Situación do corazón no corpo humano / Imaxe: guardian.ng
CANTO SABES SOBRE OS DINOSAUROS V



Dinosauros / Imaxe: ecured.cu
A resposta á pregunta do día ante rior é PALEONTOLOXÍA. A paleontoloxía é a ciencia que trata do estudo dos organismos desaparecidos, a partir dos seus restos fósiles, é dicir, dos restos mineralizados de seres vivos ou vestixios de vida de organismos que existiran durante a historia da vida na Terra.
E imos coa pregunta de hoxe...
4. Cales son as dúas ordes principais en que se dividen os dinosauros?
- Saurozoquios e Ornistiquios
- Saurisquios e Ornitisquios
- Saurisquios e Omnisquios
Maná a solución e unha nova proposta.
FONTE: muyinteresante.es / dinosaurios.info e wikipedia
Xacemento de restos óseos de dinosauro na Serra da demanda (Burgos) / Imaxe: alquds.com
E imos coa pregunta de hoxe...
3. A ciencia que estuda os fósiles dos dinosauros chámase...
- Arqueoloxía
- Paleontoloxía
- Antropoloxía
Maná a solución e unha nova proposta.
FONTE: muyinteresante.es / dinosaurios.info e wikipedia

Era Mesozoica / Imaxe: dinosaurioss.com
E imos coa pregunta de hoxe...
2. A Era dos Dinosauros ou Mesozoica divídese en tres etapas. Cales son?
- Triásico, Xurásico e Pérmico
- Devónico, Xurásico e Cretácico
- Triásico, Xurásico e Cretácico
Maná a solución e unha nova proposta.
FONTE: muyinteresante.es e dinosaurios.info

Dinosauros / Imaxe: dinosaurios.info
Aorta / Imaxe: mayoclinic.org
A resposta á pregunta do día anterior é VENTRÍCULO ESQUERDO. A aorta é a arteria de maior calibre. Sae do ventrículo esquerdo, ascende formando un arco, chamado arco aórtico, e despois descende pegada á columna vertebral por detrás do corazón. Atravesa o diafragma (hiato aórtico do diafragma) na parte máis posterior deste músculo. A partir de entón denominarase aorta abdominal. Ó longo do seu traxecto dá numerosas ramas. Remata nas arterias ilíacas comúns. A función da aorta é transportar e distribuír sangue rico en osíxeno a todas as arterias
E así remato esta serie de preguntas sobre as Ciencias da Natureza. Espero que servise para repasar e indagar.
Pronto comezarei unha nova proposta sobre outra temática.
Ata entón!

Situación do corazón no corpo humano / Imaxe: guardian.ng
A resposta á pregunta do día anterior é SATURNO. Titán é a maior lúa de Saturno e a segunda maior de todo o Sistema Solar, despois de Ganímedes (lúa máis grande de Xúpiter), tendo case unha vez e media o tamaño da nosa Lúa. É maior que un dos planetas principais, Mercurio, e que o planeta anano Plutón, e se orbitase ao redor do Sol sería un planeta por dereito propio. Esta é a única lúa no Sistema Solar que ten unha atmosfera densa, sendo mesmo máis densa que a da Terra. Pénsase que posúe lagos de hidrocarburos e volcáns xeados, e que o metano compórtase case coma a auga na Terra, evaporando e chovendo nun ciclo interminable. Titán é un mundo que se mantivo oculto ata moi recentemente, cuberto por unha densa brétema alaranxada.
E imos coa pregunta de hoxe...
29. A aorta é unha arteria. Onde ten a súa orixe?
- Aurícula dereita
- Aurícula esquerda
- Ventrículo dereito
- Ventrículo esquerdo
Maná a solución.

A Terra, Titán e a Lúa / Imaxe: sophimania.pe
E imos coa pregunta de hoxe...
28. Titán é unha das lúas de...
- Xúpiter
- Urano
- Saturno
- Mercurio
Maná a solución e unha nova proposta.