CANTO SABES DE XAMAICA? X
Continúo coa serie adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).
A contestación correcta á pregunta de onte é Monarquía constitucional parlamentaria. O sistema parlamentario de Xamaica baséase no modelo británico de Westminster e comparte moitas das súas características fundamentais. O lexislador que obtén o apoio da maioría da Cámara baixa (invariablemente, o líder do partido maioritario) é convidado polo gobernador Xeral a ocupar o posto de primeiro ministro e, á súa vez, a nomear os ministros do gabinete. O primeiro ministro é o xefe do goberno. O monarca británico é o xefe do Estado e está representado por un gobernador xeral, que se nomea segundo o consello do primeiro ministro.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Cal é a ave nacional de Xamaica?
1- Guacamaio xamaicano vermello
2- Cuco lagarteiro xamaicano
3- Bufo xamaicano
4- Colibrí portacintas de pico vermello
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE e imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios