Blogia
vgomez

FOTOVERDE

FOTO-NIKON 2009

FOTO-NIKON 2009

Hai uns días falláronse os premios Foto-Nikón 2009, na que participaron ao redor de 400 fotógrafos, a maioría profesionais, e cun total de 1.200 fotos a concurso. Estes premios teñen tres categorías: Natureza, Deporte e Xente e Sociedade.

Os gañadores foron Jodi Blas (coa foto que vedes arriba e que pertence á categoría de Natureza), Manuel Fernández e Sofía Moro.

Parabéns!

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A21EG

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A21EG

Foto gañadora

Na votación de toda a comunidade educativa do IES, celebrada entre os días 14 e 15 do presente mes, para elexir os gañadores do II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A21EG, amosou os seguintes resultados:

1º PREMIO para a alumna de 2º de bacharelato C, Miriam Carrera Fernández, que levará un diploma e unha cámara fotográfica.

2º PREMIO para a alumna de bacharelato D, Sara Cabral Portela, que levará un diploma e un MP4.

3º PREMIO para a alumna de 2º de bacharelato C, Mélodi Rodríguez Lomba, que levara un diploma e un MP3.

A entrega de premios realizarase o próximo luns 18, ás 12 horas no Salón de actos do IES. Entre todos os votantes da elección sortearase, ao final do mesmo, un pen drive.

 

 

E.D.A.R. DE A GUARDA

E.D.A.R. DE A GUARDA

No día de hoxe, martes 24 de marzo, o alumnado de 1º ESO visitou a EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) do noso Concello. A actividade está organizada polo Seminario de Bioloxía-Xeoloxía e a A21EG, contando co asesoramento da empresa que leva a xestión da planta para o Concello.

A EDAR está pensada para unha poboación equivalente de 23.000 habitantes, para un caudal medio de 268,30 m3/h, podendo chegar a un caudal máximo de 644 m3/h. A depuradora consta de dúas liñas diferenciadas:

1ª. Liña de auga:

A auga residual que chega é sometida en primeiro lugar a un pretratamento para a eliminación das materias sólidas grosas e finas, da area e máis da graxa. Despois pasa ao biolóxico de aireación prolongada, caracterizado pola súa flexibilidade e baixo custo. A decantación é o seguente proceso, onde se consegue a clarificación da auga xa depurada. Por último a auga sométese á desinfección por raios ultravioleta.

2ª. Liña de lodo:

O lodo que se produce, recircúlase constantemente do decantador ao biolóxico. Os lodos en exceso envíanse ao espesador para sometelos a un acondicionamento químico que permita a súa centrifugación, e deste xeito que sexan aptos para o transporte (compost que se emprega como fertilizante).

Esta actividade, xunto con outras, sitúase na conmemoración do Día Internacional da auga, celebrado o pasado domingo 22.

PREMIOS "FOTCIENCIA08" III

PREMIOS "FOTCIENCIA08" III

"Vapores volcánicos", de Irineu Illa Bochaca (Girona), accésit.

 

PREMIOS "FOTCIENCIA08" II

PREMIOS "FOTCIENCIA08" II

"Libre al sur del Duero", de Alberto García Gómez (Madrid)

Esta é a fotografia máis votada na categoría xeral polos visitantes na páxina web de Fotociencia.

PREMIOS "FOTCIENCIA08"

PREMIOS "FOTCIENCIA08"

"Estímulos olfativos", de Pablo García García (León), primeiro premio na categoría xeral.

O CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e a  Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) concederon os premios de fotografía científica 2008. Durante varios día publicaremos as mellores fotografías. Hoxe escomenzamos co primeiro premio.

BOLBORETA MONARCA

BOLBORETA MONARCA

A bolboreta monarca (Danaus plexippus). Unha das bolboretas máis famosas e populares debido ás súas migracións e á súa singular bioloxía. (Foto: Travis Morisse)

COGOMELOS I : CANTHARELLUS

COGOMELOS I : CANTHARELLUS

O pasado venres, na saída da A21eG ao monte Aloia, un grupo de rapaces e rapazas estiveron buscando cogomelos. A especie maioritaria que atopamos foi o Cantharellus, concretamente os xéneros Cantharellus cibarius e Cantharellus tubaeformormis.

É unha especie fácil de distinguir e moi difícil de confundir con especies perigosas. O seu sombreiro é lixeiramente convexo e aplanado de novo e en forma de funil na madurez, con bordo irregular moi lobulado. Superficie lisa de tacto untuoso, con cor amarela ouro ou incluso alaranxada. Non ten verdadeiras láminas, son máis ben unha serie de pregues de aspecto veoso. Carne consistente, de cor branca amarelenta, cunha fragancia agradable, que nalgúns exemplares lembra aos albaricoques.

É un dos cogomelos comestibles máis apreciados e buscados.

Lembra sempre as normas: En caso de dúbida consultar cun experto. Nunca consumir sen estar seguro. Cortar, nunca arrancar. Cesta, non bolsas de plástico. Respecta o monte.