FAUNA SALVAXE X : VICHELOCREGO
Vichelocrego (Oriolus oriolus) Foto: JL Beamonte
O vicelocrego (Oriolus oriolus), tamén chamado ouriolo ou oureol, en castelán oropéndola, é un paxaro típico dos veráns de Galicia, que vive nas grandes árbores de folla caduca. Ten un tamaño mediano e unhas cores características; o macho ten o corpo e parte do rabo amarelos e o resto negro e a femia verdosa coa parte inferior branca agrisada con pencas pardas.
A súa alimentación baséase en insectos e froita, especialmente figos e cereixas. Son tímidos e espantadizos.O seu nome procede do seu canto, unha longa frase (uilauiuuuu) que imita a palabra vichelocrego.
A súa clasificación científica é:
Reino: Animal Filo: Cordados Clase: Aves
Orde: Paseriformes Familia: Oriólidas Xénero: Oriolus
0 comentarios