Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? XIII

¿Qué países baña el mar Muerto?

 

A resposta á pregunta do día anterior é TANZANIA. Dodoma é a capital de Tanzania e tamén a terceira cidade máis grande do país africano, sendo a cidade máis poboada Dar es-Salam.  Dodoma significa "afundiuse".

E imos coa pregunta de hoxe...

12. Que países baña o mar Morto?

- Exipto, Sudán e Eritrea

- Rusia, Irán e Azerbaián

- Israel, Xordania e Palestina

- Grecia e Turquía

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? XII

Dodoma es capital de...

 

A resposta á pregunta do día anterior é PRIMEIRO MERIDIANO. O meridiano cero, primeiro meridiano ou meridiano de Greenwich, é o meridiano desde o que se miden as lonxitudes do planeta e refírese á liña dentro dunha circunferencia imaxinaria que une os polos. "Cruza" pola localidade inglesa de Greenwich.

E imos coa pregunta de hoxe...

11. Dodoma é a capital de...

- Tanzania

- Nairobi

- Kinsasa

- Uagadugú

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? XI


¿Cómo se llama la línea imaginaria que separa el Polo Norte del Polo Sur?

 

A resposta á pregunta do día anterior é JERICÓ . Esta cidade situada preto do río Jordán, en Palestina, é a primeira cidade como tal da que se ten constancia. A cidade máis antiga do mundo tamén coincide coa zona na que os israelitas retornaron da escravitude en Exipto, dirixidos polo sucesor de Moisés, Josué.

E imos coa pregunta de hoxe...

10. Como se chama a liña imaxinaria que pasa polo centro do Polo norte e do Polo sur?

- Primeiro eixe

- Eixe central

- Meridiano global primario

- Primeiro meridiano

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? X

¿Sabes cuál es la ciudad más antigua del mundo?

 

A resposta á pregunta do día anterior é BANGLADÉS. Trátase dun país de Asia do Sur cuxo territorio se atopa rodeado case por completo pola India. A bandeira mostra un campo verde e un círculo vermello que representa ao sol sobre Bengala e o sangue dos heroes da independencia.

E imos coa pregunta de hoxe...

9. Sabes cal é a cidade máis antiga do mundo?

- Luxor

- Ur

- Biblos

- Jericó

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? IX

¿A qué país pertenece esta bandera?

 

A resposta á pregunta do día anterior é EN GRECIA. Esparta foi unha cidade grega situada ao sur da rexión do Peloponeso. Foi, xunto a Atenas e Tebas, unha ds polis máis famosas da Antiga Grecia. Os seus poboadores eran iniciados practicamente desde o berce na arte da loita, convertidos desde moi novas nos soldados máis letais do mundo antigo.

E imos coa pregunta de hoxe...

8. A que país pertence esta bandeira?

- Mongolia

- Palaos

- Bangladés

- Macedonia

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? VII

¿Dónde están las ruinas de Esparta?

 

A resposta á pregunta do día anterior é O RÍO VOLGA. Ten unha lonxitude de 3.690 km e un caudal medio de 8.000 m³/s.

E imos coa pregunta de hoxe...

7. Onde se atopan as ruínas de Esparta?

- En Grecía

- En Francia

- En Italia

- En Turquía

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? VI

El río más largo de Europa es...

 

A resposta á pregunta do día anterior é ILLAS CANARIAS E MARROCOS. A NASA publica habitualmente imaxes de distintas partes da Terra con gran calidade. Neste caso aparecen as illas Canarias e Marrocos.

E imos coa pregunta de hoxe...

6. Cal é o río máis longo de Europa?

- Texo

- Volga

- Támesis

- Ebro

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? V

¿Reconoces estos lugares vistos desde el espacio?

 

A resposta á pregunta do día anterior é SAHEL. A rexión saheliana de África ten unha forma de arco con 3.860 quilómetros e está situada xusto ao sur do deserto do Sahara. Cobre do norte de Senegal, o sur de Mauritania, Malí, Alxeria, Níxer, Chad, sur de Sudán e Eritrea. É unha das zonas máis pobres e conflitivas do mundo. Segundo a ONU, os 10 países máis pobres do mundo atópanse en África e a maioría deles acollen a un gran número de refuxiados.

E imos coa pregunta de hoxe...

5. Recoñeces istes lugares vistos dende o espazo?

- Italia

- Ceuta e Melilla

- Illas Seychelles

- Illas Canarias e Marrocos

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante