Blogia
vgomez

MIGRACIÓNS DOS DINOSAURIOS

MIGRACIÓNS DOS DINOSAURIOS

Dentes de dinosaurios do Dinosaur National Monument (Utah) analizados para descubrir que e onde comían e bebían estes animais, cunha chave como indicador de tamaños / HENRY FRICKE

Os dinosaurios saurópodos, os vertebrados máis grandes que existiron na Terra, emprendían migracións estacionais en busca de auga e alimento, segundo unha análise comparativa de dentes fósiles deses animais e de mostras do solo. A investigación, por agora, redúcese a especies concretas (Camarasaurus) cuxos restos proceden de xacementos do oeste de Norteamérica, e os científicos necesitan máis datos antes de poder determinar se as migracións eran unha característica xeral destes saurópodos ou se era unha resposta a situacións concretas de escasez aguda de uga e alimentos en determinadas zonas.

É complicado averiguar se uns animais que viviron hai millóns de anos tiñan ou non costumes migratorias. Pero os científicos logran facer fronte a este tipo de retos con enfoques experimentais creativos. Investigadores da Universidade de Chicago analizaron a composición do esmalte dos dentes (32 fósiles) de Camarasaurus e mostras do solo remoto e compararon a proporción de isótopos estables, segundo explican na revista Nature. Os datos isotópicos supoñen un rexistro do que os animais comían e bebían, así como do territorio que ocupaban. Con este método os científicos logran identificar os desprazamentos dos dinosaurios pola súa contorna. A conclusión é que estes saurópodos desprazábanse ata 300 quilómetros dende terreos baixos cara aos terreos máis altos, e seguramente estas migraciones eran estacionais.

No Xurásico Superior, os Camarasaurus dos xacimentos de Norteamérica occidental estarían en zonas fluviais con clima seco estacional. Coas análises de isótopos de dentes e solo estes científicos afirman demostrar que ao menos certas poblacións daqueles animais emprendían migracións estacionais a distancias de varios centos de quilómetros dende os territorios baixos cara a maiores altitudes. Os patróns de desprazamento dos saurópodos, conclúen os investigadores, "axudarán a determinar o papel que xogarían estas migracións na ecoloxía e a evolución do xigantismo destes e outros dinosaurios similares".

FONTE: Xornal El Pais.

0 comentarios