Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non digas *tendedeiro

En galego non hai *tendedeiro! Entón como se di ese cordel ou arame, suxeito polos extremos, onde se pon a roupa a secar?

#DígochoEu

CANTO SABES DE XAMAICA? XI

Continúo coa serie adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).

A contestación correcta á pregunta de onte é Colibrí portacintas de pico vermello. Esta ave, da familia Trochilidae dos colibrís, é endémica de Xamaica, onde é a súa ave nacional e é chamado Doutor Bird. O seu nome científico é Trochilus polytmus.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cal é a relixión predominante en Xamaica?

- Musulmana

- Cristiana

- Rastafari

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org e elordenmundial.com

#DígochoEu: Tres galeguismos do castelán que en galego son incorrectos

Moito temos falado aquí dos castelanismos que hai que evitar cando falamos en galego, pero o castelán tamén ten moitos galeguismos! Esther fálanos de tres que son incorrectos en galego.

#DígochoEu

CANTO SABES DE XAMAICA? X

Continúo coa serie adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).

A contestación correcta á pregunta de onte é Monarquía constitucional parlamentaria. O sistema parlamentario de Xamaica baséase no modelo británico de Westminster e comparte moitas das súas características fundamentais. O lexislador que obtén o apoio da maioría da Cámara baixa (invariablemente, o líder do partido maioritario) é convidado polo gobernador Xeral a ocupar o posto de primeiro ministro e, á súa vez, a nomear os ministros do gabinete. O primeiro ministro é o xefe do goberno. O monarca británico é o xefe do Estado e está representado por un gobernador xeral, que se nomea segundo o consello do primeiro ministro.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é a ave nacional de Xamaica?

1- Guacamaio xamaicano vermello

2- Cuco lagarteiro xamaicano

3- Bufo xamaicano

4- Colibrí portacintas de pico vermello

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e imaxes: es.wikipedia.org

#DígohoEu: Non digas *rellano

En galego non hai *rellano! Entón como se lle chama a ese tramo no que remata a escaleira para facer maís facil a subida?

#DígohoEu 

CANTO SABES DE XAMAICA? IX

Continúo coa serie adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).

A contestación correcta á pregunta de onte é 1.962. O 19 de xullo de 1.962, o Parlamento do Reino Unido aprobou a Acta de Independencia de Xamaica, a concesión da independencia para partir do 6 de agosto.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Forma de gobernó de Xamaica?

- Ditadura

- Monarquía

- Monarquía constitucional parlamentaria

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DE XAMAICA? VIII

Continúo coa serie adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).

A contestación correcta á pregunta de onte é Río Minho. Este río çe o máis longo de Xamaica con 92,8 quilómetros. Nace preto do centro xeográfico da illa, flúe xeralmente cara ao sur-suroeste e chega ao mar Caribe na baía de Carlisle na costa centro sur, ao oeste do punto máis ao sur da illa, Portland Point.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Esta illa caribeña agora coñecida como Xamaica, foi colonizada polos pobos arawak e taínos. O explorador Cristóbal Colón descubriuna en 1494 e reclamouna para a Coroa de Castela. Despois de 146 anos de dominio español pasou a mans británicas. Pero cando acadou a súa independencia?

- 1.945

- 1.955

- 1.962

- 1972

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org e dothereggae.com

#DígochoEu: Non digas que o coxín está *mullido

*Mullido non é correcto en galego! Entón cal é a palabra correcta?

#DígochoEu