Blogia
vgomez

EFEMÉRIDES DO DÍA

TAL DÍA COMO HOXE: 9 DE MARZO...

1796 Casan en Francia Napoleón Bonaparte e Xosefina de Beauharnais.

1831 En Francia créase a Lexión Estranxeira.

1842 Estréase a ópera de Giuseppe Verdi Nabucco, na Scala de Milán.

1873 En Canadá fúndase a Real Policía Montada.

1959 Ponse en venda Barbie, a boneca máis famosa do mundo.

1961 O Sputnik 9 leva á cadela Chernushka ao espazo.

FONTE: hoyenlahistoria,com    Imaxes: bbc.com e bogue.mx

TAL DÍA COMO HOXE: 8 DE MARZO...

1126 En España, Alfonso VII é proclamado rei de Castela e de León, tras a morte da súa nai Pega.

1820 Fernando VII, xura a Constitución española de 1812 e suprime a Inquisición.

1921 Á saída do Congreso dos Deputados (en Madrid) é asasinado o presidente do Goberno, Eduardo Dato.

1933 No Teatro Beatriz de Madrid, Federico García Lorca estrea o seu drama Vodas de sangue.

1943 Desde Roma, Juan de Borbón e Battenberg, herdeiro do trono español, escribe unha carta ao xeneral Franco na que expresa o seu desexo dun rápido retorno á monarquía, simbolizada na súa persoa.

1971 En Nova York, Cassius Clay é derrotado polo campión do mundo de boxeo dos pesos pesados, Joe Frazier.

1977 A ONU proclamou o 8 de marzo como Día Internacional polos Dereitos da Muller e a Paz Internacional.

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: eldebate.com e historia.com

TAL DÍA COMO HOXE: 7 DE MARZO...

321 O emperador romano Constantino declara o domingo («venerable día do Sol») como sétimo día da semana, en lugar do sábado.

1876 En Estados Unidos, Alexander Graham Bell patenta o teléfono, baseado en deseños do italiano Antonio Meucci.

1924 Karl Wilhelm Reinmuth descobre o asteroide Arcadia (1020).

1991 en España, o Congreso aproba a creación do Instituto Cervantes.

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: bbc.com e nexofin.com

TAL DÍA COMO HOXE: 6 DE MARZO...

1836 En Texas termina o sitio del Álamo, cercado por 1400 soldados mexicanos.

1853 En Venecia estréase a ópera A Traviata, de Giuseppe Verdi

1862 En España incéndiase o Alcázar de Segovia, sede da Academia de Artillería durante o reinado de Carlos III.

1869 Dmitri Mendeléyev presenta a súa primeira táboa periódica á Sociedade Química de Rusia.

1902 En Madrid, fúndase o Real Madrid Club de Fútbol.

1970 No Reino Unido, os Beatles publicación o seu último sinxelo Let it be.

1983 En Estados Unidos sae á venda o primeiro teléfono celular do mundo, o Motorola DynaTAC.

1986 Último avistamento do cometa Halley nas proximidades da órbita da Terra; calcúlase que a seguinte visita sexa no ano 2061.

FONTE: hoyenlahistoria.com   Imaxes: es.linkedin.com e es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE: 5 DE MARZO...

1616 A Igrexa católica condena o libro de Copérnico que demostra que o Sol non vira ao redor da Terra.

1848 En Francia establécese o sufraxio universal.

1860 En España, a raíña Isabel II crea por decreto a Meteoroloxía Oficial en España.

1927 En Cádiz (España) bótase o buque-escola Juan Sebastián Elcano.

1991 En Porto Rico declárase o idioma español como a única lingua oficial dese país, derrogando a cooficialidade co idioma inglés.

1998 A NASA anuncia o descubrimento por parte da nave Lunar Prospector de auga en forma de xeo, almacenada en cráteres dos dous polos da Lúa.

FONTE: hoyenlahistoria.com   Imaxes: elimperial.com e puentedemado.com

TAL DÍA COMO HOXE: 4 DE MARZO...

1861 En Estados Unidos, Abraham Lincoln asume a presidencia.

1869 En Estados Unidos, Ulysses S. Grant asume a presidencia.

1885 En Estados Unidos, Grover Cleveland asume a presidencia.

1889 En Estados Unidos, Benjamin Harrison asume a presidencia.

1897 En Estados Unidos., William McKinley asume a presidencia.

1913 En Estados Unidos, Woodrow Wilson asume a presidencia.

1929 En Estados Unidos, Herbert Hoover asume a presidencia.

1933 En Estados Unidos, Franklin D. Roosevelt asume a presidencia.

1936 En Alemaña, o dirigible alemán LZ-129 Hindenburg realiza o seu voo inaugural.

1977 Sae de fábrica a supercomputadora Cray-1.

2003 O escritor español Juan Manuel de Prada gaña o Premio Primavera coa novela A vida invisible.

FONTE: hoyenlahistoria.com   Imaxes: es.wikipedia.org e lavanguardia.com

TAL DÍA COMO HOXE: 3 DE MARZO...

1613 Comeza a reinar en Rusia a dinastía dos Romanov, na persoa do mozo Miguel.

1875 Estréase, no Ópera-Comique de París, a ópera Carmen do compositor Georges Bizet.

1904 En España, promulgación da lei que establece o descanso dominical.

1905 Fritz Schaudinn descobre a espiroqueta Treponema pallidum, axente causante da sífilis.

1915 Créase o National Advisory Committee for Aeronautics (NACA). Trátase da organización predecesora da axencia espacial estadounidense, NASA.

1923 En Nova York aparece o primeiro número da revista Time.

1939 Estrea nos Estados Unidos da película A dilixencia, de John Ford, modelo no xénero do western.

1961 En Marrocos, Hassan II é coroado rei.

1990 En España, Telecinco comeza a emitir de forma regular.

1996 O Partido Popular, encabezado por José María Aznar, gana por unha estreita marxe as eleccións xerais.

FONTE: hoyenlahistoria.com  Imaxes: microilustres.blogspot.com e radio.perfil.com

Estas son as cinco especies animais xa extintas en Galicia

A pita do monte (Tetrao urogallus) considérase extinguida en Galicia dende 2005, cando se observaron os últimos cantadeiros na serra dos Ancares. Como esta, son moitas as especies que desaparecen do territorio para sempre. Para lembrar á fauna afectada, que está ou podería estar extinta a nivel local na comunidade, a Consellería de Medio Ambiente recolle un total de cinco animais vertebrados na mesma situación que a pita do monte.

No Catálogo Galego de Especies Ameazadas aínda poden figurar referencias sobre estas especies, pero na actualidade non se dispón de información recente sobre súa presencia. Con todo, para descartar que queden individuos no medio natural fanse necesarias prospeccións realizadas en períodos de tempo apropiados ao ciclo e formas de vida da especie, tal e como sinala a Consellería na páxina web.

A continuación, preséntase unha listaxe das cinco especies mencionadas pola Consellería.

1. Lince ibérico (Lynx pardinus)

O lince ibérico é unha especie que desapareceu de Galicia, malia que nunca foi abundante. Os últimos rexistros limítanse ao leste e sur da provincia de Ourense. Con todo, a súa poboación medrou nun 19% en 2024, cun censo total que alcanza os 2.401 individuos, segundo informaba o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico en maio de 2025.

Esta expansión polo territorio, sobre todo en Portugal, Extremadura e Castilla-La Mancha, permite que algúns dos exemplares realicen desprazamentos cara ao norte da península, chegando mesmo a Galicia. Foi o caso de Kentaro, un lince criado en catividade e liberado nos Montes de Toledo en decembro de 2014. Despois de percorrer máis de 3.000 km, o sinal do seu colar situouno na provincia de Ourense.

Continuará...

FONTE: gciencia.com       Imaxe: Wikimedia Commons