron atopados entre 2005 e 2009 na provincia de Santa Cruz-Arxentina.

E imos coa pregunta de hoxe...

10. O dinosauro máis pequeno que existiu era do tamaño dunha galiña e chamábase...

-  Compsognathus

-  Aristosuchus

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: muyinteresante.es / dinosaurios.info e wikipedia

CANTO SABES SOBRE OS DINOSAUROS IX

83289_990x742-cb1409835793.jpg

Dinosauro motivo da pregunta / Imaxe: forums.starcitizenbase.com

A resposta á pregunta do día ante rior é HERBÍVORO.  O Triceratops ou “cara de tres cornos” viviu a finais do período Cretácico, Hai aproximadamente 68 e 66 millóns de anos e era un animal herbívoro cuxo alimento principal eran as plantas de crecemento baixo, aínda que poderían derrubar árbores máis altas cos seus cornos e o seu voluminoso corpo de entre 6 e 12 toneladas.

 

E imos coa pregunta de hoxe...

9. Cal é o dinosauro máis grande? 

-  Brachiosaurus

-  Dreadnoughtus schrani

-  Tyrannosaurus rex

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: muyinteresante.es / dinosaurios.info e wikipedia

CANTO SABES SOBRE OS DINOSAUROS VIII

CANTO SABES SOBRE OS DINOSAUROS VIII

Triceratops / Imaxe: wikipedia

 

A resposta á pregunta do día ante rior é CRETÁCICO.  O “Lagarto Rey” ou Tyrannousaurus Rex viviu a finais do período Cretácico, hai aproximadamente entre 68 e 66 millóns de anos. Foi un dos últimos dinosauros non aviarios en existir antes da extinción masiva do Cretácico-Terciario. Foi un dos maiores depredadores coñecidos da Terra, un súper predador que mediu ata 12,3 metros de longo, 4 metros de altura ata as cadeiras, e pesaba entre 6 ou 8 toneladas.

 

E imos coa pregunta de hoxe...

8. O Triceratops era...

-  Carnívoro

-  Herbívoro

-  Omnívoro

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: muyinteresante.es / dinosaurios.info e wikipedia

CANTO SABES SOBRE OS DINOSAUROS VII

Tyrannosaurus Rex tiranosaurio trex esqueleto

Esqueleto dun Tirannosaurus rex / Imaxe: blogodisea.com

A resposta á pregunta do día ante rior é TRIÁSICO. O Eoraptor era un carnívoro pequeno que viviu a finais do período Triásico, hai aproximadamente 230 e 225 millóns de anos. Para os paleontólogos, o Eoraptor é o máis parecido ao antepasado común de todos os dinosauros.

E imos coa pregunta de hoxe...

7. A que época do mesozoico pertencencería o Tirannosaurus rex?

-  Cretácico

-  Xurásico

-  Triásico

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: muyinteresante.es / dinosaurios.info e wikipedia

CANTO SABES SOBRE OS DINOSAUROS VI

CANTO SABES SOBRE OS DINOSAUROS VI

Eoraptor / Imaxe: esacademic.com

A resposta á pregunta do día ante rior é MEGALOSAURUS. O profesor inglés de xeoloxía, William Buckland (1784-1856), foi o responsable tras estudar un gran dente achado nunha canteira de lousa de Oxfordshire, Inglaterra en 1824. O megalosaurus foi un depredador bípedo duns 9 metros de longo e ao redor dunha tonelada de peso e ostenta o récord de ser o primeiro en ser descrito e nomeado de entre todos os dinosauros que se coñecen.

E imos coa pregunta de hoxe...

6. A que época do mesozoico pertencencería o Eoraptor?

-  Cretácico

-  Cámbrico

-  Triásico

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: muyinteresante.es / dinosaurios.info e wikipedia