Blogia
vgomez

EFEMÉRIDES DO DÍA

TAL DÍA COMO HOXE: 17 DE FEBREIRO...

1600 En Campo de’ Fiori (Roma) a Inquisición católica queima vivo ao matemático e astrónomo Giordano Bruno.

1673 Molière morre en escena mentres representa a súa obra O enfermo imaxinario.

1983 En España apróbanse os Estatutos de Autonomía de Baleares, Castela e León, Estremadura e a Comunidad de Madrid.

1993 En Cataluña, a canción Els Segadors é aprobada como himno.

1998 O bioquímico español residente en Estados Unidos Mariano Barbacid acepta regresar a España despois de 24 anos de exilio para proseguir as súas investigacións desde o novo Centro Nacional do Cancro.

FONTE: hoyenlahistoria.com      Imaxes: otromundoesposible.com e lorgen.com

TAL DÍA COMO HOXE: 16 DE FEBREIRO...

1279 en Portugal, Dionisio I é proclamado rei de Portugal tras a morte do seu pai Alfonso III.

1894 Estréase con éxito no Teatro Apolo de Madrid a zarzuela A verbena da paloma, con música de Tomás Bretón e libreto de Ricardo de la Vega.

1922 Celébrase a primeira sesión do Tribunal Permanente de Xustiza Internacional da Haia, creado a pedimento da Sociedade de Nacións.

1959 Fidel Castro é nomeado primeiro ministro de Cuba, co que se asenta plenamente a Revolución cubana.

1986 En Portugal, Mário Soares alcanza a presidencia, despois de décadas de ditaduras militares.

2005 Un científico español (Luis Carrasco Llamas) descobre que o fungo Cándida famata é causa de cegueira.

FONTE: hoyenlahistoria.com      Imaxes: cubadebate.cu e elpais.com

TAL DÍA COMO HOXE: 15 DE FEBREIRO...

1763 Austria e Prusia asinan a Paz de Hübertusburg, que pon fin á Guerra dos Sete Anos.

1856 En España decrétase o franqueo obrigatorio da correspondencia.

1898 Na baía da Habana explota o cruceiro Maine, feito que propicia a declaración de guerra de Estados Unidos a España, que terminará coa perda da colonia.

1941 En España, o rei Alfonso XIII abdica dos seus dereitos ao trono e cédeos ao seu fillo Juan de Borbón.

1990 En Madrid, Arxentina e Reino Unido chegan a un acordo para restablecer relacións diplomáticas tras oito anos desde que estalase a Guerra das Malvinas.

FONTE: hoyenlahistoria.com      Imaxes: es.wikipedia.org e noticiaspia.com

TAL DÍA COMO HOXE: 14 DE FEBREIRO...

1502 En España, os Reis Católicos ordenan a expulsión dos musulmáns que non queiran converterse ao catolicismo de Roma.

1876 En Estados Unidos, Elisha Gray e Alexander Graham Bell patentan o teléfono (xa inventado en 1854 por Antonio Meucci).

1895 En Inglaterra, Óscar Wilde estrea a súa obra teatral A importancia de chamarse Ernesto.

2003 Falece a ovella Dolly, primeiro animal clonado.

FONTE: hoyenlahistoria.com      Imaxes: es.wikipedia.org e urgemte24.com

TAL DÍA COMO HOXE: 13 DE FEBREIRO...

1668 En Lisboa asínase o Tratado de Lisboa, mediante o cal España recoñece a independencia de Portugal.

1837 En Madrid suicídase o escritor romántico Mariano José de Larra.

1867 En Viena estréase O Danubio azul, obra do compositor austriaco Johann Strauss.

1880 En España, o rei Alfonso XII asina a lei de abolición da escravitude.

1972 En Sapporo (Xapón), o esquiador español Francisco Fernández Ochoa gaña o eslálomespecial e a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Inverno.

2004 En España ponse en marcha o DNI electrónico.

FONTE: hoyenlahistoria.com      Imaxes: sudoestaba.com e 20minutos.es

TAL DÍA COMO HOXE: 12 DE FEBREIRO...

1542 En América, a expedición de cincuenta homes ao mando de Francisco de Orellana descobre o río Amazonas.

1873 Proclamación da I República de España, tras abandonar España Amadeo de Saboya.

1952 En Inglaterra, Isabel II é proclamada raíña.

1961 A URSS lanza a sonda Venera 1 dirixida a sobrevoar o planeta Venus.

2001 O satélite NEAR Shoemaker aterra por primeira vez nun asteroide (433 Eros).

FONTE: hoyenlahistoria.com      Imaxes: diariomadris.com e es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE: 11 DE FEBREIRO...

660 a.C. o emperador Jinmu funda Xapón.

55 En Roma, morre envelenado Claudio Tiberio Germánico, herdeiro do Imperio romano, un día antes de cumprir 14 anos de idade, deixando a vía libre ao seu medio irmán Nerón, de 17 anos, para converterse no novo emperador.

1984 En Cabo Cañaveral aterra o transbordador espacial Challenger tras once días de permanencia no espazo, durante os cales dous astronautas realizaron o primeiro paseo espacial autopropulsado.

1990 En Sudáfrica, Nelson Mandela sae do cárcere despois de 27 anos.

2013 O Papa Bieito XVI anuncia que renunciará ás súas funcións o día 28 do mesmo mes por razóns de saúde.

FONTE: hoyenlahistoria.com      Imaxes: es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE: 10 DE FEBREIRO...

1673 En París, Molière estrea O enfermo imaxinario.

1763 En París asínase o Tratado de París, que pon fin á Guerra dos Sete Anos e no que Francia e España sofren perdas coloniais a favor de Inglaterra.

1926 Ramón Franco, aos mandos do Plus ultra, cruza por primeira vez o Atlántico sur.

1931 Na India, a cidade de Nova Deli convértese na capital.

FONTE: hoyenlahistoria.com      Imaxes: x.com e larazon.es