CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXII
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é Leonardo da Vinci. Nado en Anchiano, Toscana (República de Florencia), preto de Vinci, o 15 de abril de 1452 e finado en Amboise (Francia) o 2 de maio de 1519, foi un artista florentino e destacado polímata en diferentes eidos: foi pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico, icona do Renacemento italiano. La Gioconda ou Mona Lisa foi pintada entre 1503 e 1519. A pintura ao óleo en madeira exposta agora no Museo do Louvre en París é a maior atracción do museo. A Última Cea é unha pintura mural executada entre 1495 e 1497 que se atopa na parede sobre a que se pintou orixinariamente, no refectorio (comedor) do convento dominico de Santa Maria delle Grazie en Milán (Italia).
E imos coa pregunta de hoxe!
22. En que ano se declarou a independencia de Estados Unidos?
- 1786
- 1776
- 1796
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: es.wikipedia.org e youtube.com
0 comentarios