Blogia
vgomez

DOCENCIA

TRABALLOS ESCOLARES: QUÍMICA

TRABALLOS ESCOLARES: QUÍMICA

Inminentemente comenzaremos cunha parte nova dentro das CCNN: A Química. Para esta parte propóñovos unha páxina interactiva que pode ser moi útil, non só para o temario propiamente dito, senón como fonte de información para traballos escolares relacionados cos elementos químicos. Esta páxina é www.ptable.com. Se queres darlle un vistazo e ver as posibilidades que ofrece pincha en Taboa Periódica. Tamén tela permanentemente en ENLACES co mesmo nome.

DIABETE

DIABETE

Onte, 14 de novembro, celebrouse o Día Internacional da Diabete, baixo o lema Entenda a diabete e tome o control , sendo un dos obxectivos desta conmemoración remarcar a importancia da educación e facer un chamamento a todos os Gobernos para que poñan en marcha estratexias e políticas efectivas para a prevención e o control da diabete.

Pero que é a diabete?

A diabete é unha enfermidade producida por unha alteración do metabolismo, caracterizada polo aumento da cantidade de glucosa no sangue e pola aparición de complicacións microvasculares e cardiovasculares que incrementan substancialmente os danos noutros órganos e a mortalidade asociada coa enfermidade e reduce a calidade da vida das persoas afectadas.

Dos diferentes tipos de diabete destacamos dous:

  • Diabete Tipo 1: Resultado da destrucción das células do páncreas que producen a insulina (células beta) e que predispoñen a unha descompensación grave do metabolismo chamada cetoacidosis. É máis típica en personas xóvenes (por debaixo dos 30 anos).

  • Diabete Tipo 2: Caracterizada pola resistencia á insulina que pode estar asociada ou non cunha deficiencia de insulina e que pode estar presente con muo poucos síntomas durante moito tempo. Esta forma é máis común en persoas maiores de 40 anos aínda que cada vez é máis frecuente que apareza en suxeitos máis xóvenes.

 

Entre un 5 e un 10 % da poboación ten diabeté, pero o peor é a cantidade de xente que descoñece se é ou non é diabético. Cunha simple análise de sangue sairiamos da dúbida. Se tes pais ou avós diabéticos deberías consultalo. Os cambios de hábitos na nosa dieta diaria tamén poden axudar.

Se queres ampliar esta información pincha no seguinte gráfico interactivo: DIABETE

Fonte: Ministerio de Sanidade e El Mundo.es

AS ESTACIÓNS

 

Este vídeo pretende contribuír ao mellor entendemento do fenómeno das estacións, que xurden como consecuencia do movemento de translación da Terra ao redor do Sol, xunto coa inclinación do eixe terrestre, que nestes días estivemos tratando en clase.

Espero que sexa útil.

A LÚA

 

É o único satélite da Terra. O seu aspecto é gris, frío, cunha superficie rochosa salpicada de cráteres, causados polos impactos de meteoritos. Non ten atmosfera. É un satélite enorme para o noso planeta (un radio de 1.738 km e unha masa de 7,35 . 1022 kg). Atópase a 384.000 km. Completa unha volta ao redor da Terra cada 27,32 días, o mesmo tempo que invirte en dar unha volta sobre o seu propio eixe (inclinado 5º 8´13´´). Provoca importantes fenómenos como son as mareas e as eclpises.

Neste vídeo profundizameos algo máis sobre A LÚA.

TSUNAMI NAS ILLAS DE SAMOA E TONGA

TSUNAMI NAS ILLAS DE SAMOA E TONGA

Esquema dun maremoto (Wikipedia)

Un tsunami golpeou onte as illas de Samoa Occidental, Samoa Americana e Tonga (Localizadas en Oceanía, illas no océano Pacífico sur, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Nueva Zelanda). A orixe é un terremoto entre 7,9 e 8,3 graos de magnitude na escala de Richter, o que deu lugar a ondas de ata 6 m que romperon sobre as súas costas. Segundo os primeiros datos, ao menos 113 persoas morreron, pero esta cifra irase incrementando co paso das horas e dos días.

Un tsunami é unha onda ou grupo de ondas de gran enerxía que se producen cando algún fenómeno extraordinario (neste caso un terremoto) despraza verticalmente unha grande masa de auga, evidentemente moi superior as que orixina o vento nas ondas superficiais. Tamén se chaman maremotos ou maremotos tectónicos. No gráfico superior podes clarificar a definición.

 

KALIPEDIA

KALIPEDIA

Kalipedia é unha enciclopedia on-line, orientada ao ámbito educativo de secundaria. Comenzou o 16 de outubro de 2007 e foi creada polo Grupo Santillana. Nela podes obter información das seguintes materias: Artes, Ciencias Naturais, Xeografía, Historia, Tecnoloxía, Lingua e Literatura Castelá, Matemáticas e Pensamento, Relixión e Cultura. Conta tamén cun apartado de diccionarios.

Dende hoxe tes un ENLACE para poder consultala cando precises. Agora se a queres coñecer pincha en KALIPEDIA

Penso que che pode ser moi útil para todos os cursos de secundaria.

MAGNETOSFERA

MAGNETOSFERA

A magnetosfera é a capa máis exterior e grande da atmosfera terrestre: comenza a unha altura de 500 km e exténdese cara ao espazo exterior ata os 60.000 km. Este campo magnético terrestre xérase no interior da Terra, que actúa como unha dinamo: ao xirar o planeta, o núcleo de ferro fundido produce un movemento de partículas cargadas, convertíndose nunha especie de imán xigante co seu campo e os seus polos magnéticos.

Ten un papel ambiental moi importante, xa que protexe á atmosfera máis próxima á Terra da radiación iónica. Trátase da mesma forma de radiación perigosa que irradian algúns elementos radiactivos como o uranio. Sen a magnetosfera a radiación iónica destruiría toda a vida da superficie da Terra.

Se queres saber algo máis sobre este tema pinche en MAGNETOSFERA

COMENZO DO VERÁN

COMENZO DO VERÁN

Mañá, domingo 21 de xunio de 2009, ás 07 h 46 min hora oficial peninsular, comenza o verán no hemisferio Norte, segundo o convenio astronómico. Esta estación, que é a máis longa do ano dende hai algúns séculos, durará 93 días e 15 horas. O outono iniciarase o día 22 de setembro.

Ao longo do verán haberá tres eclipses: 7 de xullo (penumbral de Lúa, visible só en Australia e rexións do Pacífico e América) , o 22 de xullo (total de Sol, visible só na metade oriental de Ásia e no Pacífico) e o 6 de agosto (penumbral de Lúa, visible en España, entre a 1 e as 4 da madrugada).