Blogia
vgomez

DOCENCIA

O SON

 

Estivemos estes días en clase falando do SON, que consiste na propagación da vibración dos corpos a través dun medio material (gasoso, líquido ou sólido).

Neste vídeo peténdese recordar as ideas básicas, a modo de repaso, así como un coñecemento gráfico do sentido do oído. Espero que sexa útil.

MINERAIS E ROCHAS

 

Estes días estivemos tratando en clase este mundo fascinante dos minerais e das rochas. Como recordaredes as rochas son agredasos de minerais, e estes, os mineris, son elementos ou compostos químicos que se orixinaron nun proceso terrestre.

Nestes vídeos podedes repasar e ver algo máis sobre este tema e clarificar os distintos tipos de rochas, así como o ciclo das mesmas.

FERRAMENTAS: OS ELEMENTOS DA VIDA

FERRAMENTAS: OS ELEMENTOS DA VIDA

"Os elementos da vida" (Autor: José Carlos Vázquez Martínez. Premio Siega 2005)

Esta ferramenta ou recurso que hoxe propoño achega coñecementos de ciencias da natureza, medio natural, bioloxía, xeoloxía e medios de produción enerxética dende o punto de vista das materias de Ciencias da Natureza e Ciencias da Terra e Medio Ambiente. Inclúe máis de 30 animacións e amenos textos explicativos, a partir de catro puntos principais: aire, auga, terra e luz.

Sería interesante que vos centrásedes no primeiro punto AIRE, xa que é o tema que estamos a tratar. Para coñecelo pincha en OS ELEMENTOS DA VIDA

 

FERRAMENTAS: APRENDER A ESTUDIAR

FERRAMENTAS: APRENDER A ESTUDIAR
Cada día estase constatando máis o fracaso escolar no que estamos implicados todos os sectores (profes, alumnos e pais). Dende aquí queremos tratar un problema co que se atopan moitos alumnos-as e que pais e profesores constantemente vemos : APRENDER A ESTUDIAR.
Na proposto de hoxe ofértase máis de 1000 consellos e máis 100 actividades para que os estudiantes aprendan a utilizar técnicas de estudio. Aínda que vai dirixido fundamentalmente a alumnos-as, tamén ten apartados para profesores e pais. É unha ferramenta facilitada polo Ministerio de Educación, Política Social e Deporte, dende o Isftic.
Penso que será de moita utilidade. Bótalle unha ollada pinchando en APRENDER A ESTUDIAR



ONDAS MACH

ONDAS MACH

Apréciase perfectamente os dous conos de Mach, un na proa e outro na popa. (Foto Grupo Anaya)

As ondas de choque ou ondas Mach (na honra de Ernst Mach, un físico austríaco que vivíu entre 1838 e 1916) son unhas variacións de presión que acompañan  a un avión (ou outro móbil) en todo o percorrido supersónico (cando se supera a velocidade do son, aproximadamente no aire de 340 m/s ou 1224 km/h).

Debido a esa alta velocidade, orixínase unha gran diferencia de presión entre a zona de aire inmediatamente diante do morro do avión, onde o aire se comprime, e a zona comprendida pola fuselaxe. Esa gran variación de presión, ao pasar a proa do avión por riba de nós, dá lugar a un forte estoupido (o son propágase mediante compresións e descompresións das partículas, ou sexa, variacións de presión). Ao pasar a popa ocorre igual, e óese un novo estoupido, aínda que ambos os dous  se producen cun intervalo de tempo tan pequeno que, xeralmente, só se aprecia un.

Neste tipo de velocidades emprégase como unidade o Mach. 1 Mach = 1224 km. Así se un avión vai a 3 Mach quere dicir que leva unha velocidade de 3 veces a velocidade do son, é dicir 1224 x 3 = 3672 km/h.

LEÓNIDAS

LEÓNIDAS

As Leónidas (Foto ESA)

As chuvias de meteoritos anuais son as das Perseidas (en agosto, chamadas tamén bágoas de San Lorenzo) e as Leónidas (en novembro).

Precisamente destas últimas, as Leónidas (entre o 14 e o 21 de novembro) acadan hoxe , día 18, o máximo explendor. Se o tempo o permite poderémolas ver en torno ao anoitecer e durante dúas ou tres horas máis. É imprescindible a noite escura, sen ter preto farolas. Hai unha dificultade pois a lúa entrou na fase de lúa chea o pasado día 14, e a súa luz impide ver con claridade eses meteoritos.

As Leónidas son anaquiños de materia cometaria pertencentes ao cometa 55P/Tempel-Tuttle que ao pasar polo interior do Sistema Solar, debido a interacción do vento solar fai que se active a superficie do cometa, saíndo despedidos ao espazo gases e materiais. Cando eses materiais penetran na atmosfera terrestre prodúcese ese fenómeno coñecido por chvia de estrelas.

¡Veremos que noite temos!

 

ENERXÍAS

 

A seguinte presentación trata de dar un repaso ás fontes de enerxía renovables e non renovables, vendo as vantaxes e inconvintes de casa unha delas.

¡Espero que serva para clarificar, se cabe, estes conceptos!

FASES DA LÚA E ECLIPSES

 

Existen moitas preguntas e dúbidas na clase sobre a diferencia entre as FASES DA LÚA E AS ECLIPSES.

Lembrade que as FASES DA LÚA son debidas ás posicións relativas do Sol, da Lúa e da Terra (pensemos que a Terra xira ao redor do Sol e sobre o seu propio eixe e a Lúa xira ao redor do seu propio eixe, ao redor da Terra e acompaña á Terra ao redor do Sol).

As ECLIPSES son fenómenos polo cal un astro queda oculto, total ou parcialmente, de forma temporal pola intersección doutro. Polo tanto é imprescindible que estén aliñados.

É aquí está a diferencia. En principio debería  haber unha  eclipse en cada LÚA CHEA(todos os meses), pero non é así debido a que a órbita da Lúa está inclinada respecto ao plano da eclíptica un ángulo de 5°08’13", polo que normalmente, en cada Lúa chea o noso satélite atópase un chisco por riba ou por debaixo do plano da órbita terrestre, polo que só se producen de un a dous eclipses cada año.

Do mesmo xeito estariamos falando das eclipses de Sol e a Lúa nova.

Na práctica as eclípse duran moi pouco tempo (durante o que suceden de seguido todas as fases) e as fases teñen unha duración de moitos días.

No seguinte vídeo podedes atopar contestación de forma visual a estas dúbidas.