Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE HISTORIA XIII

Imagen

Guerras Púnicas / Imaxe: puntadelanza.net

A resposta á pregunta do día anterior é 1914-1918. A Primeira Guerra Mundial, tamén coñecida como a Gran Guerra, foi unha confrontación bélica, ocorrida principalmente en Europa, que empezou o 28 de xullo de 1914 e finalizou o 11 de novembro de 1918, cando Alemaña aceptou as condicións do armisticio. Tras seis meses de negociacións na Conferencia de Paz de París, o 28 de xuño de 1919 os países aliados asinaron o Tratado de Versalles con Alemaña, e outros ao longo do seguinte ano con cada unha das potencias derrotadas. Máis de nove millóns de combatentes e sete millóns de civís perderon a vida, unha cifra extraordinariamente elevada, dada a sofisticación tecnolóxica e industrial dos belixerantes. Está considerado o quinto conflito máis mortífero da historia da Humanidade.

E imos coa pregunta de hoxe...

13.  Coñécese co nome das guerras púnicas ao conxunto de conflitos armados que enfrontaron entre os anos 264 a. C. e 146 a. C. ás dúas principais potencias do Mediterráneo occidental da época. Que número de conflitos armados foron? Cales foron esas dúas potencias enfrontadas?

-  2. Roma e Grecia

-  4. Roma e Hispania

-  5. Roma e Exipto

-  3. Roma e Cartago

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA XII

CANTO SABES DE HISTORIA XII

Alianzas da I Guerra Mundial / Imaxe: historiacultural.com

A resposta á pregunta do día anterior é ESTADOS UNIDOS. O 4 de xullo de 1776, o Congreso Continental asinou a Declaración de Independencia dos Estados Unidos, redactada por Thomas Jefferson sobre a base da Declaración de Dereitos de Virginia, asinada apenas un mes antes.

E imos coa pregunta de hoxe...

12.   A Primeira Guerra Mundial, tamén coñecida como Gran Guerra, foi unha confrontación bélica, ocorrida principalmente en Europa entre que anos?

-  1933-1936

-  1914-1918

-  1939-1945

-  1898-1903

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA XI

 

Durante el siglo XVIII ¿Cuántos países se independizaron en América?

 

A resposta á pregunta do día anterior é 1,68 m. PARA A SÚA ÉPOCA, ISO ERA CONSIDERADO NORMAL. Napoleón Bonaparte (1769-1821) é considerado como un dos maiores xenios militares da Historia, comandando campañas bélicas moi exitosas, aínda que con certas derrotas igualmente estrepitosas. Tiña por alcume "O Pequeno Cabo" (le Petit Caporal), que facía referencia á súa estatura.

E imos coa pregunta de hoxe...

11.   Que país de América se independizou no século XVIII?

-  Brasil.

-  Estados Unidos.

-  Arxentina.

-  Cuba.

-  México

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia dea idea de juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA X

¿Cuánto medía Napoleón Bonaparte de altura?¿ Para su época, era considerado bajo o normal?

 

A resposta á pregunta do día anterior é NON, DANTE MORREU NO SÉCULO XIV E LEONARDO NACEU NO XV.  O famosísimo autor (Dante Alighieri) que nos describiu o Inferno, o Limbo e o Ceo mediante versos, só chegou ao século XIV (naceu o 29 de maio de 1265 e morreu o 14 de setembro de 1321), e non coñeceu o Renacemento, época na que vivóu Leonardo (do 15 de abril de 1452 ao 2 de maio de 1519).

E imos coa pregunta de hoxe...

10.  Canto medía Napoleón Bonaparte de altura? Para a súa época, era considerado baixo ou normal?

-  1,68 m. Para a súa época, iso era considerado normal.

-  1,68 m. Para a súa época, iso era considerado baixo.

1,74 m. Para a súa época, iso era considerado normal.

1,74 m. Para a súa época, iso era considerado baixo.

1,62 m. Para a súa época, iso era considerado baixo.

1,62 m. Para a súa época, iso era considerado normal.

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA IX

Hablando de Da Vinci ¿En algún momento llegó a convivir con Dante Alighieri, el autor de la Divina Comedia?

 

A resposta á pregunta do día anterior é FRANCIA.    Leonardo da Vinci (Leonardo di ser Piero da Vinci), naceu Anchiano, Toscana, (República de Florencia), preto de Vinci, o 15 de abril de 1452 e morreu no Castelo de Clos-Lucé, en Amboise (Francia) o 2 de maio de 1519. Foi un artista florentino destacado polímata  en diferentes eidos: pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico icona do Renacemento italiano.

E imos coa pregunta de hoxe...

9.  Falando de Leonardo da Vinci. Nalgún momento chegou a convivir con Dante Alighieri, o autor da Divina Comedia?

 - Non, Dante morreu no século XIII e Leonardo naceu no XV.

- Si, Dante morreu cando Leonardo tiña seis anos.

- Non, Dante morreu no século XIV e Leonardo naceu no XV.

- Si, Dante morreu cando Leonardo tiña 36 anos.

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA VIII

 

Vamos al Renacimiento¿En dónde murió Leonardo Da Vinci, el máximo exponente del arte Renacentista?

 

A resposta á pregunta do día anterior é CONSTRUTOR DE PONTES. Así se chamaba aos funcionarios que se ocupaban das pontes que cruzan as augas do Tíber. Máis tarde o termo tomou outro significado, os pontífices eran homes que pertencían ao consello relixioso supremo da antiga Roma, chamado Colexio de Pontífices (Collegium Pontificum), no que o Pontifex Maximus posuía a máxima representación relixiosa. Non en balde, o xefe do colexio dos pontífices foi en tempos antigos o mesmo rei e certamente todos os emperadores romanos revestiron esta autoridade: o mesmo Constantino, o maior impulsor do cristianismo, quixo revestila. Os pontífices por unha banda presidían o culto nacional (non esquezamos que en Roma a relixión era unha cuestión de Estado) e por outra inspeccionaban o culto privado, as vodas, as ofrendas aos defuntos, etc. e, de entre eles, o chamado rei dos sacrificios, asumía as antigas funcións sacras do rei.

E imos coa pregunta de hoxe...

8.  Onde morreu Leonardo Dá Vinci, o máximo expoñente da arte Renacentista?

-  Francia.

- Venecia.

- Florencia.

- Roma.

- España.

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA VII

Seguimos con la Iglesia: ¿Qué significa la palabra

 

A resposta á pregunta do día anterior é SILVESTRE II. Silvestre II, de nome secular Gerberto de Aurillac (Auvernia, Francia, c. 945–Roma, 12 de maio de 1.003), foi o centésimo trixésimo noveno papa da Igrexa católica, de 999 a 1003. O interese pola ciencia e a cultura a través dos textos clásicos levouno a aberta inimizade dun sector da Igrexa, que chegou a acusalo de pactar co demo. Nos antigos códices gardados en catedrais e museos poden atoparse gravados nos que se representa a Silvestre II en compañía de Satanás. O período no que lle tocou vivir era propenso a este tipo de mitos: o primeiro cambio de milenio.

E imos coa pregunta de hoxe...

7.  Que significa a palabra "Pontífice", coa cal hoxe se denomina aos Papas?

-  "Construtor de pontes".

 "Punto de unión". 

 "O que fai".

-  "Aquel que une a Deus cos homes".

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA VI

Para

 

A resposta á pregunta do día anterior é A CAÍDA DO IMPERIO ROMANO DE OCCIDENTE. A Idade Media foi un período histórico da civilización occidental comprendido entre o século V e o século XV. Normalmente considérase a súa extensión entre a fin do Imperio Romano do Occidente, no século V (476 d.C.), e o descubrimento de América,  no século XV (1.492 d.C.), ou en 1.453 coa caída do Imperio Bizantino, data que coincide coa invención da imprenta (Biblia de Gutenberg) e coa fin da guerra dos Cen Anos. Tanto a morte de Basilisco como o nacemento de Aryabhata sucederon ese ano, pero é a caída do Imperio (ou de parte del) a que marca o comezo da Idade Escura.

E imos coa pregunta de hoxe...

6.   De que Papa se di que fixo tratos co demo?

-  Silvestre II

-  Alejandro VI 

- Julio II

- Pio II

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: juandb/viralizalo.com