Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: A señorita Xulia come xulia e señorita

Sabedes que significados ten señorita? Non só ten istes significados: Tratamento aplicado a unha persoa nova polos seus servidores.T ratamento con que se designan as mulleres solteiras.

Atende a otro significado desta palabra!

#DígochoEu

#DígochoEu: En galego pódeslle baixar os fumes a alguén de múltiples maneiras

Baixarlle a alguén os fumes! Non só temos esta expresión para dicir o mesmo. Atento!

#DígochoEu

CANTO SABES DE IRLANDA? XIV (FIN)

Remato coa serie adicada a Irlanda (Éire), un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea, que ocupa a maior parte da illa homónima. É un país fascinante e con bastante historia, música tradicional, literatura, lendas celtas…

A contestación correcta á pregunta de onte é 1922. O moderno Estado irlandés conseguiu a súa independencia efectiva do Reino Unido en 1922, tras unha guerra de independencia que acabou coa firma do Tratado anglo-irlandés, firmado en Londres, o 6 de decembro de 1921, pondo fin a guerra e o establecemento o Estado Libre Irlandés, que entrou en vigor o 6 de decembro de 1922, mentres que o Úlster, daquela Irlanda do Norte, permaneceu dentro do Reino Unido. Isto agudizou o Conflito de Irlanda do Norte, (o cal aínda perdura, a pesar das negociacións de paz), entre forzas unionistas probritánicas, e a poboación que pretende a Independencia do Reino Unido, e a integración coa República de Irlanda. Aínda que en principio, Irlanda foi un dominio dentro do Imperio británico, co nome de Estado Libre Irlandés, en 1931 clarificouse a súa completa independencia lexislativa e en 1937 adoptou unha nova constitución e o nome de Irlanda. En 1949 elimináronse os deberes restantes da figura do rei de Irlanda e o país declarouse unha república. O Estado non tivo relacións formais con Irlanda do Norte durante a maior parte do século XX, pero desde 1999 cooperaron en varias políticas no marco do Consello Ministerial Norte-Sur creado polo Acordo de Venres Santo.

Páxina de firmas do Tratado Anglo-Irlandés de 1921

A principios do século XX, as medidas económicas proteccionistas debilitaron a economía irlandesa e por iso foron desmanteladas nos anos 1950. Irlanda uniuse á Comunidade Económica Europea en 1973. O liberalismo económico desde finais dos anos 1980 resultou nunha rápida expansión económica, particularmente entre 1995 e 2007, etapa en que Irlanda foi coñecida como o Tigre Celta. En 2008 comezou unha crise financeira sen precedentes que, unida á crise económica mundial, puxo fin á devandita etapa de rápido crecemento económico. Con todo, dado que a economía irlandesa foi a que máis medrou na UE en 2015, Irlanda volve subir rapidamente nas táboas de clasificación comparando riqueza e prosperidade a nivel internacional.

En 2017, Irlanda apareceu no cuarto lugar das nacións máis desenvolvidas do mundo no índice de desenvolvemento humano das Nacións Unidas. Así mesmo, a república irlandesa está nos postos máis altos en materia de liberdade económica, política e de prensa. A República de Irlanda está na actualidade entre os países máis ricos do mundo en termos de renda per cápita. Hoxe en día, Irlanda é un dos países fundadores do Consello de Europa e da OCDE. O país segue unha política de neutralidade e non aliñación e por iso non é membro da OTAN, aínda que si participa na Asociación para a Paz.

E así remato esta serie esperando que servise para coñecer millor este país, moi parecido en paisaxes e cultura á nosa Galicia!

Ata a próxima serie!

FONTE e im axe: es.wikipedia.org

CANTO SABES DE IRLANDA? XIII

Continúo coa serie adicada a Irlanda (Éire), un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea, que ocupa a maior parte da illa homónima. É un país fascinante e con bastante historia, música tradicional, literatura, lendas celtas…

A contestación correcta á pregunta de onte é 5-David Beckham. David Robert Joseph Beckham (Londres, 2 de maio de 1975) é un exfutbolista británico, non Irlandés. O resto son todos Irlandeses. A Saber:

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

13. En que ano Irlanda conseguiu a súa independencia efectiva do Reino Unido?

- 1898

- 1922

- 1931

- 1949 

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: A versión galega do 'perro salchicha'

*Perro salchicha é incorrecto en galego. Atención a Esther!

#DígochoEu

CANTO SABES DE IRLANDA? XII

Continúo coa serie adicada a Irlanda (Éire), un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea, que ocupa a maior parte da illa homónima. É un país fascinante e con bastante historia, música tradicional, literatura, lendas celtas…

A contestación correcta á pregunta de onte é San Patricio. O Día de San Patricio é a festa nacional da República de Irlanda, e cada 17 de marzo conmemora a morte de Patricio (17 de marzo de 461), santo patrón de Irlanda; grandes desfiles nos que a cor verde asolaga as rúas de miles de cidades, sendo unha das festividades máis celebradas en todo o mundo.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Nesta listaxe de irlandeses famosos hai un gazapo. Podes atopalo?

1- Enya

2- Stephen Roche

3- Ralph Firman

4- James Joyce

5- David Beckham

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: experienciajoven.com

#DígochoEu: En galego non se che poden caer os *anillos

*Non se caen os anillos! Esta expresión do castelán non existe no galego! Entón como dicimos cando alguén non ten problema en realizar unha tarefa que se considera ao teu posto?

#DígochoEu

CANTO SABES DE IRLANDA? XI

Continúo coa serie adicada a Irlanda (Éire), un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea, que ocupa a maior parte da illa homónima. É un país fascinante e con bastante historia, música tradicional, literatura, lendas celtas…

A contestación correcta á pregunta de onte é Cristianismo. A relixión máis grande en Irlanda é o cristianismo baseado no número de bautismos. Segundo a Constitución de Irlanda, o estado non pode apoiar ningunha relixión específica, xa que garante a liberdade de relixión. Inicialmente, a Constitución de Irlanda de 1937 outorgou á Igrexa católica Romana unha "posición especial" xa que era a denominación coa maioría dos seguidores. Con todo, en 1972 esta posición especial foi eliminada. A saber:

Rango

Relixión

Población (Porcentaxe)

1

Igrexa Católica

78.8

2

Irrelixioso

10.1

3

Non Especificado

4.8

4

Igrexa de Irlanda

2.6

5

cristianismo ortodoxo

1.3

6

Islam

1.3

7

Presbiteriano

0.5

8

Apostólico ou Pentacostal

0.3

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cal é o Santo Patrón da república de Irlanda?

- San Cettin

- San Patricio

- San Benigno

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e es.ripleybelieves.com    Imaxe: es.wikipedia.org