Blogia
vgomez

DOCENCIA

BUGALLOS

BUGALLOS

Nestes días de paseo polos montes do Rosal atopei, en fase moi nova de crecemento tal como amosa a fotografía, dous bugallos, tamén coñecidos como cocas ou carrabouxos (do que toma o nome un gran humorista de viñetas do xornal  La Región de Ourense).

Aparecen nos carballos (querqus robur), fundamentalmente nas partes novas. En realidade é a forma que ten a planta de defenderse fronte a insectos, fundamentalmente avespas, que depositan os ovos baixo a súa casca.

O curioso é que dentro do bugallo a larva do insecto atopará o alimento e a prortección necesaria, quedando libre dos inimigos naturais. 

Moita xente confúndeos co froito. Non, o froito do carballo é a landra.

Co tempo cambian a cor, pasando a castaño  escuro. Hainos de moitos tamaños. Lembro que de cativo colliamos os máis pequenos para xogar ás bolas, a faltas das de cristal.

MENOS XEO NO ÁRTICO

MENOS XEO NO ÁRTICO

O ártico está apiques de acadar o máximo histórico de desxeo. Este é un feito que ven de ser confirmado polas imaxes do satélite Envisat difundidas esta semana pola Axencia Espacial Europea (ESA). Segundo o Centro Nacional de Datos sobre Neve e Xeo (NSDC) de Boulder (Colorado, EE.UU.), que monitorea día a día a rexión ártica, a capa de xeo ártico ocupa agora unha extensión de 5,2 millóns de quilómetros cadrados, só 430.000 máis que o ano pasado polas mesmas datas, e case 2 millóns de quilómetros cadrados menos que no período 1979-2000. Dado que o pico máximo de desxeo anual rexístrase sempre a mediados de setembro, alcanzar ou ata superar a perda do 2007 é máis que probable.

O paso do Noroeste, a ruta descuberta fai un século por Amundsen entre as illas máis próximas á costa este de Canadá que comunica o Atlántico e o Pacífico, é navegable desde hai semanas. Nos últimos días abriuse tamén a ruta máis directa e próxima ao Polo norte, pola canle de Parry e o estreito de McClure, que permanecía parcialmente selada polo xeo.

É a segunda vez en milenios que ocorre, sucedeu outra vez: fai só un ano.

FAUNA SALVAXE X : VICHELOCREGO

FAUNA SALVAXE X : VICHELOCREGO

Vichelocrego (Oriolus oriolus) Foto: JL Beamonte

O vicelocrego (Oriolus oriolus), tamén chamado ouriolo ou oureol, en castelán oropéndola,  é un paxaro típico dos veráns de Galicia, que vive nas grandes árbores de folla caduca. Ten un  tamaño mediano e unhas cores características;  o macho ten o corpo e parte do rabo amarelos e o resto negro e a femia verdosa coa parte inferior branca agrisada con pencas pardas.

A súa alimentación baséase en insectos e froita, especialmente figos e cereixas. Son tímidos e espantadizos.O seu nome procede do seu canto, unha longa frase (uilauiuuuu) que imita a palabra vichelocrego.

A súa clasificación científica é:

Reino: Animal               Filo: Cordados               Clase: Aves

Orde: Paseriformes      Familia: Oriólidas         Xénero: Oriolus

FAUNA SALVAXE IX

FAUNA SALVAXE IX

O moucho común (Athene noctua)

O moucho común (Athene noctua) é unha ave rapaz nocturna. É un bufo pequeno duns 23-27.5 cm. de lonxitude. As ás abertas miden uns 50 cm. Aínda sendo da orde das aves de rapina nocturnas, é activo tamén de día.

O moucho común prefire vivir en zonas abertas con algunhas zonas arboradas, incluíndo xardíns con árbores vellas e hortas de árbores froiteiras. Precisa territorios con presas abundantes, ocos para agacharse de día e puntos para espreitar. É unha ave sedentaria que é moi fiel ao territorio e mesmo á súa parella.

Caza, preferentemente á noitiña ou de noite, invertebrados grandes (como escaravellos, miñocas e grilos), ratos, paxariños e lagartos e cobras pequenos.

Reprodúcese desde abril a xuño en furados, naturais ou feitos polos petos, de árbores e tamén en ocos nas rochas ou mesmo en construcións humanas. Poñen, en xeral, de 3 a 5 ovos, que choca exclusivamente a femia, ocupándose o macho da súa alimentación.

En Galicia é común en todo o territorio aínda que sufríu unha notable diminución nos derradeiros 20 anos.

Clasificación científica:

Reino: Animal

Filo: Cordados

Clase: Aves

Orde: Estrixiformes

Familia: Strigidae

Xénero: Athene

Especie: Athene nocturna

FAUNA SALVAXE VIII

FAUNA SALVAXE VIII

Perdiz vermella (Alectoris rufa) Foto: A. Pallarés

A perdiz vermella era, ata non hai moito tempo, fácil atopala nos nosos montes e é precisamente o monte bruto, o bosque o que está acabando con ela. A falta de superficies limpas e os cultivos de trigo e centeo son os inimigos máis grandes. O seu cantar e o se colorido fana inconfundible.

Clasificación científica:

Reino: Animalia

Filo: Chordata

Clase. Aves

Orde: galliformes

Familia: Phasianidae

Xénero: Alectoris

Especie: Alectoris rufa

FAUNA SALVAXE VII

FAUNA SALVAXE VII

Liscancer (Chalcides chalcides)

 Eslizón tridáctilo en castelán, é  un pequeno e entrañable réptil que moitos confunden con unha serpe xa que as súas patas son proporcionalmente ridículas en comparación co seu tamaño. Ten tres dedos en cada pata e é ovovivíparo. Non é perigoso.

 

Clasificación Científica

Reino: Animalia

Filo: Chordata

Clase: Reptilia

Orde: Squamata

Suborde: Sauria

Familia: Scincidade

Xénero: Chalcides

Especie: Chalcides  Chalcides

 

VOLCÁN MERAPI

VOLCÁN MERAPI

Merapi en erupción. (Indonesia)

O Marapi é un volcán con forma de cono e atópase en Java Central en Indonesia a uns 400 km da capital Yakarta.Cos seus 2.911 metros de altitude, é o volcán máis activo de Indonesia.

FAUNA SALVAXE VI

FAUNA SALVAXE VI

Lebre (Lepus granatensis gallaecius)

Trátase dun animal típico dos nosos montes, preto ou non dos ríos. En tempos abondaba moito máis que hoxe. A caza, sen dúbida, afecta moitísimo a esta especie, aínda que os seus problemas principais son os incendios, o furtivismo, as pistas por todos os lados e as enfermidades.

Aínda se atopa en toda Galicia, pero en pouco número.

Clasificación científica:

Reino: Animalia

Filo: Chordata

Clase: Mammalia

Orde: Lagomorpha

Familia: Leporidae

Xénero: Lepus

Especie: Lepus granatensis

Subespecie: Lepus granatensis gallaecius