Blogia
vgomez

FOTOVERDE

AURORA

AURORA

Aurora / Imaxe: Bob Hallinen (AP)

Esta imaxe fantástica dunha aurora boreal que ilumina o ceo por riba da Takotna (Alaska), prodúcese cando unha exección de masa solar choca co polo norte da magnetosfera terrestre, producindo unha luz difusa pero predominante proxectada na ionosfera (ou termoesfera) terrestre, composta de partículas protónicas que difunden a cor.

 

ALIÑACIÓN ESQUERDA

ALIÑACIÓN ESQUERDA

Nesta fotografía curiosa (que forma parte dunha reportaxe de galiciauroeste.info) do temporal de mar do pasado día 5, amosa a alineación das gaivotas para soportar os ventos.

Parecen realmente soldados coa aliñación esquerda e con gran marcialiadade.

IMAXES DENDE A ISS

IMAXES DENDE A ISS

Posta de Sol no Ócéano Índico/NASA

Onte falabamos dun habitáculo acristalado do que disón a ISS (Estación Espacial Internacional). Aquí a tedes:

Vista desde el interior de la Estación Espacial Internacional.| AP

Vista desde o interiord a ISS / AP

Esta plataforma de observación permite ter unha visión panorámica da Terra dende o espazo. Se onte amosaba unha aurora austral, a de hoxe non se queda atrás pola súa fermosura: unha posta de Sol no Océano Índico.

Pena de non contemplalo nós! Sempre nos quedan as fotografías!

AURORA AUSTRAL DENDE A ISS

AURORA AUSTRAL DENDE A ISS

Aurora austral / NASA

Imaxes como a que vedes, son tomadas dende a Estación Espacial Internacional (ISS), concretamente dende un habitáculo acristalado que foi instalado no pasado mes de febreiro.

A imaxe é unha aurora austral. As auroras polares son un fenómeno en forma de brillo ou luminiscencia que aparecen no ceo nocturno, usualmente nas zonas polares, aínda que poden aparecer noutras partes do mundo por curtos períodos de tempo. Se acontecen no hemisferio norte noméanse como aurora boreal e se acontecen no hemisferio sur, como é o caso da nosa imaxe, aurora austral.

As auroras acontecen cando os ións (partículas cargadas) do vento solar chocan cos átomos de osíxeno e do nitróxeno na atmosfera superior. Os átomos son excitados por estas colisións e emiten típicamente a luz mentras que volven ao seu nivel de enerxía orixinal. A luz crea a aurora que vemos.

FONTE:NASA: earthobservatory.nasa.gov

GAÑADORES ESPAÑOIS NOS PREMIOS VEOLIA 2010 DE FOTOGRAFÍA

GAÑADORES ESPAÑOIS NOS PREMIOS VEOLIA 2010 DE FOTOGRAFÍA

Foto de Jordi Chias, gañadora da categoría One Earth.

O outro día daba conta do gañador do prestixioso concurso Veolia Environnement Wildlife Photographer of the Year 2010, gañado polo húngaro  Bence Máté co traballo  Unha marabilla de formigas. Pero neste concurso tamén hai varias categorías e tres fotógrafos españoles viron recoñecido o seu traballo nesta edición:  Jordi Chias que acadou o premio One Earth, que recoñece as imaxes que denuncian as actividades do home contra a natureza, onde amosa unha tartaruga enredada nunha rede de pesca, tomada en 2009 entre Baleares e Barcelona; Francisco Mingorance, que gañou o permio á mellor fotografía que recoñece ás imaxes con carga creativa, cunha imaxe aérea que amosa as beiras do Rio Tinto totalmente tinguidas de vermello; e Daniel Beltrá, que conseguíu o segundo premio na categoría One Earth, pola fotografía na que se denuncia a tala indiscriminada de árbores en Indonesia para gañar terreo ás plantacións de palma.

Felicidades!

Qe queres ver as fotos gañadoras pincha AQUÍ.

PREMIO "WILDLIFE PHOTOGRAPHER OF THE YEAR"

PREMIO "WILDLIFE PHOTOGRAPHER OF THE YEAR"

Foto gañadora do Wildlife Photograph of the Year / Bence Mate

Esta é a fotografía gañadora deste ano do Wildlife Photographer of the Year, o premio de fotografía da natureza máis prestixioso do mundo. A foto leva por título "A marabilla das formigas" e nela mósase a un exército destes insectos despedazando unha folla e levando os seus fragmentos cara o seu formigueiro. O seu autor é o húngaro Bence Máté, que captou a imaxe durante unha expedición de seis meses en Costa Rica.

O Wildlife Photograph of the Year é un concurso organizado polo Museo de Historia Natural de Londres e a revista Wildlife Magazine da BBC. Tanto a imaxe gañadora como as outras 100 candidatas ao premio expoñeranse no museo da capital británica. Como seguramente non teredes a sorte de poder visitalo, podedes facelo virtualmente pinchando Museo de Historia Natural.

FONAMAD

FONAMAD

Unha das fotografías da exposición da FONAMAD. A praia das Catedrais. Monumento Natural de Galicia (Foto: Daniel Jara)

Con motivo da celebración neste ano 2010 do Ano Internacional da Biodiversidade, estase a celebrar ata o 28 de febreiro no  CENEAM (Centro Nacional de Educación Ambiental) en Valsaín (Segovia) a exposición “ESPACIOS NATURALES, guardianes de la Biodiversidad" na que a través de 36 fotografías móstranse os diferentes espazos naturais españois , especies animais no seu habitat e plantas, algunhas delas en perigo de extinción. En resumo a exposición representa un país como España, no que o seu territorio alberga unha mostra tan representativa da biodiversidade mundial, asemellando a un continente en miniatura.

A exposición foi realizada pola FONAMAD (Asociación de Fotógrafos da Natureza de Madrid).

 Como non podemos, polo menos eu, asistir a tal evento, ímolo facer polos medios que nos ofrece a tecnoloxía, pinchando en Exposición FONAMAD 2009

FOTO CURIOSA

FOTO CURIOSA

Onte, 8 de xaneiro, atopei esta fotografía que me chamou moito a atención. Encontrábase no xornal dixital galiciasuroeste, que diariamente leo. Forma parte de motias fotos, enviadas polos lectores ao citado diario, que se engloban no termo FOTOS LECTORES.

O seu autor é Francisco Cadilla e a fotografía leva por título "Unha ollada ao solpor". Nela, o autor, consegue, con moi bo efecto, integrar na mesma foto dous motivos : o ollo e a posta de Sol, integrándose no feito real de que o noso ollo capta a imaxe do solpor.

Os meus parabéns!