CANTO SABES DE BULGARIA? VI
Continúo coa serie adicada a Bulgaria, un país situado ao sur de Europa, un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais da gran beleza de moitos dos seus lugares, e da importancia da natureza en todo o seu territorio, destaca pola súa gran riqueza cultural declarado parte do Patrimonio Cultural pola UNESCO.
A contestación correcta á pregunta de onte é aproximadamente, 7 millóns. Exactamente 6.774.850 habitantes. Fíxate na gráfica...
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Cal é o punto máis alto de Bulgaria?
- Mt. Botev
- Mt. Vihren
- Mt. Masula
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org e countrymeters.info Imaxes: countrymeters.info e es.wikipedia.org
0 comentarios