Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE CASTELA-A MANCHA? V

Continúo coa serie adicada a Castela-A Mancha, esa comunidade autónoma do interior de España,  famosa pola súa artesanía, polos monumentos únicos das súas cidades e por ser o escenario das aventuras do famoso personaxe literario Don Quixote da Mancha. 

A contestación correcta á pregunta de onte é 79.000 km2. Exactamente 79.409 km2. É a terceira autonomía máis extensa de España (superada por Castela e León con 94.227 km² e Andalucia con 87.599 km²), representando o 15,7 % do total peninsular.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é, aproximadamente, a poboación de Castela-A mancha?

- 1.200.000 habitantes

- 1.800.000 habitantes

- 2.100.000 habitantes

- 2.400.000 habitantes

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org e H. Fraile/abc.es

#DígochoEu: Non digas *a mar

*A mar non é correcto en galego pois non é feminino!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *conmigo

Nada de *conmigo! Atención aexplicación de Esther sobre os rronomes persoais que integran a preposición con.

#DígochoEu

CANTO SABES DE CASTELA-A MANCHA? IV

Continúo coa serie adicada a Castela-A Mancha, esa comunidade autónoma do interior de España,  famosa pola súa artesanía, polos monumentos únicos das súas cidades e por ser o escenario das aventuras do famoso personaxe literario Don Quixote da Mancha. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Toledo. A capital e o máximo órgano executivo e lexislativo da Comunidade ten a súa sede en Toledo, e Albacete, é sede do máximo órgano xudicial.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é, aproximadamente, a extensión de Castela-A Mancha?

- 69.000 km2

- 79.000 km3

- 89.000 km2

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: mapas-mundo.com e es.dreamstime.com

CANTO SABES DE CASTELA-A MANCHA? III

Continúo coa serie adicada a Castela-A Mancha, esa comunidade autónoma do interior de España,  famosa pola súa artesanía, polos monumentos únicos das súas cidades e por ser o escenario das aventuras do famoso personaxe literario Don Quixote da Mancha. 

A contestación correcta á pregunta de onte é 5. A saber: Albacete, Cidade Real, Cuenca, Guadalaxara e Toledo.

E imos coa pregunta de hoxe!

3.Cal é a capital da Comunidad de Castela-A Mancha?

- Albacete

- Toledo

- Talavera da Reina

- Almansa

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE. es.wikipedia.org     Imaxes: es.wikipedia.org e turismodebienestar.com

CANTO SABES DE CASTELA-A MANCHA? II

Continúo coa serie adicada a Castela-A Mancha, que onte comezamos. Esa comunidade autónoma do interior de España, famosa pola súa artesanía, polos monumentos únicos das súas cidades e por ser o escenario das aventuras do famoso personaxe literario Don Quixote da Mancha. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Limita ao norte coas comunidades autónomas de Castela e León e a Comunidad de Madrid, ao oeste coa de Estremadura, ao leste coas de Aragón e a Comunidade Valenciana, e ao sur coas da Región de Murcia e Andalucía. O seu peculiar nome indica que esta rexión é «a parte de Castela ao redor da comarca da Mancha», establecendo para iso unha similitude co tradicional nome de Castela a Nova (rexión predecesora que incluía tamén á provincia de Madrid).

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cantas provincia forman a Comunidade de Castela-A Mancha?

- 4

- 5

- 6

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: mapasdeespapaña.com e laguaridademimaestro.blogspot.com

#DígochoEu: As lambetadas dan moito xogo en galego

Como se chamara a quen come as lambetadas?

#DígochoEu

CANTO SABES DE CASTELA-A MANCHA?

Castela-A Mancha, comunidade autónoma do interior de España, é famosa pola súa artesanía, polos monumentos únicos das súas cidades e por ser o escenario das aventuras do famoso personaxe literario Don Quixote da Mancha. 

Pero… canto coñeces de Castela-A Mancha? Queres descubrilo? Si?

Pois empezamos!

1. Castela-A Mancha atópase situada na parte central da península ibérica, ocupando a maior parte da submeseta sur. Pero cales son os seus límites?

- Limita ao norte coa comunidade autónoma de Castela e León, ao oeste coa de Estremadura, ao leste coas de Aragón e ao sur coas da Región de Murcia.

- Limita ao norte coas comunidades autónomas de Castela e León e a Comunidad de Madrid, ao oeste coa de Estremadura, ao leste coa Comunidade Valenciana, e ao sur con Andalucía.

- Limita ao norte coas comunidades autónomas de Castela e León e a Comunidad de Madrid, ao oeste coa de Estremadura, ao leste coas de Aragón e a Comunidade Valenciana, e ao sur coas da Región de Murcia e Andalucía.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: muyinteresante.com e es.wikipedia.org