Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE HISTORIA XXI

Fortaleza-Castelo de Santa Cruz / Imaxe: galiciamaxica.eu

A resposta á pregunta do día anterior é CARLOS IV. BRITÁNICOS. A batalla de Trafalgar foi unha batalla naval que tivo lugar o 21 de outubro de 1805, durante as guerras napoleónicas. Os bandos que participaron no combate foron o británico, comandado por lord Nelson, e unha confederación franco-española, comandada polo francés Villeneuve. Venceu o bando británico aplastantemente, mais, coa importante perda do seu comandante, Horatio Nelson. A batalla prodúcese fronte ás costas do cabo de Trafalgar, nos Canos de Meca, localidade do municipio gaditano de Barbate. daquela reinaba Calos IV (1748-1819), quen accedeu ao trono pouco antes do estalido da Revolución francesa, e a súa falta de carácter fixo que delegase o goberno do seu reinado en mans da súa esposa María Luisa de Parma e do seu valido, Manuel Godoy, de quen se dicía que era amante da Raíña.

E imos coa pregunta de hoxe...

21.  Na nosa localidade temos "O castelo de Santa Cruz". Realmente é unha fortaleza militar, pero en que ano foi construída e para que?

- 1588. Para apoio na construción na Pasaxe dos barcos da Armada Invencible.

- 1860. Para defenderse dos invasores franceses.

- 1663. Para defenderse das tropas portuguesas.


Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA XX

CANTO SABES DE HISTORIA XX

Trafalgar / Imaxe: abc.es

A resposta á pregunta do día anterior é CASA DE BORBÓN. O escusón representa á Casa de Borbón, a reinante en España, formado por tres flores de lis sobre fondo azul. A chegada dos Borbóns a España produciuse pola morte sen descendencia directa de Carlos II, da casa Habsburgo. Había dous pretendentes, Felipe de Anjou da casa Borbón e o Archiduque Carlos da casa Habsburgo, o que provocou a Guerra de Sucesión (1701-1715) que gañou o primeiro, acabando coa dinastía Habsburgo en España e iniciando o primeiro reinado Borbón.

E imos coa pregunta de hoxe...

20.  A batalla de Trafalgar foi unha batalla naval que tivo lugar o 21 de outubro de 1805. Os bandos que participaron no combate foron o británico, e unha confederación franco-española. Quen reinaba en España? Quen foi o gañador da contienda?

- Fernando VII. Confederación franco-española.

- Calos IV. Británicos.

- Carlos III. Británicos.

- Carlos I. Confederación franco-española.

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA XIX

CANTO SABES DE HISTORIA XIX

Escudo do Reino de España / Imaxe:Wikimedia Commons

A resposta á pregunta do día anterior é 8 DE MAIO DE 1945. As actas de capitulación de alemaña deron fin á Segunda Guerra Mundial en Europa. O texto foi asinado o 8 de maio de 1945 en Karlshorst, Berlín por representantes das tres forzas armadas do Oberkommando der Wehrmacht (OKW), as Forzas Aliadas sendo os altos cargos supremos soviético, estadounidense e francés, observadores da firma. O día anterior houbo outro documento asinado en Reims.

E imos coa pregunta de hoxe...

19.  No centro do escudo do Reino de España hai o chamado ESCUSÓN. Pescuda que representa.

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA XVIII

Rendición Alemana / Imaxe: historynotes.info

A resposta á pregunta do día anterior é INVASIÓN DE POLONIA (1 DE SETEMBRO DE 1939). O comezo do conflito adóitase situar no 1 de setembro de 1939, coa invasión alemá de Polonia. Bombardearon Wileun sen piedade algunha, destruíndo o 75% da rexión e matando sen distinción entre militares e civís. Aquí comezou, de maneira oficial, a II Guerra Mundial.

E imos coa pregunta de hoxe...

18.  Cando se rendeu definitivamente Alemaña?

- O 8 de maio de 1945.

- O 30 de abril de 1945.

- Alemaña nunca asinou a rendición incondicional propiamente dita.

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA XVII


Hitler saludadndo / Imaxe: historiacultural.com

A resposta á pregunta do día anterior é 1467 a 1469. A Revolta Irmandiña, foi unha rebelión popular que tivo lugar en Galicia entre 1467 e 1469. Durante o século XV, os nobres galegos sometían á poboación a unha serie de desmáns, tales como roubos, violacións e cobro de impostos desorbitados ao seu antollo. Tiñan á xente atemorizada, ata o punto de que os campesiños non ousaban saír de casa e tiñan que durmir nas igrexas por seguridade. Os señores desde as súas fortalezas organizaban os roubos e saqueos de bens e colleitas, á vez que desposuían á Igrexa de terras e tesouros. Desde 1230, Galicia era un territorio dependente do reino de Castela. En 1464, o rei Enrique IV de Castela viuse obrigado pola nobreza para desposuír á súa filla Juana a Beltraneja do título de Princesa de Asturias e nomear herdeiro no seu lugar ao seu medio irmán Alfonso. Un ano despois os mesmos nobres derrocaron a Enrique IV e proclamaron rei de Castela a Alfonso, provocando o estalido dunha guerra entre os partidarios dun e outro. Os nobres decantáronse polo bando de Alfonso, mentres que o pobo e os poderes eclesiásticos permaneceron fieis ao rei lexítimo, Enrique IV. As clases populares solicitaron permiso ao rei para organizarse nunha "irmandade", co fin de acabar coas fechorías dos nobres e así, en 1467, Enrique IV aprobou a Irmandade do Reino de Galicia. O que en principio estaba pensado para restablecer a orde e protexer os seus intereses, pronto se converteu nunha revolta en toda regra. Sumáronse a esta xustiza do pobo tanto campesiños como xente de cidade, fidalgos, cabaleiros e algúns clérigos. A ira dos irmandiños levounos a derrubar cuantos castelos e torres houbese en Galicia, segundo as crónicas foron destruídos 130 castelos e fortalezas. A pretensión dos irmandiños era romper a relación de vasalaxe, non pagar as rendas do señor e aproveitar o baleiro de poder xerado pola guerra civil en Castela para levantar un novo poder. Os irmandiños formaron exércitos de milicianos de ámbito rexional unindo localidades e comarcas, que se xuntaban para acometer asedios ou batallas grandes. Non houbo represalias contra os vasallos que ousaron rebelarse contra os seus señores, fose practicamente imposible, dado o carácter masivo da revolta. Aínda que finalmente foron vencidos, os irmandiños conseguiron que houbese xustiza no seu reino entre 1467 e 1469.

E imos coa pregunta de hoxe...

17.  Cando e como comezou a II Guerra Mundial?

- Comezou co pacto expansionista asinado por Xapón, Italia e Alemaña o 1 de setembro de 1939.

- Comezou coa invasión da URSS por parte de Alemaña o 1 de setembro de 1939.

- Comezou coa invasión de Polonia por parte de Alemaña o 1 de setembro de 1939.

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA XVI

Representación no Castelo de Monterrei (Verín-Ourense) / Imaxe: abelgalois.wordpress.com

A resposta á pregunta do día anterior é SANTIAGO, BETANZOS, MONDOÑEDO, TUI, LUGO, OURENSE E A CORUÑA. O motivo de que o escudo conteña sete cruces correspóndese coa anterior división provincial dos territorios galegos do antigo Reino de Galicia. As sete provincias eran: Santiago, Betanzos, Mondoñedo, Tui, Lugo, Ourense e A Coruña (estas tres últimas de igual nome que as actuais, aínda que non cos mesmos límites). Destas sete, Mondoñedo atópase actualmente dentro da provincia de Lugo; Tui dentro da provincia de Pontevedra; Santiago, a actual capital de Galicia, e a da cidade de Betanzos (que se identificaba independente e politicamente como un enclave diferenciado do resto) forman parte da actual provincia da Coruña.

E imos coa pregunta de hoxe...

16.  A Revolta Irmandiña, foi unha revolta social que tivo lugar en Galicia por nunha situación de conflito social (fame, epidemias e abusos por parte da nobreza galega) e político (guerra civil en Castela). Cando comezou esta revolta e cantos anos durou?

- 1469. Tres anos.

- 1468. Un ano.

- 1467. Dous anos.

- 1470. Catro anos.

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA XV

CANTO SABES DE HISTORIA XV

Escudo de Galicia / Imaxe: Wikimedia Commons

A resposta á pregunta do día anterior é 1096. Para ser exactos teriamos que dicir novembro de 1095, cando o emperador bizantino Alexo I solicitou protección para os cristiáns de oriente ao papa Urbano II, quen no concilio de Clermont iniciou a predicación da cruzada. Realmente en 1096 foi cando comezaron os movementos de tropas, nun primeiro memomento desorganizadas e posteriormente en forma de exército.

E imos coa pregunta de hoxe...

15.  No escudo de Galicia aparecen 7 cruces. que representanas a anterior división provincial dos territorios galegos do antigo Reino de Galicia. Pescuda cales son os nomes desas divisións provinciais. Como pista, 3 coinciden coas provincia actuais.

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA XIV

.cruzadas

Cruzados / Imaxe: sobrehistoria.com

A resposta á pregunta do día anterior é 3. ROMA E CARTAGO. Primeira Guerra Púnica: Enfrontamento entre romanos e cartaxineses polo dominio de Sicilia que se decantou en favor dos primeiros. Desenvolvida entre 264 e 241 a. C. Segunda Guerra Púnica: Os cartaxineses expándense pola península ibérica ata que chegan ao límite marcado polos romanos no río Ebro, atacan Sagunto, aliada romana e Roma decláralles a guerra que se dividiu en dúas frontes. Por unha banda a guerra na península ibérica e por outro a heroica marcha do xeneral cartaginés Aníbal a través dos Pireneos e os Alpes ata chegar ás portas de Roma. Pola súa banda o xeneral romano Escipión venceu aos cartaxineses en Hispania e dirixiuse cara á capital Cartago. Finalmente a vitoria caeu ao lado romano. Desenvolvida entre 218 e 201 a. C. Terceira Guerra Púnica: Ataque de Roma á capital cartaxinesa. Derrota definitiva de Cartago, Roma convértese na principal potencia do Mediterráneo. Desenvolvido entre 149 e 146 a. C.

E imos coa pregunta de hoxe...

14.  As cruzadas foron unha serie de campañas militares impulsadas polo papa e levadas a cabo por gran parte da Europa cristiá, co obxectivo específico inicial de restablecer o control apostólico romano sobre Terra Santa. En que ano comezaron?

-  1291

-  1492

-  1096

-  1099

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com