Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE HISTORIA V

En el año 476 comienza la Edad Media. El hecho que le da comienzo es:

 

A resposta á pregunta do día anterior é CALÍGULA FOI O EMPERADOR E O CABALO FOI INCITATUS. Calígula (Gaius Julius Caesar Augustus Germanicus) foi emperador romano dende o 16 de marzo do 37 ata o sru asasinato, o 24 de xaneiro do 41. Aínda que os tres emperadores tiveron as súas excentricidades e ideas tolas, foi "Botitas"(ese era o seu sobrenome) quen tivo a idea de nomear a Incitatus como Cónsul. Curiosamente iste cabalo era de carreiras nacido en Hispania.

E imos coa pregunta de hoxe...

5.   No ano 476 comeza a Idade Media. O feito que lle da comezo é...

-  A caída do Imperio Romano de Occidente (o de Oriente, ou Bizantino, mantívose).

-  A morte do emperador Basilisco, do Imperio Bizantino.

- É fundado o Imperio Ostrogodo por Teodorico o Grande.  

- O nacemento de Aryabhata, o primeiro gran matemático e astrónomo indio.

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA IV

Ahora, Roma: ¿Qué emperador nombró Cónsul a su caballo?¿Y el nombre del caballo?

A resposta á pregunta do día anterior é DE VELLEZ. Platón morreu no 347 a. C., aos 80/81 anos de idade, dedicándose nos seus últimos anos de vida a impartir ensinos na academia da súa cidade natal, Atenas. Foi Sócrates quen morreu por negar aos deuses, e Pitágoras foi asasinado por Cilón (aínda que non se sabe se isto é verdade ou unha lenda). 

E imos coa pregunta de hoxe...

4.   Que emperador romano nomeou Cónsul ao seu cabalo? Cal é o nome do cabalo?

 -  Nerón, e o seu cabalo Incitatus.

- Calígula quen nomeou Cónsul a Caprilo. 

- Trión foi nomeado Cónsul por Nerón

- Cómodo, o emperador nomeou a Caprilo como Cónsul.

- Trión foi a afortunada mascota, e Cómodo, o emperador.

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA III

Vayamos a la Antigua Grecia: ¿Cómo murió Platón, el filósofo?

 

A resposta á pregunta do día anterior é DE MALARIA, PROBABLEMENTE INFECTADA POR UN MOSQUITO. Aínda que si tiña enfermidades de nacemento, morreu de malaria. Durante o reinado de Tutankamón houbo no país unha epidemia de malaria que causou unha elevada mortalidade, e, como na tumba atopáronse medicamentos contra a febre, sospéitase que morreu vítima desa enfermidade. Un estudo de ADN publicado en 2010 revelou un faraón co sistema óseo debilitado, o cal, ao ser vítima dunha malaria severa, provocoulle a morte. 

E imos coa pregunta de hoxe...

3.   Como morreu Platón, o filósofo?

 - Envelenado con cicuta por "negar aos deuses".

- De vellez. 

- Cilón, un millonario, matouno porque non o deixaba entrar á súa escola filosófica.  

- Durane os últimos anos da súa vida, sufriu de depresión, e acabou tirándose ao mar. 

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA II

¿Cómo murió Tutankamón, el faraón más famoso del Antiguo Eipto?

 

A resposta á pregunta do día anterior é KEFRÉN, MICERINO E KEOPS. Os tres faraóns pertencían á IV dinastía de Exipto e erixidas na meseta de Guiza, preto do Cairo. A pirámide máis grandeA pirámide máis grande (Keops) é unha das sete Marabillas do Mundo Antigo.

E imos coa pregunta de hoxe...

2. Como morreu Tutankamón, o faraón máis famoso do Antigo Exipto?

- Os seus colaboradores máis próximos envenenárono ao non consideralo capaz de reinar ben.

- Tiña enfermidades de nacemento (os seus pais probablemente fosen parentes) que deformaban o seu corpo e acabaron matándoo.

- Caeu do seu carro durante un desfile.

- De malaria, probablemente infectada por un mosquito.

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA

CANTO SABES DE HISTORIA

Historia Universal / Imaxe: bachverdiu.com


Como andamos de Historia? Pois imos averigualo!

Todos os día propoñereiche unha cuestión. Concéntrate e pescuda se estás no certo ou necesitas unha actualización.

Empezamos!

1. Os exipcios construíron tres enormes pirámides clásicas, de caras lisas, que albergaban os corpos dos seus faraóns. Cales son os seus nomes?

- Kafrén, Miqorine e Keops

- Kefrén, Micerino e Keops

- Kefrék, Mikerinos e Qeops

- Kerek, Micerine e Kaops

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA FIN

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA FIN

Situación de Liechtenstein) / Imaxe: ontheworldmap.com

A resposta á pregunta do día anterior é EUROPA CENTRAL. É un país soberano centroeuropeo sen litoral cuxa forma de goberno é a monarquía constitucional, encabezada por el príncipe Juan Adán II. O seu territorio é o resultado da unión de dous enclaves: Vaduz e Schellenberg​ constituídos nun total de once comunidades. A capital é Vaduz e a cidade máis poboada é Schaan. O principado é coñecido por ser considerado un paraíso fiscal. Aínda que non é membro da Unión Europea, desde decembro de 2011 forma parte do espazo de libre circulación europeo.

Con esto rematamos esta serie adicada á Xeografía. Pronto volveremos con outra serie adicada a outra materia. Espero que fose do voso agrado e servise para iso: recordar.

FONTE: Adaptación propia da idea da Revista Muy Interesante/Wikipedia

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA XXX

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA XXX

Mercado de nadal en Vanduz (capital de Liechtenstein) / Imaxe: travel365.it

A resposta á pregunta do día anterior é GRANADA (ANDALUCÍA). O Mulhacén forma parte do parque nacional de Serra Nevada. Está situado na provincia de Granada, no sur peninsular de España, e pertence a Serra Nevada, na cordilleira Penibética.

E imos coa pregunta de hoxe e última desta serie

29. Máis dunha vez, a selección nacional de fútbol xogou contra Liechtenstein. Onde se atopa?

- No norte de Europa

- No sur de Europa

- Na Europa central

Maná a solución.

FONTE: Adaptación propia da idea da Revista Muy Interesante/Wikipedia

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA XXIX

02-MULHACEN1

Pico Mulhacén / Imaxe: fmrm.net

A resposta á pregunta do día anterior é CASTELA-LEÓN E ILLAS BALEARES. Castela e León é a Comunidade Autónoma con maior extensión, cocretamente 94.200 km2, ocupando o segundo lugar Andalucia con 87.600 km2. Pola contra a Comunidade Automa máis pequena é Illas Balares con 5.000 km2, precedida pola Rioxa con 5.050 km2.

E imos coa pregunta de hoxe...

28. O Mulhacén, cunha altitude de 3.478,6 msnm, é o pico máis alto da península ibérica e o segundo de España tras o Teide, de 3.718 msnm (Tenerife, Canarias). En que provincia e comunidade autónoma se atopa?

- Huesca (Aragón)

- Ávila (Castela-León)

- Illas Baleares

- Granada (Andalucía)

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea da Revista Muy Interesante/Wikipedia