Blogia
vgomez

COGOMELOS I : CANTHARELLUS

COGOMELOS I : CANTHARELLUS

O pasado venres, na saída da A21eG ao monte Aloia, un grupo de rapaces e rapazas estiveron buscando cogomelos. A especie maioritaria que atopamos foi o Cantharellus, concretamente os xéneros Cantharellus cibarius e Cantharellus tubaeformormis.

É unha especie fácil de distinguir e moi difícil de confundir con especies perigosas. O seu sombreiro é lixeiramente convexo e aplanado de novo e en forma de funil na madurez, con bordo irregular moi lobulado. Superficie lisa de tacto untuoso, con cor amarela ouro ou incluso alaranxada. Non ten verdadeiras láminas, son máis ben unha serie de pregues de aspecto veoso. Carne consistente, de cor branca amarelenta, cunha fragancia agradable, que nalgúns exemplares lembra aos albaricoques.

É un dos cogomelos comestibles máis apreciados e buscados.

Lembra sempre as normas: En caso de dúbida consultar cun experto. Nunca consumir sen estar seguro. Cortar, nunca arrancar. Cesta, non bolsas de plástico. Respecta o monte.

0 comentarios