GRULLA REAL GRIS
Exemplar da GRULLA REAL GRIS ( Balearica regulorum) Foto: AFP/Roberto Schmidt
Exemplar da GRULLA REAL GRIS ( Balearica regulorum) Foto: AFP/Roberto Schmidt
COLIAS CROCEA (Foto: Laura Lago)
Non é a primeira vez que falamos dela, incluso temos publicado algunhas das súas fotografías. Tratáse dunha profesora do noso centro (IES A Sangrina) do Departamento de Lingua Castelá e Literatura: LAURA LAGO. É unha gran fotógrafa e a súas paixon son as bolboretas.
ANABAM (Asociación Naturista Baixo Miño) acaba de publicar na súa páxina unha colección de fotografías sobre este tema e o máis curioso é que son de especies desta zona.
Se estas interaso en velas pincha en BOLBORETAS DE LAURA LAGO
Teide (Foto: Antonio Perera)
Moita xente de A Guarda e das zonas limítrofes están ou estiveron traballando na Illas Canarias. Un referente da Illa de Tenerife é o Teide.
O Teide é un volcán, o pico máis alto da Península Ibérica, e atópase a unha altura de 3.718 metros sobre o nivel do mar.
FLamencos (Phoenicopterus ruber) Foto: Juan Tébar
A Marta ou Martaraña (Martes martes) é un mustélido carnívoro. Posúe unha cabeza pequena, un fuciño agudo, un corpo delgado, patas curtas e pelame espesa e suave, máis escuro polo lombo que polo ventre. Os seus hábitos son nocturnos, adoitan vivir nas árbores e aliméntanse de pequenos mamíferos, pequenas aves, insectos e ras. Tamén comen algúns froitos e ovos de paxaros. O seu peor inimigo é o home, que a apreza pola súa fina pel.
A súa clasificación científica é:
Reino:Animal. Filo:Cordados. Clase:Mamíferos.
Orde:Carnívoros. Familia: Mustelidae. Xénero: Martes.
Cormorán Moñudo "Phalacrocorax aristotelis"
Na fotografía de Florian Möllers/ www.wild-wonders.com, vemos un cormorán moñudo adulto (’Phalacrocorax aristotelis’) que está a mudar a súa plumaxe.
É unha ave de tamaño medio-grande. Ten un pescozo longo e unha gorxa amarelada. Os adultos, na época de apareamento despregan unha pequena cresta "moño", de onde provén o seu nome. A súa clasificación científica sería:
Reino: Animal. Filo: Cordados. Clase: Aves. Orde: Pelecaniformes. Familia: Phalacrocoraciidae. Xénero: Phalacrocorax.
"Amorphophallus titanum" (Foto: Seattle Parks)
É moi grande e fede. Estas son as dúas características cando falamos desta flor "Amorphophallus titanum", literalmente falo amorfo titánico, ou como tamén é coñecida: aro xigante ou flor cadáver.
A "Amorphophallus titanum", é unha herba que pode superar os 3 metros de altura. Ten un tubérculo superficia, do que brota un único talo de ata 1 m, que á súa vez presenta unha única folla e un pedúnculo floral.
A súa floración é un acontecemento, pois só o fai tres ou catro veces na súa vida (que dura sobre 40 anos). O máis grandiso desta flor que só dura 3 días son as súas medidas: 2,50 m de altura, 1 m de diámetro e uns 75 kg de peso.
A súa clasificación científica sería:
Reino: Plantas División: Magnoliophyta Clase: Liliopsida
Orde: Alismatales Familia: Araceae Xénero: Amorphophallus
Sabana de Garamba, na República Democrática do Congo (Foto: Gorka Lejarcegi)
En Garamba, situada ao noreste da República Democrática do Congo, atópase o Parque de Garamba, creado en 1938 e decalarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1980. É un dos reductos dos elefantes e rinocerontes. Na fotografía apreciase un solpór con treboada na sabana pura, cunh árbore denominada salchichón.