Blogia
vgomez

FOTOVERDE

AGARRÁNDOSE AO CHAN

AGARRÁNDOSE AO CHAN

 

Curiosa fotografía que tomei hai uns días no pais veciño, concretamente fronte á praia do Muíño, pero claro do outro lado do río: Piñeiral dos areais de Camarido.

Nela apréciase un piñeiro agarrándose fortemente a ese chan tan inestable. Vense as súas raíces, grosas, como se quixese dar un paso adiante ou erguerse para ver mellor o océano, que outras árbores llo impiden.

O ACUARIO DO NOSO IES

O ACUARIO DO NOSO IES

Acuario do IES " A Sangriña" / Imaxe:sangriña.es

A principios do pasado decembro, e dende o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, instalamos no noso IES un acuario, coa finalidade de que fose un espazo didáctico a empregar polo alumnado de P.I. (Proxecto Interdisciplinar) de 1º ESO como polo alumnado dos Contratos Programa de toda a ESO.

Pouco tempo tivo inquilinos, xa que o día 21 de decembro, último día de clase da 1ª avaliación, procedemos a súa solta no mar. Hai uns días, volvemos a ter "clientes": estrelas de mar, algunha nécora, anemones, lapas...

Podedes pasar por este recuncho do Centro, pero con respecto polos seus moradores e o seu medio. Tamén podedes ver máis fotografías pinchando AQUÍ.

PENÍNSULA IBÉRICA DE NOITE

PENÍNSULA IBÉRICA DE NOITE

"Península Ibérica de noite". Este é o subtítulo desta fotografía que publica a web oficial do Observatorio da Terra da NASA , onde tralo anoitecer vense as luces da xeografía de España e Portugal.

O cometido deste observatorio é compartir co público imaxes, historias  descubrimentos sobre o clima e o medio ambiente que xurden das investigacións levadas a cabo pola axencia espacial estadounidense.

FONTE:earthobservatory.nasa.gov


PREMIOS FOTCIENCIA 2011

PREMIOS FOTCIENCIA 2011

Estruscturas invisibles / Imaxe:Fotciencia.es

FOTCIENCIA 2001 chegou á súa 9 edición. É un certame de fotografía científica convocado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundación Española para a Ciencia e aa Tecnoloxía (FECYT) cuxo obxectivo é achegar a ciencia e a tecnoloxía aos cidadáns mediante unha visión artística e estética a través de imaxes científicas.

A gañadora absoluta nesta edición é "Estructuras invisibles", que podedes apreciar na fotografía adxunta, e o seu autor é Carlos Cuenca Solana. Nela amósase a acumulación de burbullas, tras un longo repouso, estructuras tan finas e lixeiras que parecen invisibles. A substancia que forman estas pompas baséase unha mestura de xabrón, glicerina e auga en proporcións concretas, ademais do aire que queda ocluído dentro. O líquido discorre por gravidade deixando as aristas cada vez máis finas e a estructura cada vez máis débil. Sen embargo, esta sabia e espontánea construcción segue en pé. A eficiencia dos materiais constitutivos, líquido e aire, é extremadamente alta. Poderemos trasladar este principio de eficiencia e aforro material a estructuras para a arquitectura e a inxenaría? A resposta sempre está na natureza e na ciencia.

Se queres ver o resto das fotos gañadoras só tes que premer AQUÍ.

CELACANTO

CELACANTO

 

Fotografía de Laurent Ballesta, na revista National Geographic de novembro, na que amosa un celacanto (Latimeria chalumnae), peixe considerado extinguido xunto cos dinosaurios e redescubero en 1938. Situase en zonas illadas do Índico. De aspecto prehistórico pode medir ata 2 m de longo e pesar case 90 kg.

GAÑADOR DO CERTAME DE FOTOGRAFÍA WPY

GAÑADOR DO CERTAME DE FOTOGRAFÍA WPY

"Still life in oil", foto gañadora do Veolia Environnement Wildlife Photographer of the Year

 

O Veolia Environnement Wildlife Photographer of the Year  (WPY), considerado o premio de fotografía do medio ambiente máis prestixioso do mundo, xa ten gañadores na edición 2011. O español afincado en Estados Unidos Daniel Beltrá é o gañador co seu traballo sobre a marea negra do Golfo de México.

O traballo de Beltrá reflexa algunhas das consecuencias da marea negra ocurrida no Golfo de México en 2010 pola rotura dunha plataforma petrolífera da multinacional BP.

A imaxe gañadora titúlase "Still life in oil" (Aínha hai vida no petróleo). Nela retrátase a oito pelícanos afectados pola catástrofe nun centro provisional de rescate de aves en Fort Jackson (Luisiana, Estados Unidos). A foto recolle o momento no que se tratou con aceite aos animais para retirarlles o crudo das súas plumas. Os membros do xurado valoraron a súa simplicidade, a súa beleza, a súa perfección técnica e a súa impactante maneira de facer denuncia ambiental.

Paralelamente ao primeiro premio, o concurso ten unha categoría homóloga para mozos, así como outras categorías específicas divididas por idades (poden concursar nenos menores de 10 anos e mozos de entre 11 e 17 anos), animais (aves, mamíferos, mundo submarino, plantas, vida urbana, etc.) ou estilos (creativo, en branco e negro, etc.). Un total de 40.000 fotografías presentáronse a este certame. 

Merece a pena dar un paseo virtual pola GALERÍA DE IMAXES dos premiados, tanto deste ano como de edicións anteriores.

FONTE:Revista Eroski Consumer

OURIZO CACHO

OURIZO CACHO

O pasado xoves, na saida á praia que fixemos no noso IEs co alumnado de 1º ESO, captei unha imaxe dun ourizo caho, que pretendía agocharse ante o ruído que facían os escolares.

O ourizo cacho (Erinaceus europaeus), tamén coñecido como ourizo cacheiro, é un mamífero insectívoro, aínda que tamén pode comer caracois, lesmas e incluso ras. A súa actividade é fundamentalmente nocturna.

É un animal moi beneficioso para a agricultura, polo que moitas persoas téñeno nas casas de campo.

LEOPARDO

LEOPARDO

O leopardo pasa moito tiempo encaramado nas árbores. Nun refuxio seguro onde dormir, descansar ou dar conta do seu alimento, e unha boa atalaia dende a que localizar posibles presas / Imaxe:Sergey Gorshkov 

O fotógrafo ruso de natureza Sergey Gorshkov manifesta:

"Cando hai moitos anos viaxei por primeira vez a África, a Zimbabwe, fíxeno, como moitos dos meus compatriotas, cun rifle nas miñas mans. Eu era un cazador obstinado: o obxectivo da miña viaxe era un leopardo, o trofeo máis envexado dos chamados «Cinco Grandes» (león, elefante, búfalo, rinoceronte e leopardo). Pero cando por fin localicei á «miña» presa e apuntei, quedei tan fascinado pola súa beleza que me foi imposible disparar".

FONTE: National Geographic España. Xuño 2011.