ONDAS MACH
Apréciase perfectamente os dous conos de Mach, un na proa e outro na popa. (Foto Grupo Anaya)
As ondas de choque ou ondas Mach (na honra de Ernst Mach, un físico austríaco que vivíu entre 1838 e 1916) son unhas variacións de presión que acompañan a un avión (ou outro móbil) en todo o percorrido supersónico (cando se supera a velocidade do son, aproximadamente no aire de 340 m/s ou 1224 km/h).
Debido a esa alta velocidade, orixínase unha gran diferencia de presión entre a zona de aire inmediatamente diante do morro do avión, onde o aire se comprime, e a zona comprendida pola fuselaxe. Esa gran variación de presión, ao pasar a proa do avión por riba de nós, dá lugar a un forte estoupido (o son propágase mediante compresións e descompresións das partículas, ou sexa, variacións de presión). Ao pasar a popa ocorre igual, e óese un novo estoupido, aínda que ambos os dous se producen cun intervalo de tempo tan pequeno que, xeralmente, só se aprecia un.
Neste tipo de velocidades emprégase como unidade o Mach. 1 Mach = 1224 km. Así se un avión vai a 3 Mach quere dicir que leva unha velocidade de 3 veces a velocidade do son, é dicir 1224 x 3 = 3672 km/h.
0 comentarios