CANTO SABES DE HISTORIA V
A resposta á pregunta do día anterior é CALÍGULA FOI O EMPERADOR E O CABALO FOI INCITATUS. Calígula (Gaius Julius Caesar Augustus Germanicus) foi emperador romano dende o 16 de marzo do 37 ata o sru asasinato, o 24 de xaneiro do 41. Aínda que os tres emperadores tiveron as súas excentricidades e ideas tolas, foi "Botitas"(ese era o seu sobrenome) quen tivo a idea de nomear a Incitatus como Cónsul. Curiosamente iste cabalo era de carreiras nacido en Hispania.
E imos coa pregunta de hoxe...
5. No ano 476 comeza a Idade Media. O feito que lle da comezo é...
- A caída do Imperio Romano de Occidente (o de Oriente, ou Bizantino, mantívose).
- A morte do emperador Basilisco, do Imperio Bizantino.
- É fundado o Imperio Ostrogodo por Teodorico o Grande.
- O nacemento de Aryabhata, o primeiro gran matemático e astrónomo indio.
Maná a solución e unha nova proposta.
FONTE: juandb/viralizalo.com
0 comentarios