Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA XXI


Vista aérea das islas Cíes, coa praia de Rodas / Imaxe: aol.co.uk

A resposta á pregunta do día anterior é MAR CANTÁBRICO. Está situado na provincia de Biscaia, País Vasco. O cabo é o final da ladeira do monte Sollube e forma parte do termo municipal de Bermeo, xunto a San Xoaan de Gaztelugatxe e a Illa de Aquech.

E imos coa pregunta de hoxe...

20. Que illas forman o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia?

- Illas Cies

- Illas Cies, Illas Ons, Illa de Sálvora e Illa de Cortegada

- Illas Cies, Illas Ons e Illa de Sávora

- Illas Cies e Illas Ons

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea da Revista Muy Interesante/Wikipedia

 

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? XX

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? XX

Cabo Machichaco / Imaxe: jorgetutor.com

A resposta á pregunta do día anterior é RIO MIÑO. O río Louro é un afluente do Miño, no seu tramo final, pola súa marxe dereita. Nace a 400 metros de altitude, no concello de Pazos de Borbén, e desemboca no Miño en Pazos de Reis, xa no concello de Tui. Atravesa os concellos de Pazos de Borbén, Mos, Redondela, Porriño e Tui. A súa lonxitude total é de 30 km, e a súa conca cobre uns 174 km² de superficie.

E imos coa pregunta de hoxe...

19. Onde se atopa o cabo Machichaco?

- No Mar Mediterráneo

- No Océano Atlántico

- No Mar Cantábrico

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea da Revista Muy Interesante/Wikipedia

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? XIX

Foto de Paseo do río Louro (O Porriño)

 Río Louro / Imaxe: wikiloc.com

A resposta á pregunta do día anterior é PENA TREVINCA. Pena Trevinca ten 2.127 msnm, fronte aos 1.935 do Mustallar e os 1.778 de Cabeza de Manzaneda. Pena Trevinca é o límite provincia de Ourense e Zamora.

E imos coa pregunta de hoxe...

18. De quen é afluente o río Louro?

- Do río Sil

- Do río Miño

- Do río Douro

- Do río Tambre

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea da Revista Muy Interesante/Wikipedia

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? XVIII

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? XVIII

Estacion de Cabeza de Manzaneda / Imaxe: escapadarural.com

A resposta á pregunta do día anterior é PAÍS VASCO. Laguardia é un municipio da provincia de Álava (País Vasco) situada na denominada rioxa alavesa. Ten unha extensión de 81,08 km2 e unha poboación de 1.478 habitantes.

E imos coa pregunta de hoxe...

17. Cal é o punto máis elevado de Galicia?

- Cabeza de Manzaneda na Serra de Queixa

- Mustallar na Serra dos Ancares

- Pena Trevinca na Serra do Eixe

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea da Revista Muy Interesante/Wikipedia

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? XVII

Dique sur del puerto

Vista de A Guarda / Imaxe: turismoaguarda.es

A resposta á pregunta do día anterior é CASTELA E LEÓN. O Condado de Treviño é un municipio da provincia de Burgos (Castela e León) cunha extensión de 260 km2 e unha poboación de 1.338 habitantes.

E imos coa pregunta de hoxe...

16. Existe en España un concello co mesmo nome que o noso (La Guardia-A Guarda) denominado Laguardia. Onde se atopa?

- Navarra

- Rioxa

- País Vasco

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea da Revista Muy Interesante/Wikipedia

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? XVI

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? XVI

Álava / Imaxe: vacances-location.net

A resposta á pregunta do día anterior é 3.718 msnm. O Teide é un volcán situado na illa de Tenerife (Illas Canarias). Cunha altura de 3.718 m sobre o nivel do mar e uns 7.000 m sobre o fondo oceánico, é o cume máis alto de España, superando ao Mulhacén (3.478,6 msnm), situado en Granada-Serra Nevada, que é o pico máis alto da península ibérica.

E imos coa pregunta de hoxe...

15. O Condado de Treviño atópase en Álava-País Vasco, pero non pertence a esta comunidade autónoma. A que comunidade autónoma pertence entón?

- Navarra

- Rioxa

- Castela e León

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea da Revista Muy Interesante/Wikipedia

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? XV

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? XV

Teide / Imaxe: wikipedia

A resposta á pregunta do día anterior é RÍO EBRO. O río Ebro é o que ten máis lonxitude de España, en total 930 km. O río Texo é o máis extenso da Península Ibérica. O río Ebro ten unha lonxitude total de 930 km. O río Texo é o máis longo da península ibérica con 1.007 km, pero só en España 816 km, o resto fai fonteira entre España e Portugal o percorre este último país.

E imos coa pregunta de hoxe...

14. O Teide (Tenerife-Illas Canarias) é o pico máis alto de España, pero que altitude ten?

- 3.718 m sobre o nivel do mar

- 3.781 metros sobre o nivel do mar

- 3.871 metros sobre o nivel do mar

- 3.817 metros sobre o nivel do mar

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea da Revista Muy Interesante/Wikipedia

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? XIV

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? XIV

Mapa físico de España / Imaxe:tuexperto.com

A resposta á pregunta do día anterior é ISRAEL, XORDANIA E PALESTINA. O mar Morto é famoso pola cantidade de sal que acumula. Precisamente, o seu nome deriva do feito de que as súas augas son entre 6-7 veces máis salgadas que calquera océano. Debido a esta esaxerada cantidade de sal non existen animais acuáticos, aínda que si bacterias e algas.

E imos coa pregunta de hoxe...

13. Cal é o río máis longo de España?

- Douro

- Texo

- Ebro

- Miño

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea da Revista Muy Interesante/Wikipedia