CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? X
A resposta á pregunta do día anterior é BANGLADÉS. Trátase dun país de Asia do Sur cuxo territorio se atopa rodeado case por completo pola India. A bandeira mostra un campo verde e un círculo vermello que representa ao sol sobre Bengala e o sangue dos heroes da independencia.
E imos coa pregunta de hoxe...
9. Sabes cal é a cidade máis antiga do mundo?
- Luxor
- Ur
- Biblos
- Jericó
Maná a solución e unha nova proposta.
FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante
0 comentarios