CANTO SABES DE QATAR? XII (FIN)
Remato coa serie adicada a Qatar, un país localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar, sendo un pouco máis grande que o noso Principado de Asturias.
A contestación correcta á pregunta onte, é última da serie é Óris. Con longos cornos que parecen lanzas, marcaxes afiadas e en contraste, este antílope árabe é o animal nacional de Qatar. O órix ou órice de Arabia (Oryx leucoryx) é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia Bovidae. É a menor das catro especies de óris e a que en maior perigo de extinción se atopa. Tamén se lle denomina órix branco, debido á cor da súa pelame. Ten aproximadamente un metro de altura e un peso de ao redor de 70 quilos.
E así remato esta serie, esperando que servise para coñecer algo mellor este país.
Ata a próxima serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: visitqatar.com
0 comentarios