Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE OS PEIXES? II

Continúo co a serei, que onte comezamos, adicada aos peixes, eses animais vertebrados primariamente acuáticos, xeralmente ectotérmicos (regulan a súa temperatura para partir do medio ambiente) e con respiración por branquias. Adoitan estar recubertos por escamas, e están dotados de aletas, que permiten o seu movemento continuo nos medios acuáticos, e branquias, coas que captan o osíxeno disolto na auga.

A contestación correcta á pregunta de onte é Ictioloxía.  Esta é unha rama da zooloxía dedicada ao estudo dos peixes. Ata febreiro de 2022 describíronse ao redor de 34.800 especies. Estímase que cada ano identifícanse 100 especies novas.

E imos coa pregunta de hoxe!

2.  Cos seguintes termos elabora a clasificación zooloxíca dos peixes:

- Ágnatos

- Gnatóstomos

- Osteíctios

- Condrictios

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org e acuariosrd.com

#DígochoEu: As palabras máis amorosas do galego

Repasamos as palabras máis amorosas do galego!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *consuelo

En galego non temos *consuelo! Entón como se di?

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS PEIXES?

Os peixes son animais vertebrados primariamente acuáticos, xeralmente ectotérmicos (regulan a súa temperatura para partir do medio ambiente) e con respiración por branquias. Adoitan estar recubertos por escamas, e están dotados de aletas, que permiten o seu movemento continuo nos medios acuáticos, e branquias, coas que captan o osíxeno disolto na auga.

Queres averiguar o que sabes sobre eles? Si! Pois comezamos!

1.  A zooloxia é a rama da biolóxica que se encarga do estudo científico dos animais, pero cal é a especialidade da zooloxía que estuda especificamente aos peixes?

- Piscioloxía

- Ictioloxía

- Malacoloxía

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Sabes o que é 'esmoucar'?

Palabras chulas do galego: esmoucar. Sabes o seu significado? Atentos!

#DígochoEu

CANTO SABES DE XAMAICA? XIII (FIN)

Remato coa serie adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie é, Nairo Quintana. Nairo Alexander Quintana Rojas (Tunja-Boyacá, Colombia, 4 de febreiro de 1990), é un ciclista de ruta colombiano, profesional desde 2009. O esto da lista son todos xamaicanos.

E así remato esta serie esperando que axudase a coñecer algo mellor este país.

Ata a próxima serie!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *hacia

*Hacia é un castelanismo total! Entón como se di en galego?

#DígochoEu

CANTO SABES DE XAMAICA? XII

Continúo coa serie adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).

A contestación correcta á pregunta de onte é Cristiana. A relixión maioritaria en Xamaica é o cristianismo, e dentro del o protestante, dividido nas súas diferentes igrexas: Church of God (25,7%), Adventistas do Sétimo Día (12%), Pentecostal (11%), Baptista (6,7%), Anglicana (2,8%), Igrexa Unida de Cristo (2%), Metodista (1,6%), Testemuñas de Je-hová (1,9%). A relixión Católica Romana é profesada polo 2,2% da poboación.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

12. Nesta listaxe de famosos, hai un que non é xamaicano. Cal é?

- Usain Bolt

- Bob Marley

- Asafa Powell

- Nairo Quintana

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: es.wikipedia.org e Censo STATIN  Imaxes: icjamaica.org e es.wikipedia.org