CANTO SABES DA REXIÓN DE MURCIA? XIV (FIN)
Remato coa serie adicada á Rexión de Murcia, tamén coñecida como o “Xardín de Europa”. Destacamos as súas reservas mariñas, praias paradisíacas, pinturas rupestres, vestixios romanos, tradicións únicas, chans fértiles e as terras de cultivo que se estenden en todas direccións dan lugar a marabillosos froitos, apreciados nos seus pratos irresistibles, e unha natureza envexable.
A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie é Nino Bravo. Luis Manuel Ferri Llopis, coñecido artisticamente como Nino Bravo, nado en Aielo de Malferit (Valencia) o 3 de agosto do 1944 e finado en Villarrubio (Cuenca) o 16 de abril de 1973, foi un cantante español.
O resto de fuguras son murcianos: Calor Alcaraz (El Palmar, Murcia; 5 de maio de 2003) e Alejandro Valverde (Las Lumbreras, Murcia, 25 de abril de 1980).
E así remato esta serie, esperando que servise para coñecer algo mellor esta comunidade autónoma.
Ata a próxima serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: open.spotify.com
0 comentarios