Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS III

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS III

Guillermo Marconi / Imaxe: pinterest.co.uk

A resposta á pregunta do día anterior é SAÍDA DA FÁBRICA LUMIÉRE. A pesar de que algunha pequena secuencia moi curta fora gravada algúns anos antes, non foi ata que apareceu o cinematógrafo que se puido gravar a que se considera a primeira película da historia: "Saída da fábrica Lumière" (1895), onde se pode ver nunha secuencia de 46 segundos aos obreiros saíndo da fábrica. Tras esta, filmaron "Chegada do tren á estación" (1895), cuxa proxección causou pánico entre os espectadores quen creu que o tren se abalanzaba sobre eles. "O regador regado" (1895) foi a primeira película con fío argumental, e en 1902 George Méliès filmou a que se considera a primeira película de ciencia ficción, "Viaxe á lúa".

E imos coa pregunta de hoxe...

3.  O italiano Guillermo Marconi foi recoñecido como o inventor da radio, pero a quen se considera actualmente o creador deste invento?

- Thomas Alva Edison

- Nikola Tesla

- Alexander Graham Bell

- Reginald Fessenden

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: nationalgeographic.com.es

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS II

Os irmáns Lumière / Imaxe: miperiodicodiario.blogspot.com.es

A resposta á pregunta do día anterior é 105 d.C. A invención do papel atribúese a un eunuco chinés chamado Cai Lun  que pertencía á corte do emperador Hei, da dinastía Han (202 a. C. 220 d. C.). Cai Lun desenvolveu un proceso de produción de papel co que creou un soporte para a escritura que melloraba significativamente o anterior. Ata ese momento usábase unha base de seda ou táboas de bambú, métodos que resultaban moi custosos ou ben eran pouco prácticos para o seu almacenamento. Cai Lun conseguiu un soporte papel a base de cortiza da árbore da morera, cáñamo e bambú.

E imos coa pregunta de hoxe...

2.  Cal foi a primeira película da historia do cinema gravada co cinematógrafo inventado polos irmáns Lumière?

- Saída da fábrica Lumière

- Viaxe á Lúa

- O can andaluz

- Un home lobo en París

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: nationalgeographic.com.es

CUANTO SABES SOBRE OS INVENTOS

CUANTO SABES SOBRE OS INVENTOS
 Grandes inventos / Imaxe: 1.bp.blogspot.com

Sen os inventos a nosa vida non transcorrería da mesma maneira. No seu momento cambiaron a historia e precipitaron novidades que tiveron consecuencias importantes nas distintas sociedades. Sen eles, a economía, a ciencia, a medicina, os transportes ou a cultura non evolucionasen igual.

Canto sabes sobre eles? Pois imos averigualo!

Todos os día propoñereiche unha cuestión. Concéntrate e pescuda se estás no certo ou necesitas unha actualización.

Empezamos!

1. En que ano considérase que foi inventado o proceso de produción do papel?

- 600 a.C

- 105 d.C

- 755 d.C

- 1.241 d.C

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: nationalgeographic.com.es

CANTO SABES DE HISTORIA FIN

CANTO SABES DE HISTORIA FIN

Franco entra en Burgos días depois de comenzado o levantamento militar / Imaxe: burgospedia1.wordpress.com

A resposta á pregunta do día anterior é FRACASO PARCIAL DO GOLPE DE ESTADO DO 17 E 18 DE XULLO DE 1936 LEVADO A CABO POR UNHA PARTE DO EXÉRCITO CONTRA O GOBERNO DEMOCRÁTICO DA II REPÚBLICA. 1936-1939. A Guerra Civil Española concluiría o 1 de abril de 1939 co último parte de guerra asinado por Francisco Franco, declarando a súa vitoria e establecendo unha ditadura que duraría ata a súa morte o 20 de novembro de 1975.

Con esto rematamos esta serie adicada á Historia. Pronto volveremos con outra serie adicada a outra materia. Espero que fose do voso agrado e servise para iso: recordar.

FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA XXV

Corresponsal en la Guerra de España / Imaxe: roma.cervantes.es

A resposta á pregunta do día anterior é LUIS XVI. A Revolución Francesa foi un conflito ocorrido entre 1789 e 1799 que afectou a Francia tanto social como politicamente. O seu efecto para o resto dos países de Europa, así como as súas consecuencias ideolóxicas e políticas, foi tan amplo que lla considera o inicio da Idade Contemporánea. As accións insurrectas comezaron cando o rei Luís XVI convocou aos nobres, ao clero e aos representantes do pobo a unha asemblea na que se revelou o un grave déficit orzamentario do Estado. Este descubrimento sumado ao descontento acumulado de membros de diversas clases sociais, provocou unha serie de revoltas que terminaron co derrocamento do rei e a instauración da República. A importancia da Revolución Francesa radica en que foi a expresión armada e exitosa do descontento que existía en toda Europa sobre as monarquías absolutas. Foi o comezo de novas formas de goberno.

E imos coa pregunta de hoxe...

25. A Guerra Civil Española,​ foi un conflito social, político, bélico e que máis tarde repercutiría tamén nunha crise económica no noso país. Cal foi o detonante deste conflito? Que anos durou?

- O triunfo de Franco nas eleccións xerais do año 1936 e a non aceptación dos resultados pola oposición. 1936-1940.

- División entre goberno e oposción pola participación na II Guerra Mundial. 1939-1945.

- Fracaso parcial do golpe de Estado do 17 e 18 de xullo de 1936 levado a cabo por unha parte do Exército contra o goberno democrático da II República. 1936-1939.

Maná a solución.

FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA XXIV

revolucion francesa - revoluciones burguesas

"A Liberdade guiando ao pobo", cadro pintado por Eugène Delacroix en 1830

A resposta á pregunta do día anterior é CRISTOBAL COLÓN. Cristóbal Colón ten unha orixe incerta. O consenso entre os expertos sobre o lugar de nacemento é que naceu na República de Xénova.​ As teorías alternativas sobre a súa orixe foron xeralmente rexeitadas polos principais expertos: catalana, sefardí, galega, portuguesa... Como consecuencia o ano de nacemento oscila entre o ano 1436 e 1451.O que está claro e que morreu en Valladolid, 20 de maio de 1506. Foi un navegante, cartógrafo, almirante, vicerrei e gobernador xeral das Indias Occidentais ao servizo da Coroa de Castela. É famoso por realizar o descubrimento de América, o 12 de outubro de 1492, ao chegar á illa de Guanahani, actualmente nas Bahamas.

E imos coa pregunta de hoxe...

24. A Revolución francesa foi un conflito social e político, con diversos períodos de violencia, que convulsionó Francia e, por extensión das súas implicacións, a outras nacións de Europa que enfrontaban a partidarios e opositores do sistema coñecido como o Antigo Réxime. Iniciouse coa autoproclamación do Terceiro Estado como Asemblea Nacional en 1789 e finalizou co golpe de estado de Napoleón Bonaparte en 1799. Quen reinaba daquela en Francia?

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com

CANTO SABES DE HISTORIA XXIII

Colón-mito-retrato-día-de-la-raza

Retrato da época do personaxe da pregunta realizado por Sebastiano del Piombo / Imaxe:Wikimedia Commons

A resposta á pregunta do día anterior é 1978. A Constitución foi ratificada en referendo o 6 de decembro de 1978, sendo posteriormente sancionada polo rei Juan Carlos I o 27 de decembro e publicada no Boletín Oficial do Estado o 29 de decembro do mesmo ano. A promulgación da Constitución implicou a culminación da chamada transición á democracia, que tivo lugar como consecuencia da morte, o 20 de novembro de 1975, do anterior xefe de Estado, o xeneral Franco.

E imos coa pregunta de hoxe...

23.  Poderias identificar o personaxe histórico que aparece no retrato superior? Como pista, direiche que foi un gran navegante, de nacemento incerto e que morreu en Valladolid o 20 de maio de 1506.

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com


CANTO SABES DE HISTORIA XXII

La prevención de riesgos laborales en la Constitución Española

Exemplar da Constitución / Imaxe: imf-formacion.com

A resposta á pregunta do día anterior é 1663. PARA DEFENDERSE DOS PORTUGUESES. Popularmente chamado "O Castillo", é unha fortaleza militar do século XVII, chamada de Santa Cruz en honra de don Álvaro de Bazán marqués de Santa Cruz de Marcenado, capitán xeneral da Mariña Española finado en 1588 cando trataba de ultimar os  preparativos da saída da Armada Invencible A Fortaleza de Sanra Cuz foi construída en 1663 tras a toma de Goián polos portugueses.  Construída en tempo record (un ano) en 1663, ano no que tropas portuguesas ocupan o castelo de San Lorenzo (Goian), as obras deste forte guardés estaban dirixidas polos enxeñeiros Carlos e Fernando Grunemberg, empregando a pedra das antiguas murallas de A Guarda para facilitar mais rápidamente a construcción. Con todo neditaro ano 1665, João Manso ao mando dos lusos cercou e tomou a fortaleza. 

E imos coa pregunta de hoxe...

22.  A Constutución Española norma suprema ou máxima do ordenamento xurídico español actual foi ratificada en referendo un 6 de decembro, pero de que ano?

- 1976

- 1977

- 1978

- 1979

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com