Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE LITERATURA XVI

Formigas / Imaxe: dicasdemulher.com.br

 

A resposta á pregunta do día anterior é CELSO EMILIO FERREIRO. "Longa noite de pedra" é unha obra poética de Celso Emilio Ferreiro, publicada en 1962. É a obra máis coñecida e representativa da lírica galega de posguerra, constituíndo un libro chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores.O tempo de "Longa noite de pedra" son os anos da posguerra e da ditadura franquista, quedando mesmo o título do libro fixado coma un dos nomes desa época, adverso para todo o que fose galeguismo, esquerda ou literatura galega.

E imos coa pregunta de hoxe...

16. O crepúsculo e as formigas  é un libro de 10 relatos publicado en 1961 pola Editorial Galaxia.

É o intre do crepúsculo. Agora é cando morre a lus e os perfiles das cousas deixan de ser concretos. Achego a miña cara á fiestra, aos vidrios da fiestra, e vexo a rúa longa, ateigada de xente informe, coma un carreiro de formigas que fervera estreitamente, escuramente. Os homes son coma formigas, na vila sen nome. E eu, niste intre do crepúsculo, véxoos desdebuxados, esvaídos, pois o alento da miña boca vai embazando progresivamente o cristal que se interpón antre os homes e a miña ollada.

Cal é o seu autor?

- Anxel Fole

- Álvaro Cunqueiro

- Méndez Ferrín

- Eduardo Blanco Amor    

Maná a solución e unha nova proposta.

 FONTE: Adaptación propia á literartura gelaga da idea de Sarah Romero/Revista Muy Interesante/Wikipedia

CANTO SABES DE LITERATURA XV

Monasterio de San Salvador de Celanova - exterior

Fachada exterior do Monasterio de San Salvador de Celanova(Ourense) / Imaxe: cromacultura.com

A resposta á pregunta do día anterior é EDUARDO PONDAL. Estas dúas estrofas corresponde a "Os pinos" ou tamén "Breogán", un poema de Eduardo Pondal publicado dentro da súa obra " Queixumes dos pinos" en 1886. Consta de 10 estrofas, das cales as catro primeiras dan a letra ao actual Himno de Galicia, adoptado oficialmente tras a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981, ao que puxo música, nun traballo conxunto con Pondal en 1890, Pascual Veiga.

E imos coa pregunta de hoxe...

15. Longa noite de pedra, 1962

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.

 O seu autor naceu en Celanova (Ourense) en 1912. de quen estamos a falar? 

- Antonio Norriega Varela

- Manuel Antonio

- Luis Amado carballo

- Celso Emilio Ferreiro    

 

Maná a solución e unha nova proposta.

 FONTE: Adaptación propia á literartura gelaga da idea de Sarah Romero/Revista Muy Interesante/wikipedia

CANTO SABES DE LITERATURA XIV

CANTO SABES DE LITERATURA XIV

Piñeiros / Imaxe: campogalego.com

A resposta á pregunta do día anterior é ROSALÍA DE CASTRO. Manuel Murguía e Rosalía de Castro contraeron matrimonio o 10 de outubro de 1858 na igrexa parroquial de San Ildefonso de Madrid.

E imos coa pregunta de hoxe...

14.  Quen é o autor distas dúas etrofas?

Que din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

- Pascual Veiga

- Rosalía de Castro

- Curros Enríquez

- Eduardo Pondal    

Maná a solución e unha nova proposta.

 FONTE: Adaptación propia á literartura gelaga da idea de Sarah Romero/Revista Muy Interesante/wikipedia 

CANTO SABES DE LITERATURA XIII

CANTO SABES DE LITERATURA XIII

Manuel Antonio Martínez Murguía / Imaxe: upload.wikimedia.org

 

A resposta á pregunta do día anterior é O HOME DO CASTELO. A ucronía (subxénero literario da ciencia ficción referido a un tempo inexistente, non por ocorrer no futuro senón por ser unha visión alternativa deste debido a que a historia da humanidade transcorrera de xeito diferente a como transcorre) está presente en todas elas pero sen dúbida referímonos a "O home no castelo" do escritor estadounidense Phillip K. Dick (1928-1982). Recentemente estreouse unha serie de TV co mesmo nome.

E imos coa pregunta de hoxe...

13.  Manuel Murguía, gran historiador de Galicia e primeiro presidente da Real Academia Galega, casou no ano 1858, en Madrid, cunha grandísima escritora galega. Cal era o seu nome?

- Pura Vázquez

- María Mariño

- Rosalía de Castro

- Xoana Torres    

Maná a solución e unha nova proposta.

 

FONTE: Adaptación propia á literartura gelaga da idea de Sarah Romero/Revista Muy Interesante/wikipedia

CANTO SABES DE LITERATURA XII

novelas ucrónicas

 

A resposta á pregunta do día anterior é MULLERCIÑAS. Jo March, Amy March, Beth March e Margaret -Meg-March son catro irmás que viven co pano de fondo da Guerra Civil nos Estados Unidos. Jo ou Josephine, é o personaxe máis ousado e curioso: adora a literatura, é un tanto masculina e un carácter forte e irónico. A súa autora é Louise May Alcott.

E imos coa pregunta de hoxe...

12.  É unha das novelas ucrónicas máis famosas. Gañou o Premio Hugo á mellor novela.

- O home no castelo de Phillip K. Dick

- Patria de Robert Harris

- Tempos de arroz e sal de Kim Stanley Robinson

- No día de hoxe de Jesús Torbado    

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesant

 

CANTO SABES DE LITERATURA XI

Jo March

 

A resposta á pregunta do día anterior é HÉRCULES POIROT. Todos eles son detectives famosos da literatura, pero o detective ficticio creado por Agatha Christie é Hercules Poirot. Aparece por primeira vez en "O misterioso caso de Styles" en 1920 e desaparece en 1975 por mor da súa morte no libro "Pano".

E imos coa pregunta de hoxe...

11.  Jo March é un dos personaxes femininos máis carismáticos desta historia de 1868. A que libro referímonos?

- As aventuras de Tom Sawyer

- Lolita

- Cumes Borrascosas

- Mullerciñas

 

Maná a solución e unha nova proposta.
  

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante

CANTO SABES DE LITERATURA X

Un famoso detective

 

A resposta á pregunta do día anterior é ISAAC ASIMOV. Neste caso, o autor de libro de ciencia ficción "Un seixo no ceo", é do escritor de orixe ruso Isaac Asimov (1920-1992). Foi a primeira novela escrita por Asimov aínda que posteriormente incorporouna como parte da "Saga da Fundación".

E imos coa pregunta de hoxe...

10.  Un famoso detective aparece como protagonista nas novelas de Agatha Christie.

- Sherlock Holmes

- Hercules Poirot

- Charles Auguste Dupin

- Philip Marlowe
        

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante

CANTO SABES DE LITERATURA IX

un guijarro en el cielo

 

A resposta á pregunta do día anterior é J.R.R.TOLKIEN. Os libros de John Ronald Reuel Tolkien non só inspiraron (e seguen inspirando) moitos outros libros de fantasía, senón que acuñou termos como legendarium e eucatástrofe empregados en conexión coa súa obra. Eucatástrofe é un xiro repentino dos acontecementos que garante que o protagonista da historia non sexa finalmente vítima da súa propia misión ou destino. Tolkien foi nomeado Comendador da Orde do Imperio Británico pola raíña Isabel II o 28 de marzo de 1972.

 

E imos coa pregunta de hoxe...

9. Quen escribiu a novela de ciencia ficción "Un seixo no ceo"? 

- Isaac Asimov

- Arthur C. Clarke

- Herbert George Wells
 
- Phillip K. Dick
 

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante