Blogia
vgomez

FOTOVERDE

BRITISH WILDLIFE PHOTOGRAPHY AWARDS 2014

BRITISH WILDLIFE PHOTOGRAPHY AWARDS 2014

 

O famoso concurso British Wildlife Photography Awards (BWPA) de 2014 deu a coñecer os gañadores. Aquí tedes o galardoado na categoría Urban Wildlife: “O Turista”. Ganso común, Londres, Inglaterra. Fotografía: Lee Acaster

Este prezado concurso estableceu en 2009 como obxectivos: Recoñecer o talento dos fotógrafos que exercen no Reino Unido, mentres que ao mesmo tempo resaltar a gran riqueza e diversidade da historia natural de Gran Bretaña, creando conciencia sobre a súa biodiversidade, as especies e os hábitats.

Se queres coñecer o resto de fotografías gañadoras nas diferentes categorías só tes que premer AQUÍ.

FONTE:bwpawards.org

UN NOVO ESPAZO PROTEXIDO DENTRO DA REDE NATURA: O BANCO DE GALICIA

UN NOVO ESPAZO PROTEXIDO DENTRO DA REDE NATURA: O BANCO DE GALICIA

Xusto nas inmediacións do Banco de Galicia atópase un enorme depósito de gas coñecido como ou Gran Burato / IGME

 

É unha enorme montaña submarina con pendentes que acadan os 5.000 metros de profundidade, un auténtico tesouro da biodiversidade do que apenas a ciencia desvelou unha pequena parte dos seus segredos. É o Banco de Galicia, unha extensa contorna submarina situado a pouco menos de 200 quilómetros da costa galega que empezou a ser coñecido tras o afundimento do Prestige en novembro do 2002, a máis de 3.000 metros de profundidade, e que agora converterase nun espazo protexido dentro da Rede Natura 2000.

Forma parte da proposta publicada o pasado día 21 no Boletín Oficial do Estado polo Ministerio de Medio Ambiente xunto a outros tres espazos mariños que contan cunha superficie total de 1,7 millóns hectáreas. Tanto o Banco de Galicia como o sistema de canóns do golfo de León e a Canle de Menorca, na zona levantino-balear, e os Volcáns de lodo do golfo de Cádiz son as apostas españolas para ser declaradas por parte da Unión Europea como Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) da Rede Natura, aínda que a aceptación europea non supón máis que un trámite e só é cuestión de tempo que a catalogación teña rango oficial.

O Banco de Galicia alberga unha biodiversidade composta por 730 especies catalogadas, das que seis están en perigo de extinción. Destacan os enormes campos de arrecifes de coral de augas frías, que se estenden sobre as ladeiras dunha xigantesca montaña cuxa cima plana está situada a 730 metros de profundidade. É unha zona relativamente pouco explotada pola frota pesqueira e que destaca tamén pola elevada presenza de cetáceos mariños, especialmente de rorcuales e de golfiño mular.

Nunha zona moi próxima atópase o Gran Burato, un extenso depósito de gas submarino aloxado nun enorme cráter que podería ser explotado algún día. Se a protección que agora se dará á zona non o impide.

FONTE: Xornal La Voz de Galicia

A CONTAMINACIÓN LUMÍNICA: A PERDA DA ESCURIDADE

 

A contaminación lumínica é toda a luz que se emite ou escapa por enriba da horizontal das luminarias nunha instalación de iluminación de exteriores. Produce un halo luminoso ou resplandor sobre as poboacións, ao iluminar as particulas de po ou auga que o aire contén en suspensión. Cando hai nubes, a base destas vese iluminada.

A contaminación lumínica causa serios problemas. A luz esnaquiza a esencia da noite, a escuridade. Os humanos temos un medo ancestral á escuridade, pero demasiada luz produce efectos moi negativos no ecosistema e na nosa saúde.

Dedicándonos a iluminar o ceo non só tiramos os nosos cartos senón que abusamos dos recursos naturais, agredimos o hábitat de animais nocturnos e migratorios, e arrebatamos aos nosos fillos a contemplación do ceo estrelado.

Este vídeo trata deste tema. Espero que sexa útil!

GANADORES GDT NATURE PHOTOGRAPHER 2014

GANADORES GDT NATURE PHOTOGRAPHER 2014

 

Fotografía gañadora no Concurso GDT Nature Photographer 2014, na categoría Natureza Xeral. Título: "Art Dunes" (dunas de arte)  Autor: Paul M. Kornacker.

Se queres ver o resto de fotografías premiadas nas diferentes categorías preme AQUÍ.

FONTE: Revista Muy Interesante

LUGARES INCRIBLES DO MUNDO III

LUGARES INCRIBLES DO MUNDO III

 

Terceiro deses lugares incribles do mundo, que parecen quitados de películas de ciencia ficción, pero que son reais, sen ningún retoque fotográfico:  Sentinelas do Ártico (Finlandia).

Estas "sentinelas" son realmente xigantescas árbores cubertas de neve e xeo. Esta estraña imaxe prodúcese en inverno, cando as temperaturas oscilan dende -40 ata -15 ºC.

A beleza encantada destas árbores de xeo vese enaltecida polas suaves cores do amencer, azuis claros, rosas, violetas e a luz do sol que se esparexe como unha escuma divina.

FONTE: numaniaticos.com

LUGARES INCRIBLES DO MUNDO I

LUGARES INCRIBLES DO MUNDO I

 

Comezo este apartado adicado eses lugares incribles do mundo, que parecen quitados de películas de ciencia ficción, pero que son reais, sen ningún retoque fotográfico.

O primeiro lugar corresponde ás Montañas Tianzi (China)

Estas montañas son únicas. Son tan estrañas que se utilizaron na película "Avatar" de James Cameron. Formadas baixo a auga hai 380 millóns de anos. A terra elevouse como resultado da actividade volcánica. Algúns dos piares chegaron a máis de 4.000 metros sobre o nivel do mar.

Espectaculares!

FONTE:numaniaticos.com

QUENLLA PEREGRINA

QUENLLA PEREGRINA

Viñeta de Ramón, no xornal El País, do pasado día 31de xaneiro

A quenlla peregrina (Cethorinus maximus) é unha especie de elasmobranquio carcarriniforme da familia Carcharhinidae. Acada os 10 metros de lonxitude e catro toneladas de peso, polo que é considerado o segundo peixe máis grande do mundo. Aínda que a súa forma asemella á dunha quenlla cazador, con forma hidrodinámica e fociño agudo, aliméntase nadando coa boca aberta filtrando a auga a través dunhas inmensas branquias, móvese moi lentamente. 

ARTE PLÁSTICA BAIXO O MAR

ARTE PLÁSTICA BAIXO O MAR

Un dos cadros de Alfonso Cruz Suarez / Imaxe: www.alfonsocruz.com

O home que presento hoxe fai algo que só tres ou catro persoas fan no mundo: plástica baixo a auga. El é Alfonso Cruz Suárez (Terrassa-Barcelona, 1958), un artista que realiza unha experiencia insólita: mergúllase no mar e pinta en directo esceas submarinas.

Cadros pintados ao óleo, que non se disolve, sobre lenzos impermebilizados, amosan as esceas dese fondo con todo o seu colorido. Se queres coñecer polo miúdo a súa obra só tes que premer AQUÍ.

Insólito!