Blogia
vgomez

DOCENCIA

PRESENTADA MODELO AULA ABALAR

PRESENTADA MODELO AULA ABALAR

A Consellería de Educación vén de amosar aos directores dos centros nos que se vai implantar este curso 2010/2011 o Proxecto ABALAR, entre os que se atopa o noso IES, un modelo de aula totalmente equipado cos materiais contemplados neste plan. Nun acto informativo celebrado no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira, explicou aos membros da comunidade educativa o funcionamento destas aulas, que puideron comprobar in situ grazas á exposición instalada.

A aula que puideron visitar estaba dotada dun encerado dixital, un carriño de carga para os ultraportátiles e un ordenador para o profesor. Así mesmo estaban colocadas nas mesas modelos dos ultraportátiles que utilizarán as alumnas e alumnos, todos eles de última xeración e, con pantalla táctil, e unha resolución equivalente á das pantallas de 11,6 polgadas. Ademais, os asistentes puideron comprobar o uso destes netbooks como tablet PC, unha das características que converte aos equipos que vai ofrecer o ABALAR nun referente de calidade.

Ao fin da visita o director xeral de Educación amosouse satisfeito pola acollida que tivo a instalación entre os membros da comunidade educativa, mostra que anticipa que "o esforzo que está a facer a Consellería para a impantación das TIC no sistema educativo galego gozará de seguro dun recoñecido éxito".

FONTE: Consellería de Edicación e O. Universitaria

PROXECTO ABALAR

PROXECTO ABALAR

Un dos Centros escollidos para poñer en marcha o próximo curso en 1º de ESO o PROXECTO ABALAR foi no noso IES.

Pero que é o Proxecto Abalar?

O proxecto ABALAR ten a súa orixe na palabra celta "Abal", que significa mazá, a froita da sabedoría, e no termo galego "Abalar" para transmitir a mensaxe de promover e facilitar o movemento, o cambio e a transformación na educación.

ABALAR é o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 

ABALAR inclúe e integra todas as iniciativas no ámbito educativo, xuntando os esforzos cara á modernización e mellora da educación como parte da estratexia transversal do Goberno galego de promoción das TIC a todos os sectores da actividade, recollida no marco da iniciativa de modernización egoberno2013.

ABALAR recolle, suma e incrementa os recursos existentes para acadar a resposta integral e de futuro do Goberno galego aos retos que presenta a educación dos nosos nenos na sociedade dixital do século XXI.

ABALAR organizará os recursos existentes cara a acadar o aproveitamento efectivo dos contidos dixitais existentes nas redes nuns centros educativos cada vez máis preparados tecnoloxicamente.

ABALAR é unha estratexia educativa global e integradora, definida con obxectivos claramente determinados para maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das competencias da nosa cidadanía, que coordina e impulsa un cambio de modelo educativo en Galicia apoiado na formación do profesorado e na modernización do ensino.

O proxecto ABALAR persegue un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de mellorar a súa eficiencia nun proceso de modernización, integrando as tecnoloxías da información e da comunicación en todos os ámbitos educativos

O proxecto busca maximizar o aproveitamento dos recursos, coordinar e impulsar un cambio no modelo educativo apoiado na formación do profesorado e a modernización do ensino que suporá a conversión dos colexios e institutos galegos en centros educativos dixitais.

O proxecto ABALAR, liderado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, levará a cabo un proceso de cambio no que converxerán de forma coordinada e aliñada os seguintes eixos sobre os que se desenvolve o proxecto:

  • Equipamento e infraestruturas.
  • Contidos educativos.
  • Fomento da cultura dixital.
  • Integración e participación.

A estratexia do proxecto ABALAR xira arredor do concepto de centro educativo dixital. O centro educativo dixital supera o concepto de centro educativo tradicional e persegue dispor de recursos humanos e pedagóxicos, así como de infraestruturas e servizos axeitados para o uso cotián da tecnoloxía por parte de todos os axentes da comunidade educativa, na actividade docente, de aprendizaxe e administrativa.

 

Se queres profundizar máis sobre este proxecto pincha en Presentación do proxecto ABALAR.

FONTE: Consellería de Educación e O. Universitaria

PLAN GALEGO DE POTENCIACIÓN DAS LINGUAS ESTRANXEIRAS

PLAN GALEGO DE POTENCIACIÓN DAS LINGUAS ESTRANXEIRAS

Máis de 40.000 alumnas e alumnos  galegos de Primaria e da ESO terán mellorado no curso 2012/ 2013 as súas competencias lingüísticas grazas ao Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras, aprobado este xoves polo Consello da Xunta. Este proxecto, que dá resposta aos 'Obxectivos de Lisboa' en materia de aprendizaxe de linguas, establecidos pola Unión Europea, suporá un investimento de máis de 51,5 millóns de euros nesta lexislatura. Deste xeito, e malia á crise económica actual, o Goberno galego demostra a súa decidida aposta e compromiso coa aprendizaxe doutros idiomas, cunha estratexia pensada ata o ano académico 2012/2013.

O Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras suporá incrementar en preto de 29.000 o número de alumnas e alumnos galegos que terán estudado materias non lingüísticas en inglés –en centros plurilingües e seccións bilingües-, respecto dos que o facían no curso 2008/2009.

O alumnado adquirirá as competencias lingüísticas necesarias nos 160 primeiros centros plurilingües que se van crear, e nas 1.800 seccións bilingües con que contarán os centros educativos de Galicia de aquí ao ano 2013, co que se incrementará nun 150% as que existían ao inicio da lexislatura. Así, o 20% da poboación escolar de Primaria e da ESO que estuden no 2012/2013 en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia tería cursado ensinanzas nas seccións bilingües e centros plurilingües, grazas ao Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras.

Por outra banda, no período 2009/2013 posibilitarase a formación de arredor de 6.600 profesionais dos distintos eidos laborais noutros idiomas para desenvolveren con éxito o seu traballo. Así mesmo, a Consellería de Educación demostra o seu apoio ao profesorado, permitindo o acceso a cursos ata a 13.000 docentes, nun itinerario formativo para desenvolveren as súas clases en linguas estranxeiras.

Eidos de actuación

Para conseguir os obxectivos do Plan, a Consellería de Educación vai pór en marcha ata 15 medidas diferentes, coas cales vai actuar sobre factores clave do sistema educativo galego. Medidas que van incidir sobre varios eidos. Sobre os centros educativos, coa creación de centros plurilingües, o incremento e mellora de seccións bilingües, ou a ampliación da oferta das escolas oficiais de idiomas.

Respecto do profesorado, con itinerarios formativos dirixidos aos docentes, colectivo fundamental que tamén vai adquirir as devanditas competencias en linguas; en canto ao alumnado, a través tamén de formación e estadías en ámbito lingüístico; e sobre os colectivos profesionais. Todos eles poderán, ademais, acreditar as competencias adquiridas nos itinerarios formativos nas escolas oficiais de idiomas e/ou en institucións de recoñecido prestixio.

Por outra banda, O Plan Galego de Potenciación de Linguas Estranxeiras contempla un seguimento transversal para avaliar o seu funcionamento, velando sempre pola utilidade dos investimentos públicos.

Reforzo das EEOOII

Ademais da devandita creación de centros plurilingües e incremento das seccións bilingües, o Plan reforzará as escolas oficiais de idiomas, centros en que o profesorado poderá seguir itinerarios formativos para mellorar as súas competencias lingüísticas e posteriormente acreditalas, ben sexa a través das propias EEOOII, ou a través doutras institucións de recoñecido prestixio.

Co fin de prestar un mellor servizo nestes centros, Educación vai ampliar a oferta destes centros tanto en ensinanzas regradas, con máis grupos, como con novas seccións, o vindeiro curso en Nigrán e Negreira.

Auxiliares de conversa

A Consellería de Educación apoiará o profesorado e o alumnado dos centros plurilingües e as seccións bilingües con auxiliares de conversa nativos da lingua estranxeira correspondente. Entre eles, os centros contarán tamén coa figura dos mestres xubilados, que desenvolverán o seu labor de apoio basicamente nos centros do medio rural.

Así, ao final da lexislatura a Consellería prevé ter á disposición dos devanditos centros máis de 450 destes auxiliares. Xa no vindeiro curso haberá máis de 200 destes auxiliares, o que supón un incremento do 201% respecto dos que había no curso 2008/2009.

Itinerarios formativos

Para a construción dun itinerario formativo dirixido aos docentes, o Plan contempla, ademais de actuacións nas EEOOII, adquisición de competencias a través dos cursos para a formación complementaria da aprendizaxe de linguas estranxeiras (programa CUALE), e do Programa de Apoio ao Ensino e Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PALE).

Ademais, os docentes poderán mellorar a súa formación mediante as estadías en ámbitos lingüísticos, das cales se beneficiarán máis de 3.500 docentes ata 2013. Respecto do alumnado, as devanditas accións completaranse mediante o programa CUALE, que proporciona formación complementaria para a aprendizaxe das linguas estranxeiras, ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional; e con estadías formativas en ámbito lingüístico, ben no estranxeiro, ben nos coñecidos como ‘pobos ingleses’ –‘English Town’. Esta iniciativa consiste na convivencia dos escolares con profesores de inglés nun enclave galego, durante a que só falarán nesta lingua estranxeira.

O compromiso da consellería con este itinerario formativo quedou xa de manifesto coa nova convocatoria de estadías, xa que este ano a convocatoria beneficiará 3.077 estudantes, un 16% máis respecto do curso pasado. Ademais, por primeira vez este ano non só se realizarán as actividades entre xuño e agosto, senón que tamén se desenvolverá unha quenda no mes de setembro, o que permitirá aos nenos e nenas galegos participaren no sistema educativo de Irlanda –os estudantes da ESO- ou Canadá –no caso dos de Bacharelato-, e compartiren as experiencias dos estudantes deses países.

Investimento

O Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras forma parte da estratexia do Goberno galego para garantir unha educación de calidade. Por iso, e malia a crise económica, a Consellería de Educación vai dedicar a novas medidas para a mellora das competencias lingüísticas dos galegos máis de 51,5 millóns de euros.

Así, investiranse 2,3 millóns de euros en cursos para docentes e profesionais nas EEOOII, e outros máis de 19 millóns de euros en diferentes accións para a formación dos docentes. Ademais, respecto do alumnado, destinaranse case 4 millóns de euros á creación de novos centros plurilingües e seccións bilingües, e case 20 millóns para estadías para que as alumnas e alumnos melloren as súas competencias lingüísticas.

Deste xeito os maiores incrementos do Plan ata 2013, pola novidade das accións, irán parar á creación de centros plurilingües e seccións bilingües, e a apoialas con auxiliares de conversa; liñas, por certo, todas elas contempladas nas accións do Consello de Europa.

Os investimentos máis fortes irán dirixidos á creación de centros plurilingües e á mellora da formación do profesorado e do alumnado en ámbitos lingüísticos, así como á mellora das escolas oficiais de idiomas.

FONTE: Consellería de Educación e O. Universitaria.

GAS NATURAL

GAS NATURAL

Cada día é máis empregado nas cidades, chegando ás nosas casas por tubaxes similares as da auga, para uso doméstico (cociña, calefacción, auga quente). Nestes últimos días acaba de sufrir unha subida na tarifa de prezos. Estou a falar do gas natural. Pero que é o gas natural?

O gas natural é unha fonte de enerxía non renovable formada por unha mestura de gases (composto principalmente por metano e outros gases como nitróxeno, CO2, H2S, helio e mercaptanos) que se atopa frecuentemente en xacementos de petróleo, disolto ou asociado con el, ou en depósitos de carbón.

Se queres profundizar sobre este tema, aquí tes unha infografía da revista Consumer:Gas Natural

TUBERCULOSE

 

Hoxe celébraseo DÍA INTERNACIONAL DA TUBERCULOSE. Esta vella enfermidade segue a causar moitos problemas, diagnosticándose uns 10 millóns de casos cada ano no mundo, e concretamente en España 13.000 casos.

Coa celebración deste "día" preténdese alertar á poboación, a non baixar a garda, xa que as primeiras semanas de tratamento son fundamentais para evitar contaxios.

Este vídeo recolle a historia da loita contra esta enfermidade. Ser queres completar a información pincha AQUÍ.

CENTRAIS NUCLEARES I

CENTRAIS NUCLEARES  I

 

Central nuclear de Ascó (Tarragona)

Xa non é a primeira vez que tratamos neste blog o tema da enerxía nuclear, pero nas últimas semanas volve a palestra con motivo das candidaturas ao emprazamento deo almacén temporal centralizado (ATC).

En España existe xa un cemiterio nuclear de residuos radiactivos, situado na serranía cordobesa de Hornachuelos, e que ten unha vida útil ata o ano 2018. O cemiterio de media e baixa actividade de El Cabril recibíu durante 2002 case 2.000 m3 de residuos, co que xa están cheas 12 das súas 28 celas de almacenamento baixo terra.

Hai moito debate, e é preciso clarificar ben o tema polo que iniciamos hoxe unha exposición en 2 partes: Unha primeira sobre que é a enerxía nuclear e unha segunda, o próximo día, sobre vantaxes e prexuízos deste tipo de enerxía.

1ª PARTE: QUE É A ENERXÍA NUCLEAR?

As centrais nucleares son instalacións nas que se producen reaccións nucleares de fisión nuclear controladas (neutróns son lanzados a gran velocidade contra os núcleos atómicos, normalmente de uranio, dividíndoos) para obter enerxía  térmica (vapor), que  a súa vez moverá unha turbina  conectada  a un xerador  para producir electricidade.

As centrais nucleares que hai en España son:

 

Nome Provincia Potencia1 Ano
Almaraz I Cáceres 944 1981
Almaraz II Cáceres 956 1983
Ascó I Tarragona 995 1983
Ascó II Tarragona 997 1985
Cofrentes Valencia 1064 1984
José Cabrera (Zorita)2 Guadalajara 141 1968
Sta. María Garona Burgos 446 1971
Trillo I Guadalajara 1003 1988
Vandellós I3 Tarragona 480 1972
Vandellós II Tarragona 1045 1987


1 Potencia neta en MWe.
2 Recentemente parada.
3 En fase de desmantelamento.

FONTE: PRIS

Parece moi sinxelo, pero imos velo mellor coas imaxes interactivas da seguinte infografía de consumer.es, pinchando en ENERXÍA NUCLEAR.

EDUCACIÓN VIAL - SECUNDARIA

EDUCACIÓN VIAL - SECUNDARIA

Na Educación Secundaria Obrigatoria os obxectivos da Educación Vial pretenden profundizar no estudo do entorno e inculcar aos alumnos-as o sentido da responsabilidade. Nun primeiro momento referido á conducción de bicicletas e ciclomotores, para inicialos, posteriormente, na aprendizaxe das normas, sinais e consellos relativos a súa conducción, xa que non se debe olvidar que os mozos-as desta etapa son usuarios habituais destes vehículos.Tamén se traballará no coñecemento das primeiras medidas a practicar en caso de accidente.

 O tratamento é interdisciplinar, abarcando as diferentes áreas desta etapa, prestando especial atención a: "Educación para a cidadanía e os dereitos humanos", "Educación ético-cívica" e incluso "Actividades Complementarias-ACES".

Para axudarvos a adquirir estes obxectivos poñemos á vosa disposición  esta ferramenta, este material interactivo, que a DGT (Dirección General de Tráfico) dispón:

-De 12 a 16 anos.

-De 16 a 18 anos.

- Máis de 18 anos.

É un espazo para combinar o real co virtual, a información coa aplicación, a diversión coa seguridade. Unha vía para desprazarte pola información que precises cando e como ti decidas, coas múltiples posibilidades, tanto de acceso como de encontro, e o mellor, sen distancias.

Pincha, aprende e divírtete!

INVERNO

INVERNO

 

Hoxe, luns 21, ás 18 horas e 47 minutos entra oficilamente o inverno no hemisferio norte (no que España se atopa). Esta estación durará ata o 20 de marzo de 2010 (88 días e 23 horas). No hemisferio sur comenza o verán.

Esta estación sucede no denominado solsticio de inverno (sol quieto), posición do punto da eclíptica no que o Sol acada a súa posición austral, acadando a a súa máxima declinación Sur (-23º 27´) e segue así case sen moverse varios días (sol quieto).