CANTO SABES DE HISTORIA XXIII
Retrato da época do personaxe da pregunta realizado por Sebastiano del Piombo / Imaxe:Wikimedia Commons
A resposta á pregunta do día anterior é 1978. A Constitución foi ratificada en referendo o 6 de decembro de 1978, sendo posteriormente sancionada polo rei Juan Carlos I o 27 de decembro e publicada no Boletín Oficial do Estado o 29 de decembro do mesmo ano. A promulgación da Constitución implicou a culminación da chamada transición á democracia, que tivo lugar como consecuencia da morte, o 20 de novembro de 1975, do anterior xefe de Estado, o xeneral Franco.
E imos coa pregunta de hoxe...
23. Poderias identificar o personaxe histórico que aparece no retrato superior? Como pista, direiche que foi un gran navegante, de nacemento incerto e que morreu en Valladolid o 20 de maio de 1506.
Maná a solución e unha nova proposta.
FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com
0 comentarios