CANTO SABES DE HISTORIA VI
A resposta á pregunta do día anterior é A CAÍDA DO IMPERIO ROMANO DE OCCIDENTE. A Idade Media foi un período histórico da civilización occidental comprendido entre o século V e o século XV. Normalmente considérase a súa extensión entre a fin do Imperio Romano do Occidente, no século V (476 d.C.), e o descubrimento de América, no século XV (1.492 d.C.), ou en 1.453 coa caída do Imperio Bizantino, data que coincide coa invención da imprenta (Biblia de Gutenberg) e coa fin da guerra dos Cen Anos. Tanto a morte de Basilisco como o nacemento de Aryabhata sucederon ese ano, pero é a caída do Imperio (ou de parte del) a que marca o comezo da Idade Escura.
E imos coa pregunta de hoxe...
6. De que Papa se di que fixo tratos co demo?
- Silvestre II
- Alejandro VI
- Julio II
- Pio II
Maná a solución e unha nova proposta.
FONTE: juandb/viralizalo.com
0 comentarios