Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA XXVIII

Comunidades Autonomas / Imaxe: saberespractico.com

A resposta á pregunta do día anterior é ALASKA. Denali, oficialmente coñecido como McKinley entre 1917 e 2015, atópase en Alaska, cunha altura de 6.194 metros, sendo a montaña de maior elevación de América do Norte e dos Estados Unidos. Forma parte da gran cadea de Alaska, un arco montañoso de 960 km, que se estende a través da zona sudoriental do estado.

E imos coa pregunta de hoxe...

27. España está formada por 17 Comunidades Autónomas e 2 Cidades Autónomas. Cal é a Comunidade Autónoma de maior extensión e a de menor extensión? 

- Andalucia e Cantabria

- Castela-A Mancha e Madid

- Castela-León e Illas Baleares

- Castela-León e A Rioxa

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea da Revista Muy Interesante/Wikipedia

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? XXVII

denali

Monte Denali / Imaxe: justfunfacts.com

A resposta á pregunta do día anterior é TANZANIA. O Klimanjaro é unha montaña situada no nordés de Tanzania, formada por tres volcáns inactivos: o Shira, no oeste, de 3.962 m de altitude, o Mawenzi ao leste, de 5.149 m e o Kibo, o máis recente desde o punto de vista xeolóxico, situado entre ambos e cuxo pico, o Uhuru, elévase ata os 5.891,8 m e constitúese no punto máis elevado de África.

E imos coa pregunta de hoxe...

26. O punto máis elevado de América do Norte é o monte Denali (anteriormente denominado monte McKinley). En que estado se atopa?

- Nevada 

- Montana

- Alaska

- Colorado

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea da Revista Muy Interesante/Wikipedia

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? XXVI

Monte Kilimanjaro 

Monte Kilimanjaro / Gtre/xornal abc.es

A resposta á pregunta do día anterior é AMAZONAS. No ano 2010 confirmouse que o Amazonas era o río máis longo do mundo, con 7.062 km de lonxitude desde o seu nacemento na Crebada de Apacheta, rexión de Arequipa (Perú). tamén é o máis caudaloso do mundo cunha conca hidrográfica de ao redor de 7,05 millóns de km2, aproximadamente 1/5 parte do total da canle fluvial no mundo. O segundo río máis lomgo do mundo é o Nilo com 6.700 km de lonxitude.

E imos coa pregunta de hoxe...

25. O punto máis elevado de África é o Klimanjaro. En que país se atopa?

- Zambia 

- Tanzania

- Kenia  

- Somalia

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea da Revista Muy Interesante/Wikipedia


CANTO SABES DE XEOGRAFÍA XXV

   Río Miño / Imaxe: Galicia Única

A resposta á pregunta do día anterior é ENTRE OS TERRITORIOS DE BOLIVIA E PERÚ. O lago Titicaca é o lago navegable máis alto do mundo, situado no Altiplano andino nos Ándes Centrais, dentro da meseta do Collao unha altitude media de 3.812 msnm entre os territorios de Bolivia e Perú. Posúe unha área de 8.562 km² dos cales o 56 % (4.772 km²) corresponden a Perú e o 44 % (3.790 km²) a Bolivia e 1.125 km de costa; a súa profundidade máxima estímase en 281 m e calcúlase a súa profundidade media en 107 m. O seu nivel é irregular e aumenta durante o verán austral.

E imos coa pregunta de hoxe...

24. Cal é o río máis longo do mundo?

- Río Yangtsé. 

- Río Nilo.

- Río Mississippi. 

- Río Amazonas.

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea da Revista Muy Interesante/Wikipedia

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA XXIV

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA XXIV

Lago Titicaca / Imaxe: vidapositiva.com

A resposta á pregunta do día anterior é ISLANDIA. Reiquiavik é a capital de Islandia e é cidade máis poboada do país. A súa poboación é 121.960 habitantes, un tercio da do país. Durante o inverno só recibe catro horas de luz solar e durante o verán as noites son tan claras coma o día.

E imos coa pregunta de hoxe...

23. O lago Titicaca é o lago navegable máis alto do mundo. Onde está ubicado?

- Entre os territorios de Ecuador e Perú. 

- Entre os territorios de Chile e Arxentina.

- Entre os territorios de Bolivia e Perú.

- Entre os territorios de Colombia e Ecuador.

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea da Revista Muy Interesante/Wikipedia

CALENDARIO ORTOGRÁFICO 2018

 

 

Don Pardino non dá clase en ningún colexio, pero ten máis de 9.000 "alumn@s" en Twitter. Este personaxe ficticio, creado por un mestre e un médico que prefiren permanecer no anonimato, ten por lema "a letra, con humor entra", e a iso dedícase: a ensinar ortografía a través de viñetas cómicas. Hai uns publicou un calendario ortográfico, cun consello de escritura por cada mes do próximo 2018. E algún de propina.

Se o queres descargar preme AQUÍ.

FONTE: Verne/Xornal El País

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA XXIII

 Vista de Reikiavik / Imaxe: masmujeroline.com

A resposta á pregunta do día anterior é NO MAR MEDITERRÁNEO FRONTE ÁS COSTAS DE MARRROCOS. As Illas Chafarinas son un arquipélago español do mar Mediterráneo, situado fronte ás costas do norte de África, das que distan 4 km. Está constituído por tres illas principais: illa do Congreso, Isabel II e illa do Rei. Están protexidas baixo a forma de Reserva Nacional de Caza. Só os militares destinados nelas teñen acceso ás illas, xunto con gardas e científicos da Estación Biolóxica.

E imos coa pregunta de hoxe...

22. Reikiavik é a capital de...

- Finlandia

- Noruega

- Islandia

- Dinamarka

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea da Revista Muy Interesante/Wikipedia

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA XXII

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA XXII

Illas Chafarinas / Imaxe: eolapaz

A resposta á pregunta do día anterior é ILLAS CIES, ONS, SÁLVORA E CORTEGADA. Convertéronse o 1 de xullo do 2002 no primeiro Parque Nacional de Galicia, cunha extensión de 1.200 hectáreas terrestres e 7.200 marítimas.

E imos coa pregunta de hoxe...

21. Onde se atopan as Illas Chafarinas?

- No Mar Cantábrico

- No Océama Atlántico

- No Mar Mediterráneao fronte a Alicante

- No Mar Mediterraneo fronte a Marrocos

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea da Revista Muy Interesante/Wikipedia