Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE ISLANDIA? XV

Continúo coa serie adicada a Islandia, esa illa europea situada no océano Atlántico, coñecida pola súa impresionante paisaxe volcánica, glaciares e auroras boreais. País cunha poboación relativamente pequena, onde a enerxía renovable e o turismo son piares importantes da súa economía.

A contestación correcta á pregunta de onte é NON. Islandia non é membro da Unión Europea, pero si forma parte do Espazo Económico Europeo (EEE). O EEE permite a Islandia participar no mercado interior da UE, beneficiándose da libre circulación de persoas, mercadorías, servizos e capitais. Aínda que Islandia solicitou a adhesión á UE en 2009, as negociacións interrompéronse e actualmente non hai plans para retomalas.

 E imos coa pegunta de hoxe e última da serie!

15. Cando os primeiros humanos chegaron a Islandia atoparonse con…

- 1. Lagartos

- 2. Ras

- 3. Raposos polares

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: saberpractico.com, es.wikipedia,org e vertebradosibericos.org

CANTO SABES DE ISLANDIA? XIV

Continúo coa serie adicada a Islandia, esa illa europea situada no océano Atlántico, coñecida pola súa impresionante paisaxe volcánica, glaciares e auroras boreais. País cunha poboación relativamente pequena, onde a enerxía renovable e o turismo son piares importantes da súa economía.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2. Halla Tómasdóttir (Reikiavik, 11 de octubre de 1968) é unha empresaria e política islandesa que ocupa o cargo de Presidenta de Islandia desde 2024.

E imos coa pegunta de hoxe!

14. Islandia forma parte da Unión Europea?

- SI

- MON

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: es.wikipedia.org e educativo.ign.es

#DígochoEu: Como se di 'carrilleras de ternera estofadas'?

E logo que pensabas? Ao #DígochoEu tamén nos chegan dúbidas relacionadas con vodas, bautizos e comuñóns!

#DígochoEu

#DígochoEu Moito ollo con arroxar!

En galego temos o verbo ’arroxar’, pero moito ollo co seu significado!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ISLANDIA? XIII

Continúo coa serie adicada a Islandia, esa illa europea situada no océano Atlántico, coñecida pola súa impresionante paisaxe volcánica, glaciares e auroras boreais. País cunha poboación relativamente pequena, onde a enerxía renovable e o turismo son piares importantes da súa economía.

A contestación correcta á pregunta de onte é República Parlamentaria. A forma de goberno de Islandia é a de república parlamentaria. A actual república proclamouse o 17 de xuño de 1944. Desde o 1 de decembro de 1918, e ata ese día, Islandia fora un estado soberano baixo a coroa danesa. Tras o referendo constitucional celebrado en maio dese ano, ocorrido mentres Dinamarca atopábase ocupada por Alemaña, aprobouse a independencia definitiva. O parlamento islandés, chamado Althing, foi creado no ano 930, polo que considérase o máis antigo do mundo.

E imos coa pegunta de hoxe!

13. Cal é a Presidenta de Islandia?

- 1

- 2

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Como se di *rodillera?

Se *rodilla é incorrecto en galego, *rodillera tamén! Esther resólvenos a dúbida!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ISLANDIA? XII

Continúo coa serie adicada a Islandia, esa illa europea situada no océano Atlántico, coñecida pola súa impresionante paisaxe volcánica, glaciares e auroras boreais. País cunha poboación relativamente pequena, onde a enerxía renovable e o turismo son piares importantes da súa economía.

A contestación correcta á pregunta de onte é 8. O país divídese en 8 rexións, 6 circunscricións, 23 condados e 79 municipios.

E imos coa pegunta de hoxe!

12. Cal é a forma de gobernó de Islandia?

- Monarquía

- República Parlamentaria

- Ditadura

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Seguro que sabes o que é o castrapo?

No TikTok do #DígochoEu un seguidor tiña dúbidas co castrapo. Seguro que sabes o que é?

#DígochoEu