GAÑADOR DO CERTAME DE FOTOGRAFÍA WPY
"Still life in oil", foto gañadora do Veolia Environnement Wildlife Photographer of the Year
O Veolia Environnement Wildlife Photographer of the Year (WPY), considerado o premio de fotografía do medio ambiente máis prestixioso do mundo, xa ten gañadores na edición 2011. O español afincado en Estados Unidos Daniel Beltrá é o gañador co seu traballo sobre a marea negra do Golfo de México.
O traballo de Beltrá reflexa algunhas das consecuencias da marea negra ocurrida no Golfo de México en 2010 pola rotura dunha plataforma petrolífera da multinacional BP.
A imaxe gañadora titúlase "Still life in oil" (Aínha hai vida no petróleo). Nela retrátase a oito pelícanos afectados pola catástrofe nun centro provisional de rescate de aves en Fort Jackson (Luisiana, Estados Unidos). A foto recolle o momento no que se tratou con aceite aos animais para retirarlles o crudo das súas plumas. Os membros do xurado valoraron a súa simplicidade, a súa beleza, a súa perfección técnica e a súa impactante maneira de facer denuncia ambiental.
Paralelamente ao primeiro premio, o concurso ten unha categoría homóloga para mozos, así como outras categorías específicas divididas por idades (poden concursar nenos menores de 10 anos e mozos de entre 11 e 17 anos), animais (aves, mamíferos, mundo submarino, plantas, vida urbana, etc.) ou estilos (creativo, en branco e negro, etc.). Un total de 40.000 fotografías presentáronse a este certame.
Merece a pena dar un paseo virtual pola GALERÍA DE IMAXES dos premiados, tanto deste ano como de edicións anteriores.
FONTE:Revista Eroski Consumer
0 comentarios