Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE CIENCIAS DA NATUREZA IV

 

A resposta á pregunta do día anterior é MONERAS E PROTISTAS. O reino Monera está formado organismos unicelulares coñecidos tamén como procariotas. Estes organismos son principalmente bacterias que están presentes en todo o espazo terrestre e que son, debido á súa estrutura unicelular, microscópicos. O reino Protista, tamén chamado ás veces Protoctista contén a todos os organismos eucariontes que non poden clasificarse dentro dalgún dos outros tres reinos eucarióticos: fungos, animais e plantas.

 

E imos coa pregunta de hoxe...

4.  Como se chama o fenómeno polo cal a auga pasa de estado gaseoso a líquido?

- Fusión

- Vaporización

- Sublimación

- Condensación

Maná a solución e unha nova proposta.


CANTO SABES DE CIENCIAS DA NATUREZA III

CANTO SABES DE CIENCIAS DA NATUREZA III

Seres vivos / Imaxe: greenarea.me/es

A resposta á pregunta do día anterior é CLOROFILA. As clorofilas son unha familia de pigmentos que se encontran nas cianobacterias e en todos aqueles organismos que conteñen plastos nas súas células, o que inclúe as plantas e os diversos grupos de protistas que se denominan algas. A fotosíntese é un proceso mediante o cal as plantas producen substancias orgánicas a partir de dióxido de carbono e auga en presenza de clorofila (captadora da enerxía solar).

E imos coa pregunta de hoxe...

3. Clasificamos os seres vivos en 5 reinos:

- Plantas

- Animais

- Fungos

Que 2 reinos faltan?

Maná a solución e unha nova proposta.


Pérdida de biodiversidad acelerada.

 

Read more at GreenArea.me: Pérdida de biodiversidad acelerada. http://greenarea.me/?p=1422

Pérdida de biodiversidad acelerada.

Read more at GreenArea.me: Pérdida de biodiversidad acelerada. http://greenarea.me/?p=142213

CANTO SABES DE CIENCIAS DA NATUREZA II

Hojas verdes Beneficios

Follas verdes / Imaxe: unisima.com

A resposta á pregunta do día anterior é CARBÓN. Os recursos non renovables, tamén coñecidos como recursos esgotables, son aqueles que existen en cantidades limitadas na natureza, sendo consumidos de maneira máis acelerada en comparación á vez que levan para formarse na natureza, é dicir, o seu proceso de formación pode tardar millóns de anos e a súa explotación chega á desaparición da súa fonte, o que leva ao esgotamento de certos recursos. Algúns exemplos dos recursos non renovables son o petróleo, os minerais, os metais, o gas natural.

E imos coa pregunta de hoxe...

2. Como se chama a substancia responsable da fotosíntesis?

- Pole

- Zume

- Clorofila

- Látex

Maná a solución e unha nova proposta.


CANTO SABES DE CIENCIAS DA NATUREZA?

Museu de Ciências Naturais de Houston

Museo de Ciencias Naturais de Houston / Imaxe:guiadoviajante.info


Como andamos de Ciencias da Natureza? Pois imos averigualo!

Todos os días propoñereiche unha cuestión. Só se trata de recordar e tamén facer pescudas se fose peciso. Ao día seguinte terás a solución.

Empezamos!

1. Cal destes dous materiais é un recurso non renovable?

- Carbón

- Vento

Mañá a solución e unha nova proposta.


CANTO SABES DE LITERATURA XX (FIN)

María Victoria Moreno - FOTO: Arquivo da familia de María Victoria Moreno

María Victoria Moreno/Arquivo da familia de María Victoria Moreno/elcorreogallego.es

A resposta á pregunta do día anterior é Mª VICTORIA MORENO. Día das Letras Galegas 2018 adicado a  María Victoria Moreno.

E con esta resposta rematamos esta serie adicada á Literatura. Pronto volveremos con outra materia, que o único que pretende é recordar, mediante a procura de información.

Ata a próxima!

 FONTE: Adaptación propia á literartura gelaga da idea de Sarah Romero/Revista Muy Interesante/Wikipedia

CANTO SABES DE LITERATURA XIX

Retrato Rosalía de Castro

Rosalía de Castro / Imaxe: actualidadliteratura.com

A resposta á pregunta do día anterior é CASTELAO. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao publicou en 1922 na Editorial Céltiga de Ferol un texto en prosa ao que pertence o anaco proposto na pregunta: "Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete", que consta dunha serie de secuencias narrativas que acadan unidade estrutural grazas a seren produto dunha conversa entre un narrador, o esqueleto, que lembra secuencias da súa vida pasada, e dous paranarradores, colegas de cemiterio.

E imos coa pregunta de hoxe...

19. Rosalía de Castro foi a primeira escritora á que se lle adicou os DÍA DAS LETRAS GALEGAS en 1963. A quen se lle adicará iste ano?

- Carlos Casares

- Manuel María

- Xosé Filgueira

- Mª Victoria Moreno

Maná a solución.

FONTE: Adaptación propia á literartura gelaga da idea de Sarah Romero/Revista Muy Interesante/Wikipedia

CANTO SABES DE LITERATURA XVIII

CANTO SABES DE LITERATURA XVIII

Esqueletos / Imaxe: escribientes.com

A resposta á pregunta do día anterior é CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DE "CANTARES GALLEGOS DE ROSALÍA DE CASTRO. O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro, os académicos de número Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron a celebración do Día das Letras Galegas .O 28 de abril do mesmo ano, en Xunta ordinaria, a Academia resolveu, por unanimidade, aprobar esta proposta e declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano. Tratándose, xa que logo, do centenario da súa obra, foi Rosalía de Castro a primeira homenaxeada á que continuarían, desde esa data e sen interrupción, outras moitas figuras senlleiras da nosa cultura, elixidas en Xunta Ordinaria pola Academia.

E imos coa pregunta de hoxe...

18. A que autor o seguinte texto?

Eu nascín,  medrei e fíxenme home, e un bo día enfermóuseme un ollo. Fun aos médicos e lambéronme unha manchada de cartos e no remate de contas o ollo sandar sandou, pero quedoume grolo. Por aquel tempo tiña un galo tan amante que viña comer na miña man. Chamáballe Tenorio.

- Cunqueiro

- Rosalía

- Castelao

- Blanco Amor

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia á literartura gelaga da idea de Sarah Romero/Revista Muy Interesante/Wikipedia

CANTO SABES DE LITERATURA XVII

CANTO SABES DE LITERATURA XVII

Letras Galegas / Imaxe: elblogdelmar.com

 

A resposta á pregunta do día anterior é MÉNDEZ FERRÍN. Xosé Luís Méndez Ferrín publicou en 1961 "O crepúsculo e as formigas", un libro de 10 relatos. Neles existe un ambiente de terror, no que as persoas camiñan como formigas en fileira, movidas por forzas cegas, que levan cara un tráxico destino. A brevidade e densidade dos relatos están apoiadas polas recorrencias do discurso que incorpora variados procedementos técnicos: o emprego da estrutura epistolar, do monólogo interior, da ruptura temporal ou da técnica cinematográfica. Os relatos, escritos cando Ferrín vivía en Madrid, están ambientados en espazos urbanos e rurais de Vigo (porto), Ourense (río Barbaña) e Santiago de Compostela.

E imos coa pregunta de hoxe...

17. O Día das Letras Galegas é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida. Comezou a celebrarse en 1963. Porque niste ano?

- Publicación de "Cousas da vida" de Castelao

- Centenario da publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro.

- Publicación de "Xente de aquí e de acolá" de Cunqueiro

Maná a solución e unha nova proposta.

 FONTE: Adaptación propia á literartura gelaga da idea de Sarah Romero/Revista Muy Interesante/Wikipedia